Festival de Eurovisión Júnior
Festival da Canción de Eurovisión Júnior | |
---|---|
Localización | Europa |
Anos | Dende 2003 |
Nº edicións | 18 |
Fundadores | |
Data | Novembro (14 edicións) - decembro (4 edicións) |
Xénero | Todos |
Organizador | Unión Europea de Radiodifusión |
Web oficial | http://www.junioreurovision.tv/ |
Na rede |
O Festival da Canción de Eurovisión Júnior (Junior Eurovision Song Contest, en inglés) é un concurso organizado pola Unión Europea de Radiodifusión, a imaxe e semellanza do Festival de Eurovisión, pero para nenos de entre 8 e 16 anos.
O ano anterior á primeira edición celebrouse un festival similar, o Melodi Grand Prix Nordic, no que só participaron tres países escandinavos; este festival gañouno Razz por Dinamarca coa canción Kickflipper. A imaxe deste festival, a Unión Europea de Radiodifusión decidiu organizar o Festival de Eurovisión Júnior 2003, que tivo lugar en Copenhaguen o 15 de novembro de 2003.
Iniciouse con varios países da Europa Occidental, con todo, ano tras ano aumentaron os países de Europa do Leste e fóronse retirando os que iniciaron o concurso.
Segundo o posicionamento, tanto Belarús como Armenia son os países máis exitosos na historia do festival, con cinco posicionamentos no top 3. Belarús e Xeorxia son os únicos países en gañar o festival máis dunha vez; o primeiro tivo dúas vitorias no 2005 e 2007, e o segundo gañouno no 2008 e 2011.
A maior vitoria foi a da cantante española María Isabel no 2004 que logrou 171 puntos, batendo un récord que aínda non foi superado, con 8 puntuacións máximas. A canción Antes muerta que sencilla segue sendo a de máis éxito do festival.
Nas primeiras seis edicións (do 2003 ao 2008), o festival tivo boa aceptación en países interesados en participar. A partir da edición do 2009 celebrada en Ucraína, o festival empezou un declive que se agudizou nas edicións do 2012 e 2013, ao participar só 12 países, a maioría novos. Na edición do 2014 que se celebrou en Malta, igualouse o número de participantes das edicións do 2003 e 2005, un total de 16. Cómpre destacar o retorno de Bulgaria (ausente dende o 2012), Chipre (ausente dende o 2010) e Serbia (ausente dende o 2011) e o debut de tres países: Eslovenia, Italia e Montenegro. En contraste, Acerbaixán, Macedonia e Moldova son os tres países que participaron no 2013 e non no 2014.
Sedes
[editar | editar a fonte]Ano | País | Cidade | Lugar | Participantes | |
---|---|---|---|---|---|
2003 | Dinamarca | Copenhaguen | Forum Copenhagen | 16 | |
2004 | Noruega | Lillehammer | Håkons Hall | 18 | |
2005 | Bélxica | Hasselt | Ethias Arena | 16 | |
2006 | Romanía | Bucarest | Sala Polivalenta | 15 | |
2007 | Países Baixos | Rotterdam | Ahoy | 17 | |
2008 | Chipre[1] | Limasol | Palais des sports | 15 | |
2009 | Ucraína[2] | Kíiv | Palace of Sports | 13 | |
2010 | Belarús | Minsk | Minsk Arena | 14 | |
2011 | Armenia[3] | Iereván | Karen Demirchyan Arena | 13 | |
2012 | Países Baixos[4][5] | Ámsterdam | Heineken Music Hall | 12 | |
2013 | Ucraína | Kíiv | Palacio Nacional das Artes da Ucraína | 12 | |
2014 | Malta[6][7] | Malta Shipbuilding | 16 | ||
2015 | Bulgaria | Sofía | Arena Armeec | 17 | |
2016 | Malta | A Valeta | Centro de Conferencias do Mediterráneo | 17 | |
2017 | Xeorxia | Tiflis | Palacio Olímpico de Tiflis | 16 | |
2018 | Belarús [8] | Minsk | Minsk Arena | 20 | |
2019 | Polonia | Gliwice-Silesia | Arena Gliwice | 19 | |
2020 | Polonia | Varsovia | Sede de TVP | 12 |
Participación
[editar | editar a fonte]Ano | Países segundo comezan a participar |
---|---|
2003 | Belarús, Bélxica, Croacia, Chipre, Dinamarca, Grecia, Letonia, Macedonia, Malta, Países Baixos, Noruega, Polonia, Romanía, España, Suecia, Reino Unido |
2004 | Francia, Suíza |
2005 | Rusia, Serbia e Montenegro |
2006 | Portugal, Serbia, Ucraína |
2007 | Armenia, Bulgaria, Xeorxia, Lituania |
2010 | Moldova |
2012 | Israel, Albania, Acerbaixán |
2013 | San Mariño |
2014 | Eslovenia, Italia, Montenegro |
2015 | Chipre, Croacia, Suecia |
2016 | Eslovenia, Montenegro, San Marino |
2017 | Bulgaria, Israel |
2018 | Chipre |
2019 | |
2020 | Alemaña |
Países gañadores
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jesús Palacios (9 de decembro de 2007). "Limassol, en Chipre, será la sede de Eurovisión Junior 2008". Eurovision-spain.com (en español).
- ↑ José García Hernández (8 de xuño de 2009). "Suecia retorna na edición de 2009 celebrada en Kiev. E Belarús será a sede de 2010". Eurovision-spain.com (en español).
- ↑ 3,0 3,1 "Armenia será a sede de Eurojunior 2011". AEVeurovision.com (en español). 18 de xaneiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2011. Consultado o 19 de febreiro de 2015.
- ↑ Jarmo (11 de outubro de 2011). "Netherlands to host Junior 2012". AEVeurovision.com (en inglés).
- ↑ 5,0 5,1 M. Loredo (13 de outubro de 2011). "Países Bajos volverá a organizar Eurovisión Junior en 2012". Eurovision-spain.com (en español).
- ↑ Non se designou o nome de ningunha cidade sede oficial, se non que a isla de Malta foi designada como sede do festival, O recinto da sede atopábase na localidade de Marsa.
- ↑ http://www.junioreurovision.tv/page/blog?id=malta_to_host_junior_eurovision_2014
- ↑ Jordan, Paul (15 de outubro de 2017). "Minsk announced as the host city for Junior Eurovision 2018!". junioreurovision.tv. EBU.
- ↑ "Armenia gana el Eurojunior por 1 punto". AEVeurovisión.com. 15 de decembro de 2010.
- ↑ "CANDY from Georgia win Junior 2011!". Eurovision.tv (en inglés). 3 de decembro de 2011.