Saltar ao contido

Florín húngaro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Forint»)
Florín húngaro
Magyar forint en húngaro
Código:HUF
Ámbito:Hungría Hungría
Símbolo:Ft
Fracción:100 fillér (fora de circulación)
Moedas:5, 10, 20, 50, 100, 200 HUF
Billetes:200, 500, 1.000, 2.000, 5.000, 10.000, 20.000 HUF
Emisor:Banco Nacional de Hungría
Taxa de troco:
02-12-2009
1 EUR = 270,645 HUF
1 USD = 179,600 HUF
Troco actual

O forint[1] ou florín húngaro[2] (en húngaro: forint) é a moeda de uso oficial en Hungría. Un forint divídese en 100 fillér (división só teórica: o fillér xa non está en circulación). O código ISO 4217 para esta unidade monetaria é HUF e a súa abreviatura Ft.

As moedas en circulación responden ás seguintes características técnicas:

Denominación Acuñada
dende
Metal Diámetro
(mm.)
Peso
(gr.)
Canto Anverso Reverso
Anel Centro
5 Forint 1990 CuNiZn 21,20 4,20 Liso Garza Valor facial
10 Forint 1990 CuNi 24,80 6,10 Descontinuo Escudo nacional Valor facial
20 Forint 1990 CuNiZn 26,30 6,90 Estriado Planta Valor facial
50 Forint 1990 CuNi 27,40 7,60 Liso Escudo nacional Valor facial
100 Forint 1996 CuNi Latón 23,80 8,00 Estriado Escudo nacional Valor facial
200 Forint 2009 CuNiZn CuNi 28,30 9,00 Descontinuo Ponte Valor facial

As moedas de 1 e 2 forint foron retiradas da circulación o 1 de marzo de 2008[3]. Os fíller, acuñados en valores de 2, 5, 10, 20 e 50, desapareceron da circulación a finais dos anos noventa.

A Casa da Moeda de Hungría (Magyar Pénzvero) é a encargada en exclusiva da cuñaxe destas moedas. [4]

Os billetes en circulación en 2006 son os das denominacións que a continuación se describen:

  • 200 floríns
    • 154 x 70 mm
    • Tonalidade: verde
    • Anverso: o Rei Károly Róbert
    • Reverso: o castelo Diósgyőr
  • 500 floríns
  • 1000 floríns
  • 2000 floríns
    • 154 x 70 mm
    • Tonalidade: gris e marrón
    • Anverso: o príncipe Gabriel Bethlen de Transilvania
    • Reverso: o príncipe e os seus científicos
  • 5000 floríns
    • 154 x 70 mm
    • Tonalidade: púrpura
    • Anverso: o conde István Széchenyi
    • Reverso: o pazo Nagycenk
  • 10.000 florines
  • 20.000 florines
    • 154 x 70 mm
    • Tonalidade: gris e vermello
    • Anverso: o político Ferenc Deák
    • Reverso: antigo Congreso de Deputados de Budapest
  1. "forint". TERGAL. Consultado o 26/12/2019. 
  2. "florín húngaro". TERGAL. Consultado o 26/12/2019. 
  3. "Banco Nacional de Hungría". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2010. Consultado o 02 de decembro de 2009. 
  4. "Magyar Pénzvero Zrt. Arquivado 18 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". En Hunhíradó. 2 de novembro de 2011.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]