O Lille Olympique Sporting Club é un equipo francés de fútbol da cidade de Lille, fundado no ano 1902, e que compite na Ligue 1. O club actual é o resultado da fusión de dous antigos equipos, o Olympique Lillois e o SC Fives, que tivo lugar en 1944. O equipo mantén unha histórica rivalidade rexional e deportiva co Racing Club de Lens, co cal disputa o chamado Derby du Nord.
En 2017 o club foi adquirido polo empresario galego-luxemburgués Gerard Lopez.[1]
O Lille Olympique xoga os seus encontros como local no Estadio Lille-Métropole, construído en 1976 e cunha capacidade para acoller a unhas 18.000 persoas. Está previsto que o equipo deixe este estadio en 2012, ano no cal estará rematado o novo Grand Stade Lille Métropole, con capacidade para mais de 50.000 persoas, e que acollerá varios encontros da Eurocopa 2016 que organizará Francia.