Domingo Dulce
Nome orixinal | (es) Domingo Dulce, 1st Marquis of Castell-Florite |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (es) Domingo Dulce y Garay 7 de maio de 1808 Sotés, España (pt) |
Morte | 23 de novembro de 1869 (61 anos) Amélie-les-Bains-Palalda, Francia |
Lugar de sepultura | Poblenou Cemetery (en) |
Deputado no Congreso do Sexenio Democrático | |
16 de febreiro de 1869 – 23 de novembro de 1869 – Salustiano Olózaga → Circunscrición electoral: Logroño | |
Governor and Captain General of Cuba (en) | |
4 de xaneiro de 1869 – 12 de xuño de 1869 ← Francisco Lersundi y Hormaechea – Felipe Ginovés Espinar (en) → | |
Governor and Captain General of Cuba (en) | |
14 de agosto de 1862 – maio de 1866 ← Francisco Serrano Domínguez – Francisco Lersundi y Hormaechea → | |
Senador de España | |
17 de marzo de 1859 – 23 de novembro de 1869 Circunscrición electoral: senador vitalicio | |
Capitán xeneral de Cataluña | |
2 de xullo de 1858 – 14 de agosto de 1862 ← Juan Zapatero y Navas | |
Captain General of Aragon (en) | |
18 de xullo de 1856 – 28 de agosto de 1856 ← Antonio Falcón Abellán (en) – José María Marchessi y Oleaga (en) → | |
Deputado das Cortes | |
14 de novembro de 1854 – 2 de novembro de 1856 Circunscrición electoral: Barcelona | |
Capitán xeneral de Cataluña | |
24 de agosto de 1854 – 10 de outubro de 1854 ← Ramón de la Rocha y Duji (pt) – Juan Zapatero y Navas → | |
Actividade | |
Ocupación | político, militar |
Partido político | Unión Liberal |
Carreira militar | |
Rango militar | Xeneral |
Conflito | primeira guerra carlista Segunda Guerra Carlista |
Premios | |
Domingo Dulce y Garay, nado en Sotés (A Rioxa) o 7 de maio de 1808 e finado en Amélie-les-Bains (Francia) o 23 de novembro de 1869). Foi un militar español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ingresou en 1823 no exército coincidindo co final do Trienio liberal e participou na primeira guerra carlista cos militares cristinos e baixo as ordes de Baldomero Espartero a quen lle unía unha profunda amizade, obtendo catro Cruces Laureadas de San Fernando. Froito da amizade con Espartero foi a súa colaboración durante a rexencia deste, sendo persoa destacada para sufocar a revolución de 1841 cando os moderados, con Diego de León e Manuel de la Concha á fronte, trataron de tomar, entre outras accións, o Palacio Real de Madrid e secuestrar á raíña Isabel II.
Xa co grado de xeneral, participou na guerra dos Matiners enfrontándose vitorioso ao lendario militar carlista Ramón Cabrera. Participou na Vicalvarada apoiando, neste caso, a O´Donnell[1] e o seu proxecto de Unión Liberal, así como posteriormente enfrontouse ao alzamento carlista de San Carlos da Rápita, tras cuxo esmagamento obtivo o título de Marqués de Castell-Florite.
Durante a maior parte do tempo dos gobernos da Unión Liberal estivo destinado en Cuba como Capitán Xeneral dados os receos que contra el seguía mantendo O'Donnell, aínda que foi senador de 1858 a 1860. Durante a súa estancia en América destacou pola súa clara vocación abolicionista o que provocou a inimizade dos españois alí asentados e o enfrontamento aberto con Julián de Zulueta.
Ao seu regreso en 1866 participou nas conspiracións que culminaron coa revolución de 1868 e o destronamento da raíña Isabel. Aínda que permaneceu todo o tempo desterrado en Canarias[1] polas sospeitas de colaboración con elementos progresistas, foi un dos asinantes do Manifesto que acompañou á revolución.
O goberno revolucionario provisional nomeouno, de novo, capitán xeneral en Cuba[1] onde decretou a liberdade de imprenta na illa por vez primeira o 9 de xaneiro de 1869. Poucos meses máis tarde, morreu.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Domingo Dulce |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bozal Fernández, Valeriano (1968). Juntas Revolucionarias. Manifiestos y proclamas de 1868. Colección: Divulgación universitaria (en castelán). Madrid: Cuadernos para el diálogo.
- Buxó de Abaigar, Joaquín (1962). Domingo Dulce, general isabelino (en castelán). Barcelona: Editorial Planeta.