Saltar ao contido

Polinémidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Polynemidae»)
Polydactylus octonemus

Os Polinémidos (Polynemidae) son unha familia de peixes da orde dos Perciformes, tanto mariños como de auga doce. Están distribuídos por tódolos mares tropicais e subtropicaies do mundo. O nome da familia vén do grego poly (moitos) e nematos (filamentos).

Características

[editar | editar a fonte]

A boca ábrese na parte inferior da cabeza (subterminal). Dúas aletas dorsais moi separadas, unha espiñosa e outra de raios brandos; a anal oposta á dorsal branda, cunha espiña anterior; as pélvicas son subabdominais, cunha espiña e 5 raios brandos; a caudal está profundamente furcada. As aletas pectorais están divididas en dúas seccións: a anterior é pequena, con raios unidos por membrana, e a posterior con 3 a 7 longos raios soltos (excepto no xénero Polistonemus, con 15 raios), o que lles dá un aspecto como de ter barba ó que se debe o nome común de barbudos.

Aliméntase de invertebrados bentónicos da arena que desenterra do fondo de lama.

Pode alcanzar 1,8 m de lonxitude máxima (para Eleutheronema tetradactylum).

Clasificación

[editar | editar a fonte]
Eleutheronema tetradactylum

Comprende oito xéneros e máis de 30 especies:

  • Xénero Eleutheronema (Bleeker, 1862)
  • Xénero Filimanus (Myers, 1936)
  • Xénero Galeoides (Günther, 1860)
  • Xénero Leptomelanosoma (Motomura e Iwatsuki, 2001)
  • Xénero Parapolynemus (Feltes, 1993)
  • Xénero Pentanemus (Günther, 1860)
  • Xénero Polydactylus (Lacepède, 1803)
  • Xénero Polynemus (Linnaeus, 1758)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]