Demódamas de Halicarnaso
Aparencia
Nome orixinal | (grc) Δημοδάμας |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século IV a. C. Mileto |
Morte | século III a. C. |
Actividade | |
Ocupación | Sátrapa , explorador , historiador |
Período de tempo | Período helenístico |
Lingua | Grego antigo |
Carreira militar | |
Rango militar | Xeneral |
Demódamas ou Demodamante (en grego antigo: Δημοδάμας, en latín: Demodamas), fillo de Arístides, foi un xeneral seléucida e escritor grego nado en Mileto ou, segundo outros, en Halicarnaso.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Serviu como xeneral dos seléucidas na época de Seleuco I Nicátor e Antíoco I Sóter[1], e foi sátrapa de Bactria e Sogdiana. A partir das súas campañas e das súas experiencias escribiu unha obra autobiográfica na que describiu as provincias que gobernou e conquistou, que foi utilizada por numerosos xeógrafos posteriores como Plinio o Vello e Estevo de Bizancio. Ateneo de Naucratis di que tamén escribiu unha obra sobre a cidade de Halicarnaso[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Plinio o Vello, Naturalis Historia, VI 16.
- ↑ Demodamas en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 977