Kadavu
Kadavu | |
---|---|
Gran parte da selva tropical de Kadavu aínda chega ata o mar | |
Kadavu nun mapa de J.P.Thomson, 1889 | |
Situación | |
País | Fidxi |
Coordenadas | 19°3′S 178°15′L / -19.050, -178.250Coordenadas: 19°3′S 178°15′L / -19.050, -178.250 |
Xeografía | |
Superficie | 411 km² |
Longura máxima | 93 |
Largura máxima | 13 |
Punto máis alto | 805 m. Monte Washington |
Demografía | |
Capital | Vunisea |
Poboación | 10.167 hab. (2007) |
Densidade | 25 hab./km² |
Kadavu é a cuarta maior illa de Fidxi, cunha área de 411 km², e a maior illa do Grupo Kadavu, un arquipélago volcánico formado polas illas Kadavu, Ono, Galoa e varias illas menores no Arrecife do Gran Astrolábio (Great Astrolabe Reef, en inglés). A súa principal cidade é Vunisea, que posúe un aeroporto, unha escola secundaria, un hospital e unha base do goberno. Suva, capital do país, está localizada 88 km ao norte de Kadavu, na illa de Viti Levu.
Administración
[editar | editar a fonte]A illa de Kadavu é parte da provincia de Kadavu, pertencente a División Oriental.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Kadavu posúe 93 km de lonxitude e varía entre 365 metros a 13 km de largo. A illa está case dividida en dúas partes polo istmo de Namalata, que liga a Baía de Namalata, na costa norte, co porto natural (ou ancoradoiro) de Galoa na costa sur. Dentro do porto natural de Galoa fica a illa Galoa e o pequeno illote de Tawadromu. A montaña máis alta da illa é a Nabukelevu, tamén coñecida como Monte Washington, con 822 metros de altura, localizada no extremo oeste da illa.
Kadavu aínda conserva o 75% da súa selva tropical orixinal e unha rica diversidade de paxaros.
Economía
[editar | editar a fonte]Kadavu é unha das áreas menos desenvolvidas das Fidxi. Hai poucas estradas e a economía local é moi dependente da agricultura de subsistencia. Non hai bancos en Kadavu. O turismo estase facendo popular.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kadavu |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Información en Kadavu.
- Información xeral en Kadavu.