Saltar ao contido

Jari Litmanen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJari Litmanen

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fi) Jari Olavi Litmanen Editar o valor en Wikidata
20 de febreiro de 1971 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Lahti, Finlandia Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFinlandia Editar o valor en Wikidata
Altura181 cm Editar o valor en Wikidata
Peso76 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , actor , experto comentarista deportivo , participante em documentário (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1987 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaFinlandia Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaFußball-Bundesliga e Premier League Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista e dianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1987-1990 Reipas Lahti (en) Traducir 86(28)
1991-1991 Helsingin Jalkapalloklubi 27(16)
1992-1992 MYPA (pt) Traducir 18(7)
1992-1999 AFC Ajax 159(91)
1999-2001 Futbol Club Barcelona 21(3)
2001-2002 Liverpool F.C. 26(5)
2002-2004 AFC Ajax 20(5)
2004-2004 FC Lahti (pt) Traducir 11(3)
2005-2005 F.C. Hansa Rostock 13(1)
2005-2007 Malmö FF 10(3)
2008-2008 Fulham F.C. 0(0)
2008-2010 FC Lahti (pt) Traducir 40(10)
2011-2011 Helsingin Jalkapalloklubi 18(1) Editar o valor en Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
-   Finland national under-21 football team (en) Traducir
-   Finland national under-17 football team (en) Traducir
1989-2010   selección de fútbol de Finlandia 137(32) Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiOlavi Litmanen (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm3497800 FIFA: 95438 UEFA: 4875 Editar o valor en Wikidata

Jari Olavi Litmanen, nado o 20 de febreiro de 1971 en Lahti, é un ex-futbolista finlandés, considerado o mellor futbolista finlandés de todos os tempos.[1] A AFS listouno como o 53º mellor futbolista de todos os tempos[2] e foi o capitán da selección finlandesa entre 1996 e 2008.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Litmanen debutou con dezaseis anos en 1987 co Reipas na entón na máxima división (Mestaruussarja). En 1991 fichou polo principal club finlandés, o HJK, o primeiro equipo de Finlandia. Un ano máis tarde comprometeuse co MyPa, co que gañou a Copa Finlandia en xullo de 1992 ao vencer 2–0 ao FF Jaro na final que se disputou no Estadio Olímpico de Helsinqui, a súa actuación nese partido foi decisiva para que o comprase o Ajax.

Camisola de Jari Litmanen no Ajax. Museo do Deporte de Finlandia

Malia outros clubs amosaren interese por contratalo, como o Barcelona, Leeds United ou o PSV Eindhoven, Litmanen fichou co Ajax. Na primeira tempada co equipo xogou pouco co primeiro equipo, permanecendo na reserva, ata que unha lesión de Dennis Bergkamp fixo que o adestrador Louis van Gaal lle dese unha oportunidade, que foi un éxito e van Gaal anunciou que sería o sucesor de Bergkamp tras saber que este ía marchar ao Inter de Milán. Levou, xa que logo, o 10 na camisola e logrou 26 goles na tempada 1993–94, converténdose no máximo goleador da liga. En 1993 votárono como o futbolista do ano.

Litmanen foi un dos xogadores estrela de equipo co que van Gaal gañou tres campionatos holandeses consecutivos e chegou ao final da Liga de Campións da UEFA dúas veces. Desde o inicio da tempada 1994–95 ata mediados da de 1995–96, o Ajax non perdeu encontro ningún tanto na Eredivisie (52 partidos) como na Liga de Campións da UEFA (19 partidos). Ao gañar o Ajax ao Milán na final de 1994–95, Litmanen converteuse no primeiro xogador finlandés en gañar a Copa Europea ou a Liga de Campións da UEFA. Na tempada 1995–96 foi o principal anotador da Liga de Campións con nove goles. En 1995 gañou a Copa Intercontinental contra o Grêmio e quedou segundo na votación do Balón de Ouro.

Litmanen pasou sete anos en Ámsterdam, nos que gañou catro campionatos holandeses e tres Copas dos Países Baixos, conseguindo un total de 129 goles, deles 91 na liga. É o principal anotador dun club na competición europea con 26 puntos en 54 partidos. Nas últimas tempadas non puido xogar moitos dos partidos por lesións, en total nas seis tempadas faltou a 57 partidos dos 204 da liga, e nas últimas tres perdeu 7 dos 24 partidos europeos.

Barcelona

[editar | editar a fonte]

Litmanen xuntouse a van Gaal no Barcelona, foi un dos moitos xogadores do Ajax que recrutou o entón adestrador do Barcelona porén a súa estada en Barcelona estivo marcada polas lesións[3] e foi un dos xogadores que van Gaal retirou do primeiro equipo nese inverno,[4] así e todo continuou no club ata xaneiro de 2001 cando marchou ao Liverpool en transferencia libre.

Liverpool

[editar | editar a fonte]

Litmanen iniciou ben o campionato co Liverpool mais rompeu o pulso nun partido de Finlandia contra Inglaterra en Anfield en marzo de 2001 e perdeu o resto da tempada. A pesar de ser parte do equipo que gañou a "tripla copa": Copa Worthington, FA Cup e Copa da UEFA en 2001, non puido xogar ningunha das tres finais por lesións. Na tempada seguinte xogou pouco, así e todo puntou contra o Tottenham Hotspur, Arsenal, Aston Villa e Fulham na Premier League e contra o Dynamo Kyiv, Roma e Bayer Leverkusen na Liga de Campións.[5] En total marcou 9 goles en 43 partidos oficiais durante o tempo que pasou co Liverpool.

Volta ao Ajax

[editar | editar a fonte]

Litmanen volveu ao Ajax e foi un dos xogadores que fixo posible chegar a cuartos de final na Liga de Campións de 2001-2003 pero a tempada seguinte pasouna en boa parte en branco polas lesións e na primavera de 2004 o club liberouno do seu contrato.

FC Lahti e Hansa Rostock

[editar | editar a fonte]

Litmanen volveu a Finlandia para xogar co Lahti mais en xaneiro de 2005 pasou á Bundesliga xogando co Hansa Rostock, no entanto foi incapaz de evitar que o club perdese a categoría.

Malmö FF

[editar | editar a fonte]

Litmanen pasou ao club sueco Malmö FF en xullo de 2005 como reforzo para chegar á Liga de Campións pero non puido ser, e Litmanen pasou case todo o outono lesionado, xogando só uns poucos partidos.[6]

Fichou co Fulham o 31 de xaneiro de 2008 canda o seu compatriota Toni Kallio,[7] secasí poucas semanas despois volveu a Finlandia por problemas cardíacos,[8] e non debutou co equipo ata o 31 de marzo de 2008 nun encontro de reservas co Tottenham, mais o equipo liberouno en maio sen xogar un só encontro co primeiro equipo.[9]

Volta ao Lahti

[editar | editar a fonte]

O 8 de agosto de 2008 anunciouse que Litmanen volvería ao seu antigo club, o Lahti da primeira división finlandesa polo resto da tempada 2008. Xogou un papel importante para que o Lahti rematase terceiro na liga e se cualificase para Europa por primeira volta na súa historia.

De novo o HJK

[editar | editar a fonte]

O 20 de abril d 2011, Litmanen asinou un contrato por un ano co campión finlandés, o HJK, con 40 anos, converténdose nun dos poucos xogadores profesionais que xorgaron en catro décadas diferentes (1980s – 2010s). Normalmente xogaba como substituto entre 10 e 30 minutos por encontro. O 29 de outubro de 2011, Litmanen celebrou o seu partido 200 de liga e foi o último partido que xogou como profesional.

Carreira internacional

[editar | editar a fonte]
Litmanen despois do seu derradeiro partido internacional, xogado en novembro de 2010 contra San Marino

Litmanen fixo o seu debut internacional o 22 de outubro de 1989 contra Trinidad e Tobago, e marcou o seu primeiro gol o 16 de maio de 1991 contra Malta. Litmanen serviu como capitán de Finlandia de 1996 a 2008. O 17 de novembro de 2010, Litmanen converteuse no xogador de máis idade en marcar con Finlandia.

Goles internacionais

[editar | editar a fonte]

      Gañador       Empate       Perdedor

  1. "Litmanen heads home" BBC News, 25 de maio de 2004
  2. "Your Verdict: 100 greatest ever footballers" Arquivado 01 de outubro de 2012 en Wayback Machine. ESPN, 7 de novembro de 2007
  3. "Surprise, surprise... Catalans in the Barajax side The Guardian 2 de abril de 2000
  4. "Van Gaal: My football philosophy" Arquivado 29 de maio de 2010 en Wayback Machine., fifa.com, 7 de xaneiro de 2008
  5. "Fixtures & Results 2001–2002", myliverpoolfc.org
  6. "Fotboll: Skadad Litmanen lämnar Malmö". Sverigesradio. 2 de agosto de 2007. 
  7. "Litmanen joins Fulham", fulhamfc.com, 31 de xaneiro de 2008
  8. "Litmanen back training", fulhamfc.com, 23 de febreiro de 2008.
  9. "Bocanegra heads Fulham clear-out", BBC News, 23 de maio de 2008