Saltar ao contido

En Comú Podem

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «En Comú Podem-Guanyem el Canvi»)
En Comú Podem
Dirixentes e organización
LíderXavier Domènech
Historia
Fundaciónoutubro de 2015
Posicións políticas
IdeoloxíaXustiza social, dereito a decidir, ecoloxismo, catalanismo
Representación
Congreso dos Deputados
12 / 350
Senado de España
4 / 208
Outros datos
Na rede
encomupodem.cat
Ada Colau, líder de Barcelona en Comú, e Xavier Domènech, cabeza de lista de En Comú Podem por Barcelona.
Imaxe utilizada na papeleta electoral para as eleccións xerais de 2015.

En Comú Podem-Guanyem el Canvi (as súas siglas son ECP) (en galego, En Común Podemos-Ganemos o Cambio) é unha coalición electoral de esquerdas formada pola sección de Podemos en Cataluña, Iniciativa per Catalunya Verds, Esquerra Unida i Alternativa, Equo e Barcelona en Comú xurdida en outubro de 2015 co obxectivo de presentarse ás eleccións xerais dese ano nas catro circunscricións electorais de Cataluña. O cabeza de lista por Barcelona foi o historiador Xavier Domènech.[1]

En Comú Podem expuxo establecer unha relación de igual a igual con Podemos polo que tivo como obxectivo ter grupo parlamentario propio e apostar por articular conxuntamente coa formación de Pablo Iglesias os «puntos en común». A formación non descarta entenderse con sectores de ERC, PSC e busca a forma de achegarse á CUP.[2]

Nas eleccións xerais de 2015 presentouse como En Comú Podem e nas eleccións xerais de 2016 presentouse baixo o nome En Comú Podem-Guanyem el Canvi.[3]

Resultados electorais

[editar | editar a fonte]

Nas eleccións xerais de España de 2015 colocouse como primeira forza en Cataluña, con 12 escanos e 927.940 votos (24,74%), sacando case 10 puntos á segunda forza. Por provincias gañou as eleccións en Barcelona (26,91%, nove escanos) e en Tarragona (20,65%, un escano), e foi terceira forza en Xirona (16,26%, un escano) e en Lleida (15,34%, un escano).[4]

Dos 12 deputados obtidos pola coalición, tres corresponden a ICV, dous a Podemos, dous a EUiA, dous a Barcelona en Comú, dous a Procés Constituent, membros á súa vez de Barcelona en Comú e un é independente, sen adscrición máis aló de En Comú Podem. Igualmente, dos catro senadores electos, dous son membros de Podemos, un de ICV e un independente.

  1. "La coalición impulsada por Colau para el 20-D se llamará 'En Comú Podem'". El Periódico de Cataluña. 29 de outubro de 2015. Consultado o 29 de outubro de 2015. 
  2. "Barcelona en Comú aprueba ir a las generales junto a Podem, ICV y EUiA". Público. 28 de outubro de 2015. Consultado o 29 de outubro de 2015. 
  3. "Registradas 12 coaliciones ante la Junta Electoral Central para el 26J". La Razón. 14 de maio de 2016. Consultado o 14 de maio de 2016. 
  4. "Resultados electorales". El País. Consultado o 20 de decembro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]