Saltar ao contido

Sceilg Mhichíl

(Redirección desde «Skellig Michael»)
Modelo:Xeografía físicaSceilg Mhichíl
(ga) Sceilig Mhichíl Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
EpónimoArcanxo Miguel e pena Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas Skellig Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaIllas Skellig Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCondado de Kerry, Irlanda Editar o valor en Wikidata
Mapa
 51°46′16″N 10°32′26″O / 51.771111111111, -10.540555555556
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude218 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións0,422 (ancho) × 0,842 (lonxitude) km
Superficie0,219 km² Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → Europa-América do Norte
Data1996 (20ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (iii) e (iv) Editar o valor en Wikidata
Identificador757
Monumento nacional de Irlanda
Identificador61

Sceilg Mhichíl, tamén coñecida como Skellig Michael en inglés, é unha illa rochosa despoboada que se atopa a 11,6 km ao oeste da península de Iveragh, no condado irlandés de Kerry[1]. É a meirande das dúas illas Na Scealaga (a outra é Sceilg Beag). Sceilg Mhichíl significa "Rocha de (San) Miguel" en lingua irlandesa. O seu punto máis alto atópase a 218 msnm e ten unha superficie de 22 ha[2]. Arredor do século VII estabeleceuse un mosteiro cristián na illa e permaneceu ocupado até finais do século XII cando foi abandonado. Os restos do mosteiro así como a illa foron declarados Patrimonio da Humanidade en 1996 pola UNESCO.

Patrimonio da Humanidade

[editar | editar a fonte]

En 1996, o complexo monástico da illa foi incluído na listaxe de Patrimonio da Humanidade pola UNESCO baseándose en criterios culturais:

...o sitio posúe un valor universal por tratarse dun excepcional, e en moitos aspectos único, exemplo dun asentamento relixioso temperá deliberadamente situado sobre unha rocha piramidal no océano, preservado grazas á súa salientábel contorna natural. Ilustra, como en ningures, os extermos dun monasticismo cristián moi característico do norte de África, Oriente Próximo e Europa.
UNESCO

Xunto coa súa irmá máis nova, Sceilg Beag, Sceilg Mhichíl é unha importante reserva natural. As dúas illas acollen importantes colonias de aves mariñas como mascatos, fulmarus, garruchos, araos romeiros, araos dos cons e araos papagaios. O paíño europeo e a pardela furabuchos tamén aniñan en gran número.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. whc.unesco.org (ed.). "Sceilg Mhichíl". Consultado o 12 de marzo de 2016. 
  2. Edward Bourke, Alan R. Hayden, Ann Lynch (2011). Department of Arts, Heritage and the Gaeltacht, ed. Skellig Michael, Co. Kerry: The Monastery and South Peak - Archaeological stratigraphic report: excavations 1986–2010 (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de outubro de 2014. Consultado o 12 de marzo de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]