Saltar ao contido

Terioloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mastozooloxía»)
O león, arquetipo das feras.

A terioloxía, tamén chamada mastoloxía, mastozooloxía e mamiferoloxía, é a parte da zooloxía que estuda os mamíferos.

Estes vocábulos, especialmente o primeiro e o terceiro, utilízanse adoito en contextos como a clasificación a descrición e a diferenciación das especies de mamíferos.

Os científicos que traballan neste campo reciben o nome de teriólogos ou mastozoólogos.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Estes termos fórmanse, respectivamente, cos primeiros elementos:

  • terio-, derivado do grego antigo θηρίον thēríon, "besta", "animal salvaxe", "besta", "fera" (e tamén "animal terrestre", por oposición aos peixes e ás aves),
  • masto-, que deriva do grego antigo μαστός mastós, "peito", "mama", "ubre", e
  • mamífero-, de mamífero,

e cos segundos compoñentes:

  • -loxía, derivada do grego antigo λόγος lógos, "palabra", "tratado",

mentres que no terceiro se emprega:

Campo de estudo

[editar | editar a fonte]

Os mamíferos caracterízanse principalmente pola presenza de glándulas mamarias e por teren o corpo revestido por pelos. Existen actualmente cerca de 5.400 especies de mamíferos.[1], incluíndo os maiores animais vivos, así como algúns dos máis pequenos vertebrados. Os mamíferos están adaptados para viviren nos máis diversos ambientes, podendo desprazarse na terra, na auga e no aire, ocupando desde desertos até selvas. Algunhas especies están representadas por poucos individuos que, moitas veces ocupan unha área xeográfica moi pequena, estando por iso ameazados de extinción.[2]

O campo de actuación dos mastozoólogos vai desde a investigación básica até o traballo técnico aplicado. Estas investigacións poden implicar diversos campos do coñecemento, como a sistemática, a ecoloxía, o comportamento, a morfoloxía, a fisioloxía, a parasitoloxía, a xenética, a evolución ou a paleontoloxía, entre outros. Os mastozoólogos traballan en institucións de ensino, en empresas que realizan estudos de impacto ambiental, en organismos gobernamentais relacionados co medio ambiente e a saúde e en organizacións non gobernamentais que utilizan informacións científicas para promover a conservación da biodiversidade.

O estudo dos mamíferos é moi importante para a sociedade, pois o coñecemento xerado pode aplicarse en diversos sectores, da saúde ao medio ambiente. A prevención e o tratamento de moitas doenzas infecto-contaxiosas humanas depende dun bo coñecemento da orixe e da evolución de todos os organismos implicados, que moitas veces inclúen outros mamíferos alén do home. O coñecemento sobre eses animais foi fundamental na comprensión de doenzas como a SIDA e as hantaviroses (zoonoses agudas causadas por un Hantavírus, como, por exemplo, as febres hemorráxicas virais, como o ébola ou a febre hemorráxica de Marburgo). Por outro lado, un gran coñecemento sobre a bioloxía das especies e do ambiente onde viven é fundamental para que o manexo de especies ameazadas de extinción e o control de especies invasoras sexan realizados de forma adecuada. Non por casualidade os mamíferos están entre os principais grupos obxecto de estudos de impacto ambiental, sendo indicadores da cualidade ambiental. Podemos concluír, por tanto, que os mamíferos son compoñeentes-chave no planeamento ambiental, no uso sustentábel dos recursos naturais e na busca dunha mellor calidade de vida.[3]

División

[editar | editar a fonte]

Dentro da terioloxía hai varias ramas. Así, por exemplo, a primatoloxía estuda os primates (e inclúe os monos, os simios e os seres humanos); dentro dela, a antropoloxía, é a ciencia que estuda o ser humano de modo holístico, combinando campos como as ciencias naturais e as humanidades. A cetoloxía estuda os cetáceos, e remóntase á Historia dos animais de Aristóteles, filósofo grego que xa distinguía entre as baleas e os odontocetos, os cetáceos con dentes.[4] A equinoloxía (estudo dos cabalos), a cinoloxía (estudo dos cans) e a quiropterolox-iaa (pestudo dos morcegos) son outros exemplos de campos da terioloxía.

  1. Wilson & Reeder (eds.) (2005): Mammal Species of the World 3ª ed. Johns Hopkins University Press.
  2. UICN: Lista vermella de especies ameazadas da UICN.
  3. "O que é mastozoologia?". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2012. Consultado o 18 de abril de 2015.  (en portugués).
  4. Aristóteles, Historia dos animais versión inglesa, Libro I, capítulo 6.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]