Saba
- Este artigo trata sobre un lugar, para a peza de roupa véxase Saba (téxtil).
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Reino dos Países Baixos | ||||
País | Países Baixos | ||||
Exclave de | Países Baixos | ||||
Capital | The Bottom | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.035 (2023) (156,54 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua neerlandesa lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 13 km² | ||||
Punto máis alto | Mount Scenery (pt) (870 m) | ||||
Creación | 10 de outubro de 2010 | ||||
Organización política | |||||
Órgano lexislativo | Island Council of Saba (en) , | ||||
Moeda | dólar estadounidense | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .bg (pt) | ||||
Prefixo telefónico | +5994 | ||||
ISO 3166-2 | NL-BQ2 e BQ-SA | ||||
Páxina web | sabagov.com | ||||
Saba é unha pequena illa (13 km²) que constitúe un municipio especial dos Países Baixos, localizada na latitude 63°13' oeste e lonxitude 17°38' norte, a uns 250 km. ao sueste de Porto Rico. A capital rexional é The Bottom.
Este territorio forma parte dos países e territorios de ultramar da Unión Europea.
Historia
[editar | editar a fonte]Dise que Cristovo Colón avistou Saba o 11 - 13 de novembro de 1493, pero non desembarcou nela. Saba foi inicialmente colonizada polos neerlandeses en 1640. Durante os séculos XVII e XVIII as principais industrias foron o azucre e o ron, e máis tarde a pesca. En 1818, Países Baixos tomaron posesión de Saba.
As ruínas do primeiro asentamento, fundado en 1640, poden atoparse en Spring Bay. De interese en The Bottom son os 800 chanzos labrados en pedra que conducen a Ladder Bay. Todo o que entraba á illa subíase por eles ata fins do século XX.
O 5 de novembro de 2004 celebrouse nun referendo na illa no que o 86,05% do electorado votou por terminar o status actual de Saba dentro das Antillas Neerlandesas, polo que que tras negociar co goberno neerlandés o 12 de outubro de 2006 chegou a un acordo que disolveu as Antillas Neerlandesas e converteu a Saba en municipalidade especial ou illa do Reino dos Países Baixos. Aínda que estaba prevista a separación para o 15 de decembro de 2008, esta pospuxose ata o 10 de outubro de 2010.[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]A maior parte da súa superficie de Saba constitúea o volcán inactivo Mount Scenery (888 m), punto máis alto do reino dos Países Baixos. A illa ten 1,300 habitantes. As súas principais poboacións son The Bottom, Windwardside, Hell's Gate e Saint Johns.
Economía
[editar | editar a fonte]Os famosos encaixes de Saba (Saba lace), chamados tamén "encaixe español", foron importantes produtos de exportación. Na década de 1870, a moza Mary Gertrude Hassell Johnson foi enviada a estudar a un convento en Caracas, onde aprendeu esta artesanía. A técnica fíxose popular na illa, e as damas copiaban as direccións de empresas estadounidenses dos colectores de mercancías provenientes dese país, e escribían aos empregados. A miúdo recibían de volta pedidos do encaixe, e isto iniciou unha industria caseira digna de consideración.
O camiño principal, chamado simplemente "O Camiño" (The Road) é a única vía de comunicación terrestre na illa. A súa construción foi dirixida por Lambert Hassell, quen estudou construción de camiños a través dun curso por correspondencia. O Camiño construír enteiramente a man, e foi terminado en 1958. É un curso intimidante, e as curvas en Hell's Gate e as que descenden desde The Bottom a Fort Bay son difíciles en extremo.
A illa de Saba é recoñecida hoxe como destino turístico, e como un sitio formidable para o mergullo. Existe un porto, recentemente ampliado (2006), e un diminuto aeroporto con servizo desde a illa de San Martiño. Hai tamén un transbordador que parte de San Martiño.
A Saba coñéceselle como a "raíña inmaculada". A illa consérvase absolutamente limpa, grazas a unha cuadrilla de traballadores que diariamente realizan a colecta de desperdicios nas cidades principais e ao longo do Camiño.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ""Las Antillas neerlandesas dejan de existir como país".". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2010. Consultado o 12 de setembro de 2019.