Gaofen
Gaofen é unha serie de satélites de recoñecemento civís chineses tanto ópticos como de radar.[1]
Gaofen 1
[editar | editar a fonte]Gaofen 1 foi o primeiro membro da serie de satélites Gaofen. Foi lanzado o 26 de abril de 2013 mediante un foguete CZ-2D. Leva a bordo unha cámara pancromática cunha resolución de 2 m e outra multiespectral de 8 m de resolución, así como unha cámara multiespectral gran angular cunha resolución de 16 m. Usa o bus CAST2000.[2]
Gaofen 1-02, 1-03 e 1-04
[editar | editar a fonte]Son satélites similares a Gaofen 1 pero sen a cámara gran angular, o que lles permite ter un menor tamaño e ser lanzados á vez. Os tres foron lanzados o 30 de marzo de 2018 mediante un foguete CZ-4C.[3]
Gaofen 2
[editar | editar a fonte]Gaofen 2 mellora a resolución do seu predecesor, levando unha cámara pancromática cunha resolución de 80 cm e outra multiespectral de 3,2 m de resolución. Usa o bus CS-L3000A e foi lanzado o 19 de agosto de 2014 mediante un fogute CZ-4B.[4]
Gaofen 3, 3-02 e 3-03
[editar | editar a fonte]Os Gaofen 3, 3-02 e 3-03 teñen unha masa de 2950 kg, usan o bus CS-L3000B e foron lanzados o 9 de agosto de 2016, o 22 de novembro de 2021 e o 6 de abril de 2022, os tres mediante foguetes CZ-4C. Usan radar de apertura sintética (SAR) multipolarizado en banda C para observar a superficie terrestre.[5]
Gaofen 4
[editar | editar a fonte]Gaofen 4, a diferenza dos anteriores, foi enviado á orbita xeoestacionaria. Ten unha masa de 4600 kg e foi lanzado o 28 de decembro de 2015 mediante un CZ-3B. Pode observar en lonxitudes de onda visibles (cunha resolución de 50 m) e infravermellas (resolución de 400 m).[6]
Gaofen 5 e 5-02
[editar | editar a fonte]Gaofen 5 e Gaofen 5-02 levan a bordo máis instrumentos que os seus predecesores, incluíndo cámaras para o visible e o infravermello, detectores de gases de efecto invernadoiro, detectores medioambientais atmosféricos infravermellos de alta resolución espectral, detectores de gases traza e detectores de polarización. O primeiro foi lanzado o 8 de maio de 2018 e o segundo o 7 de setembro de 2021, ambos mediante un foguete CZ-4C.[7]
Gaofen 6
[editar | editar a fonte]Gaofen 6 é similiar a Gaofen 1, pero cunha cámara pancromática (2 m de resolución) e multiespectral (8 m de resolución) e outra gran angular de 16 m de resolución. Foi lanzado o 2 de xuño de 2018 mediante un CZ-2D.[8]
Gaofen 7
[editar | editar a fonte]Gaofen 7 adícase ao recoñecemento óptico, ten unha masa de 2400 kg e foi lanzado o 3 de novembro de 2019 mediante un CZ-4B.[9]
Gaofen 8
[editar | editar a fonte]Gaofen 8 tamén se adica ao recoñecemento óptico. Foi lanzado a unha órbita de 484 x 493 km o 26 de xuño de 2015 mediante un CZ-4B.[10]
Gaofen 9-01, 9-02, 9-03, 9-04 e 9-05
[editar | editar a fonte]Os tres satélites Gaofen 9 proporcionan imaxes ópticas da superficie terrestre cunha resolución inferior ao metro. Foron lanzados o 14 de setembro de 2015, o 31 de maio de 2020 e o 17 de xuño de 2020 mediante foguetes CZ-2D.[11]
Gaofen 10 e 10R
[editar | editar a fonte]Gaofen 10 foi lanzado o 31 de agosto de 2016, pero non chegou a órbita por un problema co seu foguete. A súa substitución, Gaofen 10R, foi posta en órbita o 4 de outubro de 2019 mediante un CZ-4C. A misión concreta do satélite é descoñecida.[12]
Gaofen 11-01, 11-02, 11-03, 11-04 e 11-05
[editar | editar a fonte]Gaofen 11-01, 11-02, 11-03, 11-04 e 11-05 son cinco satélites de recoñecemento óptico de alta resolución. O primeiro foi lanzado o 31 de xullo de 2016 mentres que o segundo o foi o 7 de setembro de 2020, o terceiro o 11 de novembro de 2021, o cuarto o 27 de decembro de 2022 e o quinto o 19 de xullo de 2024, todos mediante foguetes CZ-4B.[13]
Gaofen 12, 12-02, 12-03 e 12-04
[editar | editar a fonte]Gaofen 12, Gaofen 12-02, Gaofen 12-03 e Gaofen 12-04 son catro satélites de recoñecemento mediante radar de alta resolución. Gaofen 12 foi lanzado o 27 de novembro de 2019, Gaofen 12-02 o 30 de marzo de 2021, Gaofen 12-03 o 27 de xuño de 2022 e Gaofen 12-04 o 20 de agosto de 2023, todos mediante foguetes CZ-4C.[14]
Gaofen Duomo
[editar | editar a fonte]Gaofen Duomo é un satélite de recoñecemento para o programa guvernamental China High-definition Earth Observation System (CHEOS). Foi lanzado o 3 de xullo de 2020 mediante un foguete CZ-4B desde Taiyuan.[15]
Gaofen 13 e 13-02
[editar | editar a fonte]Os Gaofen 13 son satélites de observación terrestre enviados á órbita xeoestacionaria. Parecen ser unha versión mellorada de Gaofen 4, cun sistema óptico máis grande e cunha resolución estimada de 15 m. Foron lanzados respectivamente o 11 de outubro de 2020 e o 17 de marzo de 2023, ambos mediante foguetes CZ-3B.[16]
Gaofen 14
[editar | editar a fonte]Gaofen 14 é un satélite de observación civil terrestre con capacidade para facer cartografía estereoscópica. Belarús participa neste satélite. Foi lanzado nunha órbita de 482 x 495 km, cunha inclinación orbital de 97,5º.[17]
Gaofen 5-01A
[editar | editar a fonte]Gaofen 5-01A é unha versión modificada dos Gaofen 5 e Gaofen 5-02. Leva a bordo unha cámara infravermella cun campo de visión da superficie terrestre de 1500 km de ancho, unha cámara hiperespectral no infravermello e un espectrómetro diferencial de absorción para o estudo de gases traza atmosféricos.[18]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11][12][13][14][15][16][17][18] | Data de lanzamento[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11][12][13][14][15][16][17][18] | Foguete lanzador[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11][12][13][14][15][16][17][18] | Notas[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11][12][13][14][15][16][17][18] |
---|---|---|---|
Gaofen 1 | 26 de abril de 2013 | CZ-2D | Éxito |
Gaofen 2 | 19 de agosto de 2014 | CZ-4B | Éxito |
Gaofen 8 | 26 de xuño de 2015 | CZ-4B | Éxito |
Gaofen 9 | 14 de setembro de 2015 | CZ-2D | Éxito |
Gaofen 4 | 28 de decembro de 2015 | CZ-3B | Éxito |
Gaofen 4 | 31 de xullo de 2016 | CZ-4B | Éxito |
Gaofen 3 | 9 de agosto de 2016 | CZ-4C | Éxito |
Gaofen 10 | 31 de agosto de 2016 | CZ-4C | Fallo |
Gaofen 1-02, 1-03, 1-04 | 30 de marzo de 2018 | CZ-4C | Éxito |
Gaofen 5 | 30 de maio de 2018 | CZ-4C | Éxito |
Gaofen 6 | 2 de xuño de 2018 | CZ-2D | Éxito |
Gaofen 10R | 4 de outubro de 2019 | CZ-4C | Éxito |
Gaofen 7 | 3 de novembro de 2019 | CZ-4B | Éxito |
Gaofen 12 | 27 de novembro de 2019 | CZ-4C | Éxito |
Gaofen Duomo | 3 de xullo de 2020 | CZ-4B | Éxito |
Gaofen 11-02 | 7 de setembro de 2020 | CZ-4B | Éxito |
Gaofen 13 | 11 de outubro de 2020 | CZ-3B | Éxito |
Gaofen 15 | 6 de decembro de 2020 | CZ-3B | Éxito |
Gaofen 5-01A | 8 de decembro de 2022 | CZ-2D | Éxito |
Gaofen 13-02 | 17 de marzo de 2023 | CZ-3B | Éxito |
Gaofen 11-05 | 19 de xullo de 2024 | CZ-4B | Éxito |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Mark Wade (2020). "CAST2000" (en inglés). Consultado o 21 de abril de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Gaofen 1 (GF 1)" (en inglés). Consultado o 21 de abril de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Gaofen 1-02,03, 04" (en inglés). Consultado o 21 de abril de 2020.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Gaofen 2 (GF 2)" (en inglés). Consultado o 21 de abril de 2020.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Gaofen 3 (GF 3)" (en inglés). Consultado o 21 de abril de 2020.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Gaofen 4 (GF 4)" (en inglés). Consultado o 21 de abril de 2020.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Gaofen 5, 5-02 (GF 5, 5-02)" (en inglés). Consultado o 21 de abril de 2020.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Gaofen 6 (GF 6)" (en inglés). Consultado o 21 de abril de 2020.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Gaofen 7 (GF 7)" (en inglés). Consultado o 21 de abril de 2020.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Gaofen 8 (GF 8)" (en inglés). Consultado o 21 de abril de 2020.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Gaofen 9-01, ..., 05 (GF 9-01, ..., 05)" (en inglés). Consultado o 21 de abril de 2020.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Gaofen 10, 10R (GF 10, 10R)" (en inglés). Consultado o 21 de abril de 2020.
- ↑ 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Gaofen 11-01, ..., 11-05 (GF 11, ..., 11-05)" (en inglés). Consultado o 21 de abril de 2020.
- ↑ 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Gaofen 12, 12-02" (en inglés). Consultado o 21 de abril de 2020.
- ↑ 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Gaofen Duomo (GF DM)" (en inglés). Consultado o 21 de setembro de 2020.
- ↑ 16,0 16,1 16,2 16,3 16,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Gaofen 13 (GF 13)" (en inglés). Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ 17,0 17,1 17,2 17,3 17,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Gaofen 14 (GF 14)" (en inglés). Consultado o 6 de decembro de 2020.
- ↑ 18,0 18,1 18,2 18,3 18,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Gaofen 5-01A (GF 5-01A)" (en inglés). Consultado o 9 de decembro de 2022.