Saltar ao contido

Dimocarpus longan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Longan»)

Dimocarpus longan crúa
Valor nutricional por 100 g
Enerxía251 kJ (60 kcal)
15.14 g
Azucresn/a
Fibra alimentaria1.1 g
0.1 g
1.31 g
Treonina0.034 g
Isoleucina0.026 g
Leucina0.054 g
Lisina0.046 g
Metionina0.013 g
Fenilalanina0.030 g
Tirosina0.025 g
Valina0.058 g
Arxinina0.035 g
Histidina0.012 g
Alanina0.157 g
Ácido aspártico0.126 g
Ácido glutámico0.209 g
Glicina0.042 g
Prolina0.042 g
Serina0.048 g
VitaminasCantidade
%DV
Tiamina (B1)
3%
0.031 mg
Riboflavina (B2)
12%
0.14 mg
Niacina (B3)
2%
0.3 mg
Vitamina C
101%
84 mg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
0%
1 mg
Ferro
1%
0.13 mg
Magnesio
3%
10 mg
Manganeso
2%
0.052 mg
Fósforo
3%
21 mg
Potasio
6%
266 mg
Sodio
0%
0 mg
Cinc
1%
0.05 mg

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

Dimocarpus longan, chamado vulgarmente longán[1] (chinés tradicional: 龍眼, chinés simplificado: 龙眼, cantonés long-ngan; literalmente "ollo de dragón"; thai ลำไย) é unha árbore tropical perenne, nativa do sur da China. Atópase tamén en Indonesia e o sueste de Asia. Tamén  é chamada guiyuan (桂圆) en chinés, lengkeng en Indonesia, mata kucing en Malaisia, e quả nhãn no Vietnam. O termo "ollo de dragón" vén pola semellanza da súa froita ao globo ocular (cando se pela o froito ten un miolo transparente, e a semente semella a meniña e mailo iris).

Descrición

[editar | editar a fonte]

É unha árbore de tamaño mediano de folla perenne que pode medrar até os 6 a 7 metros de altura. Non deixa de ser sensíbel ás xeadas . Prefiren un solo areento. Aínda que a especie prefire as temperaturas que normalmente non estean por baixo de 4,5 °C (40 °F), pode soportar breve tempo temperatura baixas de ao redor de -2 °C (28 °F).

A froita (que realmente é un falso froito, composto por unha cobertura carnosa chamada arilo) é comestíbel, e a miúdo usada en sopas, almorzos e outras aplicacións no leste de Asia.

O longán e o lichi madurecen na mesma época do ano. Úsase na cociña e como menciña chinesa.

Longáns
Vista da planta nova

Propiedades

[editar | editar a fonte]

No Medicina tradicional chinesa é usada para o corazón e bazo. Insomnio, palpitacións, perda de memoria e mareos. Non se debe usar se hai exceso de flegma ou humidade.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Dimocarpus longan foi descrita por João de Loureiro e publicado en Flora Cochinchinensis 1: 233–234, no ano 1790.[2]

Sinonimia
  • Dimocarpus pupilla Moon
  • Dimocarpus undulatus Wight
  • Euphoria cinerea (Turcz.) Radlk.
  • Euphoria glabra Blume
  • Euphoria gracilis Radlk.
  • Euphoria leichhardtii Benth.
  • Euphoria leichhardtii var. hebepetala Benth.
  • Euphoria longan (Lour.) Steud.
  • Euphoria longana Lam.
  • Euphoria malaiensis (Griff.) Radlk.
  • Euphoria microcarpa Radlk.
  • Euphoria nephelioides Radlk.
  • Euphoria undulata Wall.
  • Euphoria verruculosa Salisb.
  • Nephelium glabrum (Blume) Cambess.
  • Nephelium longan (Lour.) Hook.
  • Nephelium longana Cambess.[3]
  1. O nome Longán, aínda que coincide co nome específico científico e coa maioría das linguas irmás ao galego, non está aínda recoñecido pola RAG, polo que o poñemos en cursiva.
  2. Dimocarpus longan en Trópicos
  3. "Dimocarpus longan". The PlantList (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  1. Flora of Chinesa Editorial Committee. 2007. Fl. China 12: 1–534. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Froitas de climas tépedos: longan
  • Coñeza e goce de froitas tropicais: Lychee, Rambutan & Longan
  • Dimocarpus longan (Sapindaceae)