O último samurai
O último samurai | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Last Samurai |
Director | Edward Zwick |
Produtor | Edward Zwick Marshall Herskovitz Tatiana Le-bour Paula Wagner Scott Kroopf Tom Engelman |
Guión | John Logan Edward Zwick Marshall Herskovitz |
Intérpretes | Tom Cruise Ken Watanabe Shin Koyamada Billy Connolly Tony Goldwyn Timothy Spall Koyuki Masato Harada Togo Igawa William Atherton Seizo Fukumoto Scott Wilson Shun Sugata Hiroyuki Sanada |
Música | Hans Zimmer |
Fotografía | John Toll |
Montaxe | Victor Du Bois Steven Rosenblum |
Estudio | Radar Pictures Bedford Falls Company Cruise/Wagner |
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | 5 de decembro de 2003 30 de xaneiro de 2008 (TVG) |
Duración | 154 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama, Épico |
Orzamento | $140 000 000[1] |
Recadación | $456 758 981 |
Na rede | |
http://www.lastsamurai.com | |
|
O último samurai (en inglés: The Last Samurai) é un filme americano dirixido e co-producido por Edward Zwick, quen tamén co-escribiu o guión baseado na historia de John Logan. Está protagonizado por Tom Cruise (tamén é produtor) no papel do soldado americano Nathan Algren, cuxos conflitos persoais e emocionais o porán en contacto cos guerreiros samurai durante a Restauración Meiji do Xapón entre 1876 e 1877. Tamén interveñen no filme os actores Ken Watanabe, Shin Koyamada, Tony Goldwyn, Hiroyuki Sanada, Timothy Spall, e Billy Connolly. O argumento do filme está inspirado na Rebelión Satsuma de 1877 levada a cabo por Saigō Takamori, nas historias de Jules Brunet, un capitán da armada francesa que loitou a carón de Takeaki Enomoto na anterior Guerra Boshin e en Frederick Townsend Ward, un mercenario estadounidense que axudou a occidentalizar o exército chinés mediante a formación da Ever Victorious Army.
Estreouse en galego na TVG o 30 de xaneiro de 2008.[2]
Sinopse
[editar | editar a fonte]1870. O capitán Nathan Algren é un home sen obxectivos. As batallas que librou noutro tempo parecen agora distantes e inútiles. Arriscou a súa vida na Guerra Civil Estadounidense e nas campañas contra os indios, pero, dende entón, o mundo cambiou radicalmente: o pragmatismo substituíu o valor, o interese persoal ocupou o lugar do sacrificio, e o honor é unha palabra doutro tempo. Nun país afastado, outro soldado ve como o seu modo de vida está a piques de desintegrarse. É Katsumoto, o último líder dunha antiga caste de guerreiros, os venerados samurais, que adicaron as súas vidas a servir ó emperador e ó seu país.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Tom Cruise como o capitán Nathan Algren, un soldado americano veterano da Guerra Civil Estadounidense e das Guerras Indias.
- Ken Watanabe como o líder samurai Moritsugu Katsumoto
- Shin Koyamada como Nobutada, o fillo de Katsumoto que é o señor da pequena vila onde os samurai están acampados e onde teñen retido a Algren. Katsumoto, o líder samurai, encoméndalle a Nobutada ensinarlle a Algren a cultura e a lingua xaponesa. El é asasinado durante o rescate de Katsumoto.
- Tony Goldwyn como Tenente Coronel Bagley, Capt. Oficial ó mando de Algren no rexemento do 7th Cavalry.
- Masato Harada como Omura, un empresario e político proreformista que rexeita a antiga orde samurai e o shogun.
- Nakamura Shichinosuke II como Emperador Meiji.
- Hiroyuki Sanada como Ujio, un dos máis adicados, leais e feros samurai de Katsumoto. El ensina a Algren a arte samurai da loita con catana.
- Timothy Spall como Simon Graham, o tradutor entre o Capitán Algren e os seus soldados xaponeses.
- Seizo Fukumoto como Samurai silencioso, un home vello asignado para seguir a Algren (quen máis tarde ao alcumaría samurai "Bob").
- Koyuki como Taka, irmá de Katsumoto e esposa do samurai Hirotaro, ó cal matou Nathan.
- Billy Connolly como Sarxento Zebulon Gant, un ex-soldado leal a Algren
- Shun Sugata como Nakao, un alto samurai coñecedor do jujutsu e a naginata, que toma parte no rescate de Katsumoto.
- Satoshi Nikaido como o N.C.O., un dos primeiros soldados adestrados por Algren.
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2003: 4 nomeamentos ó Oscar, incluíndo mellor actor secundario, vestiario, son.
- 2003: 3 nomeamentos ó Globo de Ouro: Mellor actor secundario, actor de drama, bso.
- 2003: National Board of Review: Mellor director (Edward Zwick).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BoxOfficeMojo.com
- ↑ "O último samurai na TVG". Diario Siglo XXI. 29 de xaneiro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2013. Consultado o 7 de marzo de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Web Oficial (en inglés)
- Filmes de 2003
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes en lingua xaponesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Edward Zwick
- Filmes con banda sonora de Hans Zimmer
- Filmes producidos por Tom Cruise
- Filmes de Warner Bros.
- Filmes de Cruise/Wagner Productions
- Filmes rodados en Nova Zelandia
- Filmes ambientados no Xapón
- Filmes ambientados en 1877
- Filmes de samurais
- Filmes de 2003 con versión en galego