Saltar ao contido

Darklands

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Darklands
Álbum de The Jesus and Mary Chain
Publicado31 de agosto de 1987
Estudio(s)Wessex Studios, Southern Studios, Livingston Studios (Londres)
Duración35:51
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s)Blanco y Negro Records
Producido porWilliam Reid, Bill Price, John Loder
Cronoloxía
Psychocandy
(1985)
Darklands Barbed Wire Kisses
(1988)

Darklands é o segundo álbum da banda escocesa de rock alternativo The Jesus and Mary Chain, publicado o 31 de agosto de 1987 a través do selo Blanco y Negro Records. A diferenza do seu predecesor, neste traballo usáronse caixas de ritmos en lugar do batería Bobby Gillespie, que deixara a banda para seguir unha exitosa carreira como líder de Primal Scream. O álbum é un punto de inflexión na música da banda, indo do noise pop de Psychocandy a un son alternativo máis melódico.

Darklands chegou ao número cinco da lista británica de álbums, a súa posición máis alta ata ese momento.[1] O disco foi incluído no libro 1001 Albums You Must Hear Before You Die.[2]

Máis tarde Primal Scream gravou unha versión da canción principal do álbum como cara b do seu sinxelo de 1998 "If They Move, Kill 'Em".

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por William Reid e Jim Reid

Cara 1
N.º Título Duración
1. "Darklands"   5:29
2. "Deep One Perfect Morning"   2:43
3. "Happy When It Rains"   3:36
4. "Down on Me"   2:36
5. "Nine Million Rainy Days"   4:29
Cara 2
N.º Título Duración
6. "April Skies"   4:00
7. "Fall"   2:28
8. "Cherry Came Too"   3:06
9. "On the Wall"   5:05
10. "About You"   2:31
  1. "Darklands". Official Charts (en inglés). 1987-09-12. Consultado o 2024-08-28. 
  2. "The Jesus and Mary Chain - Darklands - Review - 1001 Albums You Must Hear Before You Die". 1001albumsyoumusthearbeforeyoudie.wikidot.com. Consultado o 2024-08-28.