Saltar ao contido

Porta de Toledo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Porta de Toledo

A Porta de Toledo (en castelán: Puerta de Toledo) era unha das portas de acceso á cidade de Madrid. Existiron con anterioridade outras tres portas denominadas de Toledo nas proximidades, a actual data do primeiro terzo do século XIX e foi deseñada polo arquitecto español Antonio Aguado, que se atopa situada na metade da Glorieta de Toledo facendo de rotonda. Foi erixida a modo de arco triunfal en honor do rei Fernando VII como conmemoración da independencia española trala ocupación francesa.

Foi a última porta monumental erixida no antigo recinto de Madrid. Foi construída entre os anos 1813 e 1827, e foi restaurada polo Concello de Madrid en 1995. Pola súa situación na cidade daba acceso desde o centro da cidade mediante a rúa de Toledo aos camiños do sur de Madrid (Camiño Real de Andalucía), tras cruzar a canle do río Manzanares mediante a ponte de Toledo e os Carabancheles.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]