Monte Louro, Louro, Muros
Aparencia
(Redirección desde «Monte Louro»)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Louro.
Monte Louro | |
---|---|
Parroquia | Louro |
Concello | Muros |
Coordenadas | 42°44′34″N 9°04′56″O / 42.7428, -9.08222 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Monte Louro é un lugar situado na parroquia de Louro, no concello coruñés de Muros. O monte está concretamente na parroquia sobre a banda norte da ría de Muros e Noia.
A estrada pasa entre o monte e a praia de Louro, situada entre as puntas Carreiro e Lens. Forma parte do zona especial de conservación (ZEC) Monte e lagoa de Louro e ten un interese xeolóxico especial por ser un inselberg granítico, ou monte que destaca nunha chaira, rodeado dunha plataforma de abrasión.[1][2][3]
Monte Louro na literatura popular
[editar | editar a fonte]- O Cristo de Finisterre/ ten unha pistola d'ouro/ pra matar aos do Son/ por riba de Monte Louro [4].
- Santo Cristo de Fisterra,/ ten unha pistola de ouro/ para matar os do Son/ por riba do Monte Louro [5].
- Si todo o mar fora leite/ e Monte Louro boroa,/ xa terían que comer/ os tramalleiros de Boa [6][7].
- Monte Louro con touca, chuvia moita ou pouca.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Monte Louro, Louro, Muros.
-
Faro de Monte Louro
-
Monte Louro e a praia de Area Maior
-
Monte Louro.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Louro
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Louro no concello de Muros (provincia da Coruña) | |
---|---|
O Ancoradoiro | O Espadanal | O Fogareiro | Louro | Monte Louro | O Rial | San Francisco | Seisidre | Sistamares | Taxes | Ventín | Vieta | A Vouga |
Parroquias de Muros
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Monte e lagoa de Louro, código ZEC ES1110012. Rede galega de espazos protexidos. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia.". Consultado o 12 de xullo de 2017.
- ↑ "LIC de Galicia, Rede Natura 2000, Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente". Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2017. Consultado o 5 de xullo de 2017.
- ↑ "Inventario de LIGs: 119001. Monte Louro, laguna y marismas.". Inventario de patrimonio geolóxico de España. Instituto Geológico y Minero de España. 1983-12-31. Consultado o 2017-07-13.
- ↑ Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 94, 15.10.1931, 192. No texto: d-ouro, Montelouro.
- ↑ Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 184. No texto: ôs do Son.
- ↑ Boa é a parroquia máis occidental do concello coruñés de Noia, lindando con Porto do Son. Tramalleiros son os que pescan ó tramallo, unha arte de pesca formada por tres redes superpostas. Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 94, 15.10.1931, 192; no texto: Montelouro,
- ↑ Lino Lema Bouzas (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993, 15.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1