Provincia de Milán
Provincia di Milano (it) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Italia | ||||
Rexión | Lombardía | ||||
Capital | Milán | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.132.100 (1.987,81 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.575,65 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | 23 de outubro de 1859 | ||||
Disolución | 31 de decembro de 2014 | ||||
Sucedido por | Cidade metropolitana de Milán | ||||
Organización política | |||||
Órgano lexislativo | Provincial Council of Milan (en) , | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 20121–20162 e 20010–20099 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 02, 0331, 0363 e 0371 | ||||
ISO 3166-2 | sen valor e IT-MI | ||||
Código NUTS | sen valor | ||||
Identificador ISTAT | 015 | ||||
Páxina web | provincia.milano.it |
Milán (en italiano Milano, Milàn no lombardo occidental) é unha provincia da rexión da Lombardía (Italia). A súa capital é a cidade de Milán.
Antes da creación da provincia de Monza e Brianza, a provincia de Milán tiña unha área de 1.984 km², unha poboación duns 3.707.000 habitantes, e contaba con 189 comunas. A nova provincia de Monza e Brianza creouse con parte da provincia de Milán, e está efectiva desde o 2009. Así Milán perdeu 55 concellos cunha poboación duns 750.000 habitantes e unha área duns 400 km².
Limita polo norte coa provincia de Varese e a provincia de Monza e Brianza, polo leste coa provincia de Bérgamo, polo sueste coa provincia de Cremona e a provincia de Lodi, polo suroeste coa provincia de Pavia, e polo oeste coa provincia de Novara (Piemonte). Tamén ten un exclave, a comuna de San Colombano al Lambro, entre as provincias de Lodi e Pavia.
Desde o 1 de xaneiro de 2015 foi substituída pola Cidade metropolitana de Milán.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Provincia de Milán |