Aeroporto de São Paulo-Congonhas
Aeroporto de São Paulo-Congonhas
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario/Operador | Cidade de São Paulo | ||
Cidade/Illa | São Paulo | ||
Elevación (msnm) | 802 metros / 2 631 pés | ||
Coordenadas | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
17R/35L | 1 940 | 6 365 | asfalto |
17L/35R | 1 435 | 4 708 | asfalto |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 20 816 957 |
O aeroporto de São Paulo-Congonhas (IATA: CGH, OACI: SBSP) é un dos catro aeroportos comerciais que serven a São Paulo, no Brasil; os outros tres son o aeroporto Campo de Marte, o aeroporto de Viracopos e São Paulo-Guarulhos. É propiedade da cidade de São Paulo pero está operado por Infraero.[1] Congonhas ten restricións nas súas operacións e só pode realizar 30 por hora, sendo un dos cinco aeroportos con limitacións no país.[2]
Recibe o seu nome pola veciñanza onde se atopa, que anteriormente se chamaba Vila Congonhas, propiedade dos descendentes de Lucas Antônio Monteiro de Barros (1767-1851), vizconde de Congonhas do Campo e primeiro presidente da provincia de São Paulo despois da independencia do Brasil en 1822. Os dominios do vizconde foron chamados así por un arbusto coñecido no Brasil co nome de "congonha do campo" (Luxemburgia polyandra, da familia Ochnaceae).
O vestíbulo central da súa terminal de pasaxeiros é considerado un dos exemplos máis excepcionais da arquitectura moderna en São Paulo. Porén, dende o ano 2003 realizáronse traballos de modernización e ampliación no edificio mentres se intentou preservar a aparencia da vella sección.
Aerolíneas e destinos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Infraero (ed.). "Aeroportos". Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2018. Consultado o 30 de xaneiro de 2018.
- ↑ ANAC (ed.). "2º Procedimento Administrativo de Alocação de Slots Disponíveis no Aeroporto de Congonhas (SP)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de maio de 2020. Consultado o 30 de xaneiro de 2018.