S-adenosil metionina
S-adenosil metionina | |
---|---|
(2S)-2-Amino-4-[[(2S,3S,4R,5R)-5-(6-aminopurin-9-il)-3,4-dihidroxioxolan-2-il]metil-metilsulfonio]butanoato | |
Outros nomes S-Adenosil-L-metionine; SAM-e; SAMe, AdoMet, ademetionina | |
Identificadores | |
Número CAS | 29908-03-0 |
PubChem | 9865604 |
ChemSpider | 8041295 |
MeSH | S-Adenosylmethionine |
ChEMBL | CHEMBL24991 |
Código ATC | A16 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C15H22N6O5S |
Masa molecular | 398,44 g/mol |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A S-adenosil metionina [1][2], abreviada como SAM, SAMe ou SAM-e, que tamén pode aparecer escrita na literatura como S-adenosilmetionina, S-adenosil-L-metionina ou S-adenosil-metionina, é un co-substrato ou coencima común que intervén na transferencia de grupos metilo. A SAM foi descuberta en Italia por G. L. Cantoni en 1952.[3] Orixínase a partir de adenosina trifosfato (ATP) e metionina, que se unen pola acción do encima metionina adenosiltransferase (EC 2.5.1.6), de modo que se perden os fosfatos e a adenosina queda unida á metionina. As rutas metabólicas que utilizan a SAM son as que requiren transmetilación, trans-sulfuración ou aminopropilación. Aínda que estas reaccións anabólicas ocorran en todo o corpo, a maioría da SAM é producida e consumida no fígado.[3]
O grupo metilo (CH3) unido ao átomo de xofre da metionina na SAM é quimicamente reactivo. Isto permite a doazón deste grupo a un aceptor de substrato nas reaccións de transmetilación. Máis de 40 reaccións metabólicas implican a transferencia dun grupo metilo desde a SAM a varios substratos tales como ácidos nucleicos, proteínas e lípidos.
Nas bacterias, a SAM lígase ao riboswitch SAM (un ribointerruptor), que regula os xenes involucrados na biosíntese de metionina ou cisteína.
Bioquímica da S-adenosil metionina
[editar | editar a fonte]Síntese e funcionamento
[editar | editar a fonte]A S-adenosil metionina sintetízase cando a metionina reacciona co ATP na seguinte reacción catalizada pola metionina adenosil transferase:
Deste modo a adenosina queda unida á metionina polo seu átomo de xofre, e o grupo metilo final da metionina queda colgando do xofre. Nesta forma dito grupo metilo é moi reactivo e pode cederse facilmente a outras moléculas nas reaccións encimáticas, segundo reaccións como esta:
Ao perder o seu grupo metilo, a S-adenosil metionina convértese en S-adenosil homocisteína.[4]
O ciclo da SAM
[editar | editar a fonte]As reaccións que producen, consomen e rexeneran SAM denomínanse ciclo da SAM. Na primeira parte deste ciclo, as metilases dependentes de SAM (EC 2.1.1), utilizan a SAM como substrato e producen S-adenosil homocisteína como produto.[5] O produto desta reacción é hidrolizado a homocisteína e adenosina por medio da S-adenosilhomocisteína hidrolase EC 3.3.1.1 Arquivado 22 de xuño de 2011 en Wayback Machine., e a homocisteína é reciclada de novo a metionina pola transferencia dun grupo metilo desde o 5-metiltetrahidrofolato, por unha das dúas clases de metionina sintases (EC 2.1.1.13 Arquivado 22 de xuño de 2011 en Wayback Machine. o EC 2.1.1.14 Arquivado 22 de xuño de 2011 en Wayback Machine.). Esta metionina pode entón ser convertida de novo a SAM, pechándose así o ciclo.[6]
Biosíntese de poliaminas e outros compostos
[editar | editar a fonte]Outra importante función da SAM é a biosíntese de poliaminas. Nesta ruta descarboxílase pola acción da adenosilmetionina descarboxilase (EC 4.1.1.50 Arquivado 22 de xuño de 2011 en Wayback Machine.) para formar S-adenosil-5'-3-metilpropilamina. Este composto doa o seu grupo n-propilamina na biosíntese de poliaminas como a espermidina e a espermina a partir da putrescina.[7]
A SAM é necesaria para o crecemento e reparación das células. Tamén colabora na biosíntese de diversas hormonas e neurotransmisores que afectan ao estado de ánimo, como a dopamina e a serotonina. As metiltransferases son tamén responsables da adición de grupos metilo aos hidroxilos 2' do primeiro e segundo nucleótidos próximos ao extremo 5' do ARN mensaxeiro.[8][9]
A SAM intervén na síntese do aminoácido cisteína e na conversión da fosfatidiletanolamina en fosfatidilcolina.[4]
Aplicacións terapéuticas
[editar | editar a fonte]Nalgúns países, como EEUU a SAM véndese como suplemento nutricional que ten o nome comercial de SAM-e. A SAM tamén se comercializa como fármaco de prescrición médica aprobado en Rusia, Italia e Alemaña cos nomes de Gumbaral, Samyr, Adomet, Heptral e Admethionine. Diversas investigacións e estudos clínicos indican que a inxesta de SAM de forma regular pode axudar a combater a depresión,[10][11][12] as enfermidades do fígado e a dor da artrose.[13] Todas as demais indicacións aínda non están demostradas.
Aínda que algunhas evidencias iniciais indicaban que os niveis anormalmente baixos de SAM endóxena podían desempeñar un papel importante no desenvolvemento da enfermidade de Alzheimer, investigacións posteriores indicaron indican que os efectos observados se debían probablemente ás deficiencias de vitamina B12. Nos pacientes de Alzheimer encóntranse niveis moi baixos de SAM no líquido cefalorraquídeo [14] e en todas as rexións do cerebro.[15] As investigacións preliminares suxiren que a SAM pode ter un potencial terapéutico no tratamento con pacientes de [16] Alzheimer, e un estudo recente con ratos con Alzheimer mostra que os suplementos de SAM impiden o dano oxidativo e a deterioración cognitiva.[17]
Formas orais, uso e efectos adversos
[editar | editar a fonte]Forma oral
[editar | editar a fonte]A forma oral de SAM-e atingue concentracións plasmáticas máximas entre 3 e 5 horas despois da inxestión dunha tableta con cuberta entérica (400–1000 mg). A vida media é duns 100 minutos.[18] Pode tardar ata un mes en acadar o efecto máximo no tratamento da artrose.[18] Debido á súa inestabilidade estrutural, a SAM utilízase en forma de sales estables para o uso como medicamento oral. Os sales máis usados son: tosilato, butanodisulfonato, disulfato tosilato, disulfato ditosilato e disulfato monotosilato.[19]
Uso
[editar | editar a fonte]A SAM-e absórbese mellor co estómago baleiro.[20] Os comprimidos con cuberta entérica aumentan a estabilidade e melloran a absorción. Debe almacenarse nun lugar fresco e seco.[19]
Efectos adversos
[editar | editar a fonte]O consumo de SAM pode orixinar enfermidades gástricas, diarrea, dispepsia, ansiedade, dor de cabeza, trastornos psíquicos, insomnio, alerxias[18] e erupcións cutáneas. Os efectos a longo prazo son descoñecidos. O SAM-e é un axente de alquilación do ADN feble que pode actuar como un carcinóxeno feble.[21]
Posibles efectos secundarios
[editar | editar a fonte]Unha vez que a SAM-e cede o seu grupo metilo á colina, na formación de creatina, carnitina, ADN, ARNt, noradrenalina, e outros compostos, transfórmase en S-adenosil homocisteína. En circunstancias normais, a homocisteína, en presenza de vitamina B6, vitamina B12 e ácido fólico (os principais cofactores da SAM-e), ao final convértese de novo en metionina, SAM-e, ou cisteína, glutatión e outras substancias útiles. Porén, se non hai unha cantidade suficiente destas vitaminas, a SAM-e non se metaboliza de xeito correcto. Como consecuencia, non se obteñen todos os beneficios da SAM-e, e a homocisteína pode aumentar a niveis inseguros.[22][23]
Os niveis elevados de homocisteína asociáronse con arteriosclerose (endurecemento e estreitamento das arterias), e un maior risco de ataques cardíacos, accidentes cerebrovasculares, danos no fígado, e posiblemente enfermidade de Alzheimer. Debido a isto, adoitan tomarse xunto coa SAM-e suplementos de vitamina B. Estas vitaminas axudan a metabolizar a homocisteína.[24]
Outro efecto secundario da SAM-e é o insomnio, polo que o suplemento adoita tomarse pola mañá.[20] Outros informes de efectos secundarios inclúen a falta de apetito, estrinximento, náusea, sequidade de boca, suoración, e ansiedade/nerviosismo, pero en estudos controlados por placebo, estes efectos secundarios ocorren aproximadamente coa mesma incidencia que nos grupos placebo. Algúns usuarios informaron un aumento de ansiedade con só 50 mg/día.[25]
O rango das doses terapéuticas xeralmente utilizadas sitúase desde 400mg/día ata 1600 mg/día, aínda que poden usarse doses máis altas nalgúns casos.[18][26] Algúns médicos recomendan doses aínda máis baixas situadas no rango de 50 a 200 mg/día para tratar depresións pouco graves sen desencadear efectos secundarios negativos.[25]
Síndrome serotoninérxico
[editar | editar a fonte]Existe unha preocupación sobre a síndrome serotoninérxica asociada ao SAMe en combinación con outros medicamentos.[27]
Indución de manía
[editar | editar a fonte]Hai algúns informes sobre unha posible indución de manía asociada co SAM.[28][29][30]
Interaccións e contraindicacións
[editar | editar a fonte]A SAM reduce a resistencia á insulina.[31] Isto pode orixinar hipoglicemia cando se usa con fármacos antidiabéticos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ PubChem compound
- ↑ ChemSpider
- ↑ 3,0 3,1 Cantoni, GL (1952). "The Nature of the Active Methyl Donor Formed Enzymatically from L-Methionine and Adenosinetriphosphate". J Am Chem Soc 74 (11): 2942–3. doi:10.1021/ja01131a519.
- ↑ 4,0 4,1 A. Lehninger. Principios de Bioquímica. Omega. (1988). Páxinas 602, 618-619. ISBN 84-282-0738-0
- ↑ Finkelstein J, Martin J (2000). "Homocysteine". Int J Biochem Cell Biol 32 (4): 385–9. PMID 10762063. doi:10.1016/S1357-2725(99)00138-7. PMID 10762063
- ↑ Födinger M, Hörl W, Sunder-Plassmann G (Jan-February 2000). "Molecular biology of 5,10-methylenetetrahydrofolate reductase". J Nephrol 13 (1): 20–33. PMID 10720211. PMID 10720211
- ↑ Roje S (2006). "S-Adenosyl-L-methionine: beyond the universal methyl group donor". Phytochemistry 67 (15): 1686–98. PMID 16766004. doi:10.1016/j.phytochem.2006.04.019. pmid 16766004
- ↑ Loenen W (2006). "S-adenosylmethionine: jack of all trades and master of everything?". Biochem Soc Trans 34 (Pt 2): 330–3. PMID 16545107. doi:10.1042/BST20060330. PMID 16545107
- ↑ Chiang P, Gordon R, Tal J, Zeng G, Doctor B, Pardhasaradhi K, McCann P (1996). "S-Adenosylmethionine and methylation". FASEB J 10 (4): 471–80. PMID 8647346. PMID 8647346
- ↑ "Investigating SAM-e". Geriatric Times. 2001. Arquivado dende o orixinal o 25-03-2012. Consultado o 08-12-2006.
- ↑ Kagan, BL; Sultzer, DL; Rosenlicht, N; Gerner, RH (1 de mayo de 1990). "Oral S-adenosylmethionine in depression: a randomized, double-blind, placebo-controlled trial". Am J Psychiatry 147 (5): 591–5. PMID 2183633. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2013. Consultado o 2007-02-16. PMID 2183633
- ↑ Rosenbaum, JF; Fava, M; Falk, WE; Pollack, MH; Cohen, LS; Cohen, BM; Zubenko, GS (1990). "The antidepressant potential of oral S-adenosyl-l-methionine". Acta Psychiatrica Scandinavica 81 (5): 432–6. PMID 2113347. doi:10.1111/j.1600-0447.1990.tb05476.x. PMID 2113347
- ↑ S-Adenosyl-L-Methionine for Treatment of Depression, Osteoarthritis, and Liver Disease, Agency for Healthcare Research and Quality (Dept Health and Human Services)
- ↑ Bottiglieri T, Godfrey P, Flynn T, Carney MW, Toone BK, Reynolds EH. (1990). "Cerebrospinal fluid S-adenosylmethionine in depression and dementia: effects of treatment with parenteral and oral S-adenosylmethionine". J Neurol Neurosurg Psychiatry 53 (12): 1096–8. PMID 2292704. doi:10.1136/jnnp.53.12.1096. PMID 2292704
- ↑ Morrison LD, Smith DD, Kish SJ. (1996). "Brain S-adenosylmethionine levels are severely decreased in Alzheimer's disease". J Neurochem. 67 (3): 1328–31. PMID 8752143.
- ↑ Bottiglieri T. (1997). "Ademetionine (S-adenosylmethionine) neuropharmacology: implications for drug therapies in psychiatric and neurological disorders". Expert Opin Investig Drugs. 6 (4): 417–26. PMID 15989609. doi:10.1517/13543784.6.4.417. PMID 15989609
- ↑ Tchantchou F, Graves M, Ortiz D, Chan A, Rogers E, Shea TB. (2006). "S-adenosyl methionine: A connection between nutritional and genetic risk factors for neurodegeneration in Alzheimer's disease" (PDF). J Nutr Health Aging. 10 (6): 541–4. PMID 17183426.
- ↑ 18,0 18,1 18,2 18,3 Najm WI, Reinsch S, Hoehler F, Tobis JS, Harvey PW (2004). "S-adenosyl methionine (SAMe) versus celecoxib for the treatment of osteoarthritis symptoms: a double-blind cross-over trial. [ISRCTN36233495]". BMC Musculoskelet Disord 5: 6. PMC 387830. PMID 15102339. doi:10.1186/1471-2474-5-6.PMID 15102339
- ↑ 19,0 19,1 University of Maryland Medical Center, ed. (2004). "S-Adenosylmethionine (SAMe)". Consultado o 09-11-2009.
- ↑ 20,0 20,1 "SAMe (S-adenosylmethionine)". About.com. Arquivado dende o orixinal o 28-09-2007. Consultado o 07-12-2006.
- ↑ Rydberg B, Lindahl T (1982). "Nonenzymatic methylation of DNA by the intracellular methyl group donor S-adenosyl-L-methionine is a potentially mutagenic reaction". EMBO J. 1 (2): 211–6. PMC 553022. PMID 7188181. PMID 7188181
- ↑ drweil.com. "Dr. Weil: Can SAM-e hurt my heart?". Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2012. Consultado o 04 de abril de 2012.
- ↑ PMID 19422296
- ↑ "SAM-e & homocysteine". www.nutraseal.com. Arquivado dende o orixinal o 28-09-2007. Consultado o 04-06-2007.
- ↑ 25,0 25,1 Ray Sahelian, M.D. (05-05-2009). ""SAM-e supplement benefits for depression and side effects by Ray Sahelian, M.D., mood, liver, and arthritis, dosage 100mg, 200mg"". Arquivado dende o orixinal o 15-04-2009. Consultado o 05-05-2009.
- ↑ Mischoulon, D; Fava, M (2002). "Role of S-adenosyl-L-methionine in the treatment of depression: a review of the evidence" (PDF). Am J Clin Nutr 76 (5): 1158S–61S. PMID 12420702. Consultado o 2006-12-07. PMID 12420702
- ↑ "Drug Interactions: SSRIs". iHerb.Com. Arquivado dende o orixinal o 19-05-2007. Consultado o 11-04-2007.
- ↑ Janicak PG, Lipinski J, Davis JM, Altman E, Sharma RP (1989). "Parenteral S-adenosyl-methionine (SAMe) in depression: literature review and preliminary data". Psychopharmacology bulletin 25 (2): 238–42. PMID 2690166. PMID 2690166
- ↑ Jamison, Kay (Updated January 21, 2004). "Brain Damage in Depression and Bipolar Disorder - McMan's Depression and Bipolar Web". Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2006. Consultado o 04 de abril de 2012.
- ↑ "Antidepressants in Bipolar Disorder: The Controversies". PsychEducation.org. 2006. Arquivado dende o orixinal o 25-03-2012. Consultado o 10-04-2007.
- ↑ "S-Adenosyl-L-Methionine Increases Skeletal Muscle Mitochondrial DNA Density and Whole Body Insulin Sensitivity in OLETF Rats1".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Shippy RA, Mendez D, Jones K, Cergnul I, Karpiak SE (2004). "S-adenosylmethionine (SAM-e) for the treatment of depression in people living with HIV/AIDS". BMC Psychiatry 4. PMC 535560. PMID 15538952. doi:10.1186/1471-244X-4-38.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- About.com SAM-e Resource Index Arquivado 15 de decembro de 2005 en Wayback Machine. at About.com
- list of known SAM-e drug interactions and precautions in use at University of Maryland Medical Centers