Mijas
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Andalucía | |||
Provincia | Provincia de Málaga | |||
Capital | Mijas | |||
Poboación | ||||
Poboación | 91.691 (2023) (616,2 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 148,8 km² | |||
Bañado por | Mar Mediterráneo | |||
Altitude | 428 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 29649–29651 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 29070 | |||
Páxina web | mijas.es | |||
Mijas é un municipio andaluz da provincia de Málaga (España). Está situado na Costa do Sol, a 30 km ao suroeste da capital provincial, e integrado na comarca da Costa del Sol Occidental[1] e a mancomunidade de municipios do mesmo nome.[2]
No ano 2008 contaba con 70.473 habitantes,[3] o que o converte no cuarto municipio da provincia en canto a poboación. Esta concéntrase en tres núcleos urbanos principais: Mijas Pueblo, situado na ladeira da Serra de Mijas, constitúe o centro histórico do municipio; Las Lagunas, situado na zona chamada Mijas Costa, forma parte do continuo urbano da cidade de Fuengirola; e La Cala, localidade costeira. A superficie do termo municipal é de 148 km² e esténdese desde as serras litorais da Penibética ata o mar Mediterráneo.
Habitado desde a Antigüidade, Mijas foi un pequeno pobo dedicado principalmente á agricultura e a pesca ata a explosión do boom turístico nos anos 50 do pasado século. Desde entón, a actividade turística e o sector da construción foron os motores da economía local, disparando á mesma vez a poboación e a renda per cápita, aínda que a un alto custo ambiental. Na actualidade é un municipio multicultural cunha alta porcentaxe de residentes de orixe estranxeira e un dos principais centros do turismo residencial de Andalucía.
Mijas é coñecido internacionalmente polos seus Burrotaxis.
Conexión con Galicia
[editar | editar a fonte]En Mijas viviu Dolores Vázquez, unha muller de Betanzos que foi erroneamente condenada por cometer un asasinato que tivo un grande eco dos medios en España.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Costa del Sol Occidental - Costa del Sol Málaga - Diputación de Málaga". www.malaga.es. Consultado o 5 de marzo de 2019.
- ↑ www.mancomunidad.org
- ↑ INE 2008
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Mijas |