Ludwig Mies van der Rohe
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2019.) |
Ludwig Mies van der Rohe, nado en Aquisgrán o 27 de marzo de 1886 e finado en Chicago (Illinois) o 17 de agosto de 1969, foi un arquitecto alemán considerado un dos principais nomes da arquitectura do século XX. Foi mestre da Bauhaus e un dos formadores do que se coñece por International style.
Mies van der Rohe posuía unha arquitectura sempre vinculada ao racionalismo espacial. A súa concepción dos espazos arquitectónicos envolvía unha profunda depuración da forma, supeditada sempre ás necesidades do lugar. Ese minimalismo exprésase nunha das súas máis famosas frases: "Menos é máis". Nos seus proxectos predominan espazos abertos ou transparentes, usando sempre materiais como o vidro e o metal.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formación
[editar | editar a fonte]De novo, traballou na empresa da súa familia antes de viaxar a Berlín e xuntarse co estudio de Bruno Paul. En 1908 ingresa no estudio do proto-modernista Peter Behrens, do cal se torna un discípulo. Alí permaneceu ata 1912.
Os primeiros proxectos de van der Rohe amosaban a profunda influencia do antigo mestre: demostraba control das novas posibilidades estruturais permitidas polo avance tecnolóxico e pregaba un novo tipo de clasicismo prusiano.
Co tempo, pasa a recibir influencias do neoplasticismo (formado en 1917) e do construtivismo ruso, o que fai xerminar nel o espírito modernista. O uso do metal e do vidro xa se tornan unha marca da súa arquitectura. Entre 1918 e 1925 participa no Novembergruppe, un grupo de arquitectos dedicados á propagación da arquitectura moderna.
Bauhaus
[editar | editar a fonte]Xa ligado á nova arquitectura, van der Rohe é convidado a ensinar na Bauhaus, fundada polo seu colega Walter Gropius. En 1930 sucede a Hannes Meyer na dirección da escola, e vese obrigado a desprazarse a Berlín debido ó cerco nazi en 1933.
É dese período o seu proxecto máis famoso, o pavillón alemán da Feira Universal de Barcelona: unha estrutura bastante leve, sustentada por delgados piares metálicos e constituído esencialmente de planos verticais e horizontais. Logo da exposición o pavillón foi demolido, mais a súa importancia foi tal que volveu ser construído na década de 1990 coma homenaxe ó arquitecto e símbolo do modernismo.
Estados Unidos
[editar | editar a fonte]Coa persecución nazi cada vez máis forte, Mies vese obrigado a saír de Alemaña. Pasa a vivir nos Estados Unidos en 1937, destino común dos exiliados alemáns. Neste país desenvolve investigacións con rañaceos e proxecta, xunto con Philip Johnson o edificio-sede da Seagrams (entón o edificio máis alto do mundo) en Nova York, considerado marco do funcionalismo. Neste proxecto, Rohe revoluciona o patrón construtivo neoiorquino ó deixar a metade do terreo libre para uso público e converter o edificio nunha leve torre de vidro.
Proxecta tamén o Departamento de Arquitectura Instituto de Tecnoloxía de Illinois en Chicago, escola cuxo programa é desenvolvido por el e da cal se torna director.
Principais proxectos
[editar | editar a fonte]- Monumento a Karl Liebknecht e Rosa Luxemburgo (1926; Moscova)
- Colonia Weissenhoff (1927; Stuttgart)
- Vila Lange (1928; Krefeld)
- Pavillón alemán na Exposición Internacional de Barcelona de 1929
- Vila Tugendhat (1930; Brno)
- Campus do Illinois Institute of Technology (1930-1956; Chicago)
- Residencia Farnsworth (1945)
- Edificio Seagram (1958; Nova York; con Philip Johnson)
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ludwig Mies van der Rohe |