Reial Club Deportiu Espanyol de Barcelona
Espanyol | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Reial Club Deportiu Espanyol de Barcelona, S.A.D. | |||
Alcume(s) | Periquitos | |||
Fundación | 28 de outubro de 1900 (124 anos) | |||
Estadio | RCDE Stadium, Cornellà de Llobregat, España | |||
Inauguración | 2009 | |||
Capacidade | 40.500 | |||
Propietario | Chen Yansheng | |||
Presidente | Chen Yansheng | |||
Adestrador | Manolo González | |||
Liga | Primeira División Española | |||
2019–20 | 20º (Primeira División) | |||
Na rede | ||||
http://www.rcdespanyol.cat/ | ||||
| ||||
O Reial Club Deportiu Espanyol de Barcelona S.A.D., coñecido como Espanyol, é un club de fútbol español fundado na cidade de Barcelona, en Cataluña, e que actualmente ten a súa sede social en Cornellà de Llobregat. Xoga na Primeira División Española.
Foi fundado en 1900 por un grupo de universitarios cataláns cuxo presidente foi Angel Rodríguez Ruiz. Naceu baixo o nome de Sociedade Española de Football debido a que todos as súas componenetes eran cataláns ou do resto de España, en contraposición con algúns equipos formados na súa maioría por estranxeiros como o FC Barcelona.
O club xogou 80 tempadas en Primeira e 5 en Segunda División. Entre os seus títulos figuran catro Copas do Rei e tamén foi subcampión da Copa da UEFA en dúas ocasións.
Uniforme
[editar | editar a fonte]- Uniforme titular: Camiseta a franxas grosas brancas e azuis, pantalón azul e medias brancas cunha franxa azul.
- Uniforme alternativo: Camiseta negra cunha franxa horizontal gris, pantalón negro e medias negras con raias grises.
Estadio
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: RCDE Stadium.
Actualmente o club xoga os seus partidos no RCDE Stadium, ata 2014 coñecido como Estadi Cornellà-El Prat. Antes de usar estas instalacións xogou de alugueiro no Olímpic Lluís Companys e antes o seu campo foi o de Sarrià ata 1997.
O club xogou o 31 de maio de 2009 o seu último encontro no Estadi Olímpic Lluís Companys, alugado polo Concello de Barcelona. O novo estadio inaugurouse o 2 de agosto de 2009. O RCDE Stadium é un dos máis modernos de Europa. Unha das súas características é o feito de que todos os afeccionados (40.500 prazas) están cubertos, só nas esquinas hai un pequeno sector de público que non o está. Este estadio ten a cualificación de estadio UEFA de 6 estrelas.
Datos do club
[editar | editar a fonte]- Tempadas en 1ª: 80
- Tempadas en 2ª: 5 (incluída a 2020/21)
- Tempadas en 2ªB: 0
- Tempadas en 3ª: 0
- Mellor clasificación na liga: 3º (tempadas: 32-33, 66-67 e 86-87)
- Peor clasificación na liga: 20º (tempada 2019-20)
- Clasificación histórica de Primeira División: 6º
Xogadores
[editar | editar a fonte]Cadro actual
[editar | editar a fonte]Actualizado a 6 de setembro de 2013.
|
|
- Os xogadores con dorsais superiores ao 25 son, para todos os efectos, xogadores do RCD Espanyol B e como talles, poderán compaxinar partidos co primeiro e segundo equipo. Como esixen as normas da LFP, os xogadores do primeiro persoal deberán levar os dorsais do 1 ao 25. Do 26 en diante serán xogadores do equipo filial.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Torneos rexionais
[editar | editar a fonte]- Copa Macaya (1): 1902-1903
- Campionato de Cataluña (8): 1903-1904, 1911-1912, 1914-1915, 1917-1918, 1928-1929, 1932-1933, 1936-1937, 1939-1940
- Copa Catalunya (4): 1994-1995, 1995-1996, 1998-1999, 2005-2006.
Torneos nacionais
[editar | editar a fonte]- Copa do Rei (4): 1929, 1940, 2000, 2006.
- Segunda División de España (1): 1993-94
Torneos internacionais
[editar | editar a fonte]- Subcampión da Copa da UEFA (2): 1988, 2007.
Torneos amigables
[editar | editar a fonte]- Trofeo Ciutat de Barcelona (19): 1975, 1977, 1978, 1979, 1981, 1984, 1986, 1987, 1990, 1996, 1997, 1998, 2000, 2001, 2004, 2006, 2007, 2008, 2010
- Trofeo Ciutat de Lleida (2): 2001, 2002
- Trofeo Costa Brava (2): 2002, 2009
- Trofeo Ramón de Carranza (2): 1973, 2010
- Trofeo Festa d'Elx (1): 1966
- Trofeo Ciudad de Zaragoza (1): 1980
- Trofeo Costa del Sol (1): 1967
- Trofeo Ciudad de Valladolid (1): 1978
- Trofeo Ibérico (1): 1978
- Trofeo Ciudad de la Línea (1): 1975
- Trofeo Ciutat de Terrassa (1): 2006
- Trofeo Internacional de la Gamba Palamós (1): 2008
- Trofeo Vila de Palamós (1): 2010
- Trofeo Ciutat de Tarragona (1): 2010
Filial
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Reial Club Deportiu Espanyol B.
O equipo filial do Espanyol é o Reial Club Deportiu Espanyol B, fundado en 1981 e que actualmente xoga na Segunda División B.