Ozzy Osbourne
Nome orixinal | (en) John Michael Osbourne |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 3 de decembro de 1948 (75 anos) Marston Green, Reino Unido (en) |
Datos persoais | |
Outros nomes | Ozzy Osbourne |
Residencia | Buckinghamshire Os Ánxeles |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Relixión | Igrexa Anglicana |
Actividade | |
Ocupación | cantante , músico |
Período de actividade | 1967 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Heavy metal, hard rock, heavy metal tradicional (pt) , Doom metal e shock rock (pt) |
Lingua | Lingua inglesa |
Tesitura | Tenor |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Epic Records |
Familia | |
Cónxuxe | Sharon Osbourne (1982–) Thelma (1971–1982) |
Fillos | Elliot Kingsley (en) , adopted stepson (en) () valor descoñecidoThelma Jessica Osbourne (en) () Thelma Louis Osbourne (en) () Thelma Aimee Osbourne (pt) () Sharon Osbourne (pt) Kelly Osbourne (pt) () Sharon Osbourne (pt) Jack Osbourne (pt) () Sharon Osbourne (pt) |
Pais | Jack Osbourne (en) e Lillian Unitt (en) |
Parentes | Elliot Kingsley (en) (fillastro) |
Premios
| |
Páxina web | ozzy.com |
|
John Michael "Ozzy" Osbourne, nado o 3 de decembro de 1948, é un vocalista e compositor de heavy metal inglés, cunha carreira musical que se estende xa ao longo de 50 anos. Osbourne acadou a fama como vocalista principal da banda inglesa Black Sabbath, que co seu son duro e escuro contribuíu a propagar o xénero do heavy metal. Debido ao estilo escuro do grupo, Osbourne comezou a ser coñecido como o "Principe da escuridade". Osbourne é tamén coñecido comoo "Padriño do heavy metal".
A comezos dos anos 2000, a carreira de Osbourne expandiuse cando se converteu nunha estrela no seu propio reality show, The Osbournes, ao lado da súa muller/representante Sharon e dous dos seus tres fillos, Kelly e Jack. Un documental sobre a súa vida e carreira, God Bless Ozzy Osbourne, estreouse en abril do ano 2011 no Festival de Cinema de Tribeca e publicouse en DVD no mes de novembro dese ano.