Saltar ao contido

Faustino Domínguez Coumes-Gay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFaustino Domínguez Coumes-Gay

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento31 de agosto de 1845 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte17 de xullo de 1900 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiFaustino Domínguez Domínguez Editar o valor en Wikidata

Faustino Domínguez Coumes-Gay, nado na Coruña o 31 de agosto de 1845 e finado na mesma cidade o 17 de xullo de 1900 foi un arquitecto galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo do arquitecto Faustino Domínguez Domínguez e de María Luisa Coumes-Gay, en 1861 ingresou na escola de Arquitectura de Madrid, obtendo o título de arquitecto en 1867.[1] Entre 1868 e 1870 foi arquitecto municipal de Ferrol, antes de volver a Madrid. Casou na Coruña con Sabina de la Cámara Bayou.[1]

En 1879 volveu definitivamente a Galicia, ocupando o posto de arquitecto municipal de Compostela (1879-1887) e provincial da Coruña. En 1890 substituíu o seu pai como presidente da Real Academia Galega de Belas Artes.

A súa obra responde aos estilos historicista e ecléctico. Destacan o instituto[2] e as Escolas da Guarda (1891), a reconstrución do Teatro Rosalía de Castro, as casas de esquina que creou na Coruña, Compostela e Ferrol, e o mercado municipal de Padrón.

Deseñou tamén a fachada que durante cen anos se empregou nos fogos do Apóstolo e a igrexa de Santo André da Coruña (1890), considerado o mellor templo neorrománico de Galicia.[3]

  1. 1,0 1,1 Fernández Fernández, Xosé. Miscelánea coruñesa (en castelán). Librería Arenas. p. 133. 
  2. "42 km, 42 edificios". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 11 de agosto de 2015. 
  3. Navascués Palacio, Pedro; Gutiérrez Robledo, José Luis (setembro de 1990). Medievalismo y neomedievalismo en la arquitectura española. Ávila: Universidad de Salamanca. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]