Sinopia (cor)
Sinopia | |
---|---|
Coordenadas de cor | |
Triplete hexadecimal |
|
sRGBB (r, g, b) | (203, 65, 11) |
CMYKH (c, m, y, k) | (0, 68, 95, 20) |
Orixe | Sen fonte |
B: Normalized to [0–255] (byte) H: Normalized to [0–100] (hundred) |
A sinopia é unha palabra que se refire, por unha banda, á denominación dun pigmento natural a partir dunhas terras amarronadas ou vermellas da rexión de Sinope, en Asia Menor[1], actual Turquía. Por outra, é a unha técnica empregada na pintura en fresco a partir do uso dese pigmento.
Consiste na realización dun bosquexo, do deseño a crear, sobre as masas do muro xa preparado para o que se empregan unhas terras vermellas. Unha vez concluído, o deseño vaise cubrindo, gradualmente, cunha derradeira capa de xeso
A sinopia tivo un uso abondoso até os primeiros anos do século XVI, cando foi progresivamente substituído polo grafito (que consistía en marcas obtidas pola presión sobre o deseño preparatorio) e polo bosquexo (debuxos realizados sobre cartolina que, de seguido, eran perforados nas beiras e sobre os que botaba po de carbón, de xeito que as liñas quedaban punteadas na parede).
Miguelanxo e Rafael utilizaron en varias preparacións estas terras de cor vermella nas súas obras coa técnica do fresco.[2]
Coordenadas aproximadas da cor
[editar | editar a fonte]Triplete hexadecimal | #CB410B |
RGB (r, g, b) | (203, 65, 11) |
CMYK (c, m, y, k) | (0, 68, 95, 20) |
HSV (h, s, v) | ( 12, 241, 203) |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sinopia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Arrigoni, Fabrizio F.V. (2011). Sinopie architettura ex artramentis. Lindlar Die Neue Sachlichkeit, ISBN 978-3942139-07-6 (Alemán/Italiano); ISBN 978-3-942139-08-3 (Italiano/Inglés).
- Cennini, Cennino (2015). Broecke, Lara, ed. Il libro dell'arte. Londres: Archetype. ISBN 978-1-909-49228-8.
- Fleming, John; Honour, Hugh (2004). Historia mundial del arte. Madrid: Akal. ISBN 84-460-2092-0.
- Thompson, Daniel V. (1956). The Materials and Techniques of Medieval Painting. Nova York: Dover Publications. ISBN 0-486-20327-1.
- Weyer, Angela; Roig Picazo, Pilar; Pop, Daniel; Cassar, JoAnn; Özköse, Aysun; Vallet, Jean-Marc; Srša, Ivan. EwaGlos. European Illustrated Glossary Of Conservation Terms For Wall Paintings And Architectural Surfaces 17. Hornemann Institute. ISBN 978-3-7319-0260-7.