Saltar ao contido

Tréveris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTréveris
Trier (de) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 49°48′N 6°36′L / 49.8, 6.6
EstadoAlemaña
Estado federadoRenania-Palatinado - Rheinland-Pfalz Editar o valor en Wikidata
Capital de
Eleitorado de Tréveris (pt) Traducir
Sarre (en) Traducir (1798–1815)
Trier (pt) Traducir (1815–1999)
Tréveris-Sarreburgo (pt) Traducir (1816–) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación112.737 (2023) Editar o valor en Wikidata (962,99 hab./km²)
Xeografía
Superficie117,07 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Mosela Editar o valor en Wikidata
Altitude141 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación16 a. C. Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoWolfram Leibe (pt) Traducir (2015–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal54290, 54292, 54293, 54294, 54295 e 54296 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico651 Editar o valor en Wikidata
Código NUTSDEB21 Editar o valor en Wikidata
Número de municipio alemán07211000 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webtrier.de Editar o valor en Wikidata
BNE: XX458053

Tréveris[1] (en alemán, Trier), é unha cidade de Renania-Palatinado, Alemaña, situada ás beiras do río Mosela, a apenas 15 km da fronteira con Luxemburgo.

Cidade natal de Karl Marx (5 de maio de 1818), cuxa residencia familiar é hoxe un museo, e Santo Ambrosio de Milán (340), Trier tamén está orgullosa da súa rica herdanza arquitectónica xa que é considerada a cidade máis antiga de Alemaña, e é con certeza a sede episcopal máis antiga de todo o territorio alemán. En 1986 foi declarada cidade patrimonio da humanidade pola UNESCO. Está localizada no estado da Renania-Palatinado.

En Galiza é coñecida por ser a cidade onde foi executado Prisciliano e polo chamado "Coloquio de Tréveris": "Tradición, actualidade e futuro do galego" que tivo lugar nesta cidade entre os días 13 e 15 de novembro de 1980 en que o galego (como lingua independente do portugués) se deu a coñecer na comunidade de lingüistas especializados en linguas romances. Este coloquio vai tendo novas edicións cada certo tempo entre a Universidade de Trier e a compostelá. Esta Universidade de Tréveris, foi fundada no 1483, pechada no 1796 e aberta de novo en 1970.

A cidade tamén está irmandada co concello da Pobra de Trives.

Segundo unha lenda foi Trebata (ou Trebeta), fillo de Ninus, rei dos asirios o fundador da cidade preto de 1300 anos antes da fundación de Roma pero segundo os datos máis recoñecidos desde o punto de vista historiográfico sería fundada no ano 16 ane por Augusto co nome de Augusta Treverorum.

Chegou a ser coñecida como a segunda Roma debido á súa importancia nas fins do Imperio Romano de Occidente. Proba disto é que foi nomeada no 275 capital dos Alemanni e de 293 até 395 residencia do emperador romano de occidente. Baixo o reino de Constantino I (306-324) a cidade foi ampliada e foron construídas a basílica de Constantino e as termas imperiais. A partir do 318 foi sede da Prefectura Gálica, un dos dous entes máis importantes do Imperio Romano de Occidente. No 407, como consecuencia das invasións da Galia por parte dos Suevos, Vándalos e Alanos a prefectura da Galia foi trasladada a Arles.

No ano 386 Prisciliano, o herexiarca galego, foi desterrado e xulgado en Tréveris, e mediante decreto do emperador Magno Clemente Máximo foi condenado a morte por bruxería e herexía e decapitado e guindado da Porta Nigra (segundo conta a tradición), xunto con catro dos seus discípulos. O primeiro axustizado por herexía do cristianismo.

Desde os séculos XII ou XIII até a Revolución Francesa, o arcebispo de Tréveris era un dos principais electores do Imperio Xermánico. Durante a Guerra dos Trinta Anos, Tréveris foi conquistada en dúas ocasións, polos españois no ano 1634 e polos franceses no ano 1645. Tropas francesas ocuparon a cidade tamén en 1674, 1688 e, máis prolongadamente, en 1794. No ano 1801 foi conquistada por Francia, converténdose en capital do departamento francés de Saarland . En 1814 foi apresada por Prusia.

Demografía

[editar | editar a fonte]

No século V tiña 70.000 habitantes, a cidade foi destruída por tribos xermánicas. Trier nunca recuperou a antiga importancia: No século XVII tiña apenas 3.600 habitantes, e cen anos despois tiña 4.000. Na actualidade ten 100.000 habitantes aproximadamente.

Cidade antiga de importantes monumentos romanos e medievais

[editar | editar a fonte]

Porta Nigra

[editar | editar a fonte]

O portal da cidade, bautizado por Porta Nigra na Idade Media por causa das pedras escurecidas co tempo, data do século III e desde ela foi guindado o cadáver de Prisciliano para fóra da cidade. É a estrutura de defensa máis antiga de Alemaña e aínda impresiona polo seu tamaño. Dous corredores levan a un patio interno, con dúas fileiras de galerías de defensa de grandes xanelas. Hai dúas torres no lateral do portón -unha de catro andares, a oeste, e outra sen terminar, con apenas tres andares, a leste. Toda a estrutura é feita de grandes bloques de pedra, sen argamasa.

No século XII, a construción foi transformada na Igrexa de San Simeón (dous andares), función que mantivo até o inicio do século XIX.

Hauptmarkt

[editar | editar a fonte]
Hauptmarkt, Tréveris.

A praza do mercado de Trier, do século X, é sen dúbida unha das máis interesantes da Alemaña. A Marktkreuz (cruz do mercado), da mesma época simboliza o dereito de ser sede de feiras conquistado pola cidade. Hoxe xa é unha copia do cruceiro orixinal asentado sobre unha columna romana de granito, con relevo de Año de Deus. No sueste da praza fica a Petrusbrunnen (fonte de San Pedro), de 1595, con esculturas de San Pedro e das Catro Virtudes.

No suroeste fica a Steipe erguida no século XV orixinalmente usada polos conselleiros da cidade como casa de hóspedes e sala de banquetes. Ao lado fica a Rotes Haus (casa vermella) en estilo barroco, feita en 1683. A Löwenapotheke, do século XIII, situada nunha construción do século XVII no sueste da praza, é a farmacia máis antiga da Alemaña.

Dom St. Peter

[editar | editar a fonte]

A actual catedral incorpora os restos dunha antiga igrexa do século IV. Trátase da máis antiga igrexa da Alemaña, erguida en diferentes etapas -no comezo do século XI, final do século XII, mediados do século XIII e século XIV. Ten a forma de basílica con nave tripla, dous coros, transepto e seis torres. Na parte interna hai pezas magníficas, como o túmulo do enviado papal Ivo (1144) e o altar da sepultura do arcebispo Richard von Greifenclau (1531)

Liebfraukirche

[editar | editar a fonte]

Contigua á catedral fica a Liebfraukirche (Igrexa da Nosa Señora), construída entre 1235 e 1260. Ao lado da Catedral de Magdeburg é un dos primeiros exemplos da arquitectura gótica alemá. A súa planta foi baseada na cruz grega, e a torre enriba da cúpula acentúa a intersección das naves. O portal oeste é ricamente decorado con ornamentos entallados e símbolos iconográficos. Na parte interna obsérvanse reliquias como os frescos do século XV pintados en doce columnas, que simbolizan os apóstolos. O local tamén abriga algúns túmulos importantes, como o dun nobre local Karl von Metternich (1636), que se encontra na parte nordeste da capela.

Aula Palatina

[editar | editar a fonte]

A Aula Palatina de 310, é unha construción de ladrillos con forma alongada e rectangular. Abrigaba o trono do emperador romano. Despois dos saqueos sufridos por tribos xermánicas, o edificio ficou case destruído. No século XII, a ábsida foi transformada en torre para acomodar o arcebispo. No século XVII, a Aula Palatina pasou a ser parte do recentemente construído pazo e a parede leste foi parcialmente demolida. Nos períodos napoleónico e prusiano, o local serviu de aloxamento militar. O rei Frederico Guillerme IV de Prusia ordenou a reconstrución da Aula Palatina que desde 1856 abriga a igrexa protestante de San Salvador. Erguida de novo após o bombardeo de 1944, o seu tamaño aínda parece extraordinario.

Kaiserthermen

[editar | editar a fonte]

Preto do Rheinisches Landes-Museum sitúanse as ruínas das terma imperiais. Construídas no inicio do século IV, durante o reinado de Constantino, elas eran o terceiro maior complexo de termas do mundo romano. As ruínas das paredes e fundacións aínda exhiben o deseño orixinal. As paredes do Caldarium (a sala con piscina de auga quente) son as máis preservadas. Despois vén o tepidarium, as termas mornas.

O espazoso frigidarium era usado para os baños fríos e a palaestra, unha área externa para os exercicios, tamén era ampla. Outra parte remanescente é o sistema de quecemento (hypocaustum), no cal o ar era aquecido por caldeiras e conducido por baixo do piso.

Amphiteather

[editar | editar a fonte]

Preto das termas imperiais fican as ruínas do anfiteatro romano do século I d.C., escenario de loitas de gladiadores e competicións de animais. Toda a estrutura, constituída dunha "arena" elíptica e unha arquibancada, era cercada por un cómaro alto, dividida en andares por arcadas. No século V, os habitantes de Trier usaban o anfiteatro como refuxio durante os frecuentes ataques das tribos xermánicas.

Cidades irmás

[editar | editar a fonte]
  1. Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). ISBN 9788482893600. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]