Romeo + Juliet
Romeo + Juliet | |
---|---|
Logo do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Romeo + Juliet |
Director | Baz Luhrmann |
Produtor | Baz Luhrmann Gabriella Martinelli |
Guión | Craig Pearce Baz Luhrmann |
Intérpretes | Leonardo DiCaprio Claire Danes John Leguizamo Harold Perrineau Pete Postlethwaite Brian Dennehy Christina Pickles Paul Sorvino Diane Venora Paul Rudd Vondie Curtis-Hall Miriam Margolyes |
Música | Nellee Hooper Marius de Vries Craig Armstrong |
Fotografía | Donald McAlpine |
Montaxe | Jill Bilcock |
Estudio | Bazmark Productions |
Distribuidora | 20th Century Fox |
Estrea | 1996 |
Duración | 120 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Traxedia |
Orzamento | 14 500 000 dólares |
Recadación | 151,8 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
http://www.romeoandjuliet.com | |
William Shakespeare's Romeo and Juliet (a miúdo acurtado como Romeo + Juliet) é un filme estadounidense de 1996 dirixido por Baz Luhrmann. Baséase na obra Romeo e Xulieta de William Shakespeare. O filme conta a historia dos mozos namorados en Verona Beach, nun marco modernizado do clásico, xa que este sitúase na nosa época. As espadas substitúense por pistolas, e os homes das familias enfrontadas, os Capuleto e os Montesco son importantes homes de negocios.
Sinopse
[editar | editar a fonte]En Verona sucédense os enfrontamentos entre as dúas familias máis poderosas -os Montesco e os Capuleto-, debido a antigas diferenzas e xenreiras. Dentro dun contexto urbano que non descarta a violencia, Fulgencio Capuleto organiza unha festa á que vai -grazas á mediación do seu amigo Mercutio-, Romeo Montesco. Os Capuleto tentan que a súa xove filla -Xulieta- se comprometa co arrogante Dave Paris -o fillo do gobernador-. Pero cando Romeo e Xulieta se ollan un ó outro de xeito casual, xurdirá dende o primeiro momento o seu mítico amor.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Leonardo DiCaprio como Romeo Montesco.
- Claire Danes como Xulieta Capuleto.
- John Leguizamo como Teobaldo Capuleto.
- Harold Perrineau como Mercutio.
- Pete Postlethwaite como Frai Lorenzo.
- Brian Dennehy como Ted Montesco.
- Christina Pickles como Caroline Montesco.
- Paul Sorvino como Fulgencio Capuleto.
- Diane Venora como Gloria Capuleto.
- Paul Rudd como Dave Paris.
- Vondie Curtis-Hall como o capitán Príncipe.
- Miriam Margolyes como a ama.
- Jesse Bradford como Baltasar.
- Dash Mihok como Benvolio.
- Zak Orth como Gregory.
- Jamie Kennedy como Sampson.
- M. Emmet Walsh como Apothecary.
- Vincent Laresca como Abram.
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 1996: Nomeada ó Oscar: Mellor dirección artística.
- 1996: 4 premios BAFTA, incluíndo montaxe, guión adaptado. 7 nomeamentos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 20th Century Fox, ed. (2 de decembro de 1996). "WILLIAM SHAKESPEARE'S ROMEO + JULIET (12)". British Board of Film Classification. Consultado o 10 de outubro de 2013.
- ↑ "Romeo + Juliet (1996)". Box Office Mojo. Consultado o 22 de setembro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lehmann, Courtney. "Strictly Shakespeare? Dead Letters, Ghostly Fathers, and the Cultural Pathology of Authorship in Baz Luhrmann's 'William Shakespeare's Romeo + Juliet'." Shakespeare Quarterly. 52.2 (Summer 2001) pp. 189–221.
- Malone, Toby. Behind the Red Curtain of Verona Beach: Baz Luhrmann's 'William Shakespeare's Romeo + Juliet' Shakespeare Survey. 65 (1), 2012. pp 398–412.