Real Murcia Club de Fútbol
Real Murcia | |||
---|---|---|---|
Nome | Real Murcia Club de Fútbol, S.A.D. | ||
Alcume(s) | Pimentoneros; Granas | ||
Fundación | 1908 | ||
Estadio | Nueva Condomina Murcia, España | ||
Inauguración | 2006 | ||
Capacidade | 31.179 espectadores | ||
Presidente | Maria del Mar Carrillo | ||
Adestrador | Pablo Alfaro | ||
Liga | Primeira División RFEF | ||
2022-23 | 5º | ||
Vestimenta | Adidas | ||
Na rede | |||
http://www.realmurcia.es/ | |||
| |||
O Real Murcia Club de Fútbol é un club de fútbol de España da cidade de Murcia. Foi fundado en 1908 e actualmente xoga no grupo 2 da Primeira División RFEF.
É o único equipo da Rexión de Murcia que xogou na Primeira División, categoría na que militou un total de 18 tempadas. É o equipo que máis tempadas xogou en Segunda División, o que máis títulos de campión desa categoría posúe (9) e, xunto ao desaparecido CD Málaga, o que logrou máis ascensos a Primeira (11).
Uniforme
[editar | editar a fonte]- Uniforme titular: Camiseta vermella, pantalón branco, medias vermellas.
- Uniforme alternativo: Camiseta verde, pantalón verde, medias verdes.
- Terceiro uniforme: Camiseta negra cunha banda branca, pantalón negro, medias negras.
Estadio
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Estadio Nueva Condomina.
Con capacidade para 31.179 espectadores, trátase dun estadio 4 estrelas, homologado pola FIFA e a UEFA para poder disputar competicións europeas e internacionais. Quedou inaugurado coa celebración dun partido amigable internacional entre as seleccións de España e a Arxentina o 11 de outubro de 2006 con vitoria española por 2 a 1. O primeiro partido disputado polo club foi o 26 de novembro de 2006 ante o Real Valladolid, que se saldou cunha derrota do conxunto local por 1 a 4.
Antigamente xogaba no Estadio de La Condomina.
Datos do club
[editar | editar a fonte]Datos en Primeira División
[editar | editar a fonte]- Mellor posto: 11º (tempadas: 44-45, 45-46, 83-84 e 86-87).
- Peor posto: 20º (tempada: 03-04).
- Maior goleada conseguida como local: Real Murcia 6-1 Osasuna (2 de outubro de 1988).
- Maior derrota encaixada como local: Real Murcia 1-5 Real Zaragoza (27 de abril de 1975).
- Maior goleada conseguida como visitante: Real Zaragoza 1-6 Real Murcia (18 de xaneiro de 1981).
- Maior derrota encaixada como visitante: Fútbol Club Barcelona 8-1 Real Murcia (4 de outubro de 1964).
Xogadores 2011/12
[editar | editar a fonte]
|
|
Palmarés
[editar | editar a fonte]Torneos rexionais
[editar | editar a fonte]- Campionato Levante (1): 1920–21
- Campionato de Murcia (9): 1925–26, 1926–27, 1927–28, 1928–29, 1929–30, 1930–31, 1931–32, 1933–34, 1939–40
- Campionato Superrexional de Levante-Andalucía (1): 1935–36
Torneos nacionais
[editar | editar a fonte]- Segunda División de España (8): 1939–40, 1954–55, 1962–63, 1972–73, 1979–80, 1982–83, 1985–86, 2002–03
- Segunda División B de España (2): 1992–93, 2010–11
- Terceira División de España (3): 1971–72, 1976–77, 1995–96
Torneos amigábeis
[editar | editar a fonte]- Trofeo Festa d'Elx (3): 1975, 1983, 2002
- Trofeo Ciudad de Murcia (3): 1968, 1969, 1996
- Trofeo Nueva Condomina (2): 2004, 2007
- Campionato do Sudeste de España (1): 1911
- Trofeo Concepción Arenal (1): 1960
- Trofeo de las Ciudades (1): 1973
- Torneo Costa Blanca (1): 1973
- Trofeo Ciudad de Albacete (1): 1979
- I Trofeo de Fútbol de la Región de Murcia (1): 1984
- Trofeo Costa Cálida (1): 1993
- Torneo de Mondariz (1): 2008
- Trofeo del Centenario (1): 2008
- Trofeo Cuna de Belén (1): 2010
- Memorial Enrique Miralles (1): 2010
- Trofeo Triangular 7 Región de Murcia (1): 2011
Filial
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Real Murcia Club de Fútbol Imperial.
O Real Murcia Club de Fútbol Imperial é o primeiro equipo filial do Real Murcia. Fundado no ano 1924, é o equipo que ten a marca de número de tempadas na Terceira división española.[1] Na tempada 2007/2008 logrou o ascenso á Segunda División B.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Clasificación histórica en Terceira por tempadas". Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2008. Consultado o 04 de xaneiro de 2010.