El diputado
El diputado | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | El diputado |
Director | Eloy de la Iglesia |
Produtor | Carlos Orengo J.A. Pérez Giner |
Guión | Eloy de la Iglesia Gonzalo Goicoechea |
Intérpretes | José Sacristán María Luisa San José Ángel Pardo José Luis Alonso Agustín González Enrique Vivó Queta Claver |
Fotografía | Antonio Cuevas |
Montaxe | Julio Peña |
Estrea | 20 de outubro de 1978 (ES) |
Duración | 108 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Drama |
Na rede | |
El diputado é unha película dramática española de 1978 dirixida por Eloy de la Iglesia e protagonizada por José Sacristán. Foi filmada en Madrid e estreada o 20 de outubro de 1978 en España.
Na súa trama mistúrase a problemática da homosexualidade da época e a turbulenta vida política na España da transición á democracia.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Roberto Orbea é un deputado dun partido de esquerdas nas primeiras eleccións democráticas da transición, que vai ser elixido secretario xeral do seu partido ao día seguinte, e nárranos a súa vida antes de que se desate un escándalo.
Cóntanos como viviu á súa homosexualidade desde os 15 anos, de forma furtiva e reprimida, mentres iniciaba a súa militancia política nos seus tempos de estudante e posteriormente como avogado na época franquista. Casa cunha compañeira de partido, á que non oculta os seus pasados contactos homosexuais, crendo que así se afastaría dunha forma de vida que considera sórdida e marxinal. É detido polo seu activismo político e encarcerado no último período da ditadura.
No cárcere coñece a Nes, un chapero co que mantén relacións sexuais mentres están en presidio e que cando saen dedicarase a presentarlle a outros mozos para citas sexuais clandestinas a cambio de diñeiro. Pouco despois Nes é recrutado por un grupo de ultradereita que contrataba a delincuentes para provocar disturbios e amedrentar á oposición de esquerdas co obxectivo de conseguir a involución.
Unha vez elixido como deputado, Orbea destácase por encabezar unha iniciativa parlamentaria para acabar co terrorismo de tódolos signos, o que lle pon no punto de mira do grupo de ultradereita. Fan un plan para arruinar a súa carreira por medio de Nes. Este preséntalle a un fermoso delincuente menor de idade, Juanito, ao que ofrecerán un millón de pesetas por seducir e facilitarlles fotos comprometedoras co deputado.
Roberto namórase completamente de Juanito e establecen unha relación duradeira, lonxe dos fugaces encontros que levou ata entón, e grazas a el empeza a asumir a súa condición sexual. Integra ao raparigo totalmente na súa vida, ata llo presenta á súa muller. Pola súa banda o mozo tamén se encariña e identifica co deputado e termina confesándolle os plans da organización fascista, para decidiren xuntos seguirlles o xogo para atrapalos. Pero se produce un tráxico desenlace cando o grupo sospeita do mozo e mátano a tiros no apartamento de Orbea, deixando alí o cadáver para comprometer ao deputado.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- José Sacristán — Roberto Orbea.
- María Luisa San José — Carmen.
- Ángel Pardo — Nes.
- José Luis Alonso — Juanito.
- Agustín González — Carrés.
- Enrique Vivó — Sr. Moreno Pastrana.
- Queta Claver — Nai de Juanito.