Saltar ao contido

Crisantemo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Chrysanthemum»)

Os crisantemos son plantas de flor pertencentes ao xénero Chrysanthemum, con arredor de 30 especies, de fanerógamas perennes na familia Asteraceae. Son nativa de Asia e do nordés de Europa. O nome provén do grego χρυσἄνθεμο transl. Krysanthemo (flor de ouro).

É unha planta de tradición de cultivo milenario nos países asiáticos. Cultívase dende hai máis de 2.500 anos na China e é considerada unha das plantas nobres chinesas (as outras son o bambí, a ameixeira e a orquídea). Era o distintivo oficial do exército e unha exclusividade da nobreza.

Foi levada ao Xapón polos budistas. Pola súa semellanza co sol nacente, acabou por se tornar un símbolo do país, inclusive o trono do emperador era coñecido como o "Trono do Crisantemo". Existía a lenda de que un único pétalo da flor, colocado no fondo dunha cunca de viño, traería vida longa e saudábel.

Foi levada para o occidente no século XVII. O nome foille atribuído por Carl von Linné, combinando o prefixo grego chrys-, que significa dourado (a cor das flores orixinais), e -anthemon, que significa flor.

Existen máis de 100 especies e máis de 800 variedades comercializadas no mundo. O seu porte é herbáceo e xeralmente de 1 metro. A súa propagación dáse por espichos e espeques en invernadoiros e alcouves e tamén por sementes, e dá flores o ano enteiro.

Precisa de moita luz, porén, non soporta sol directo. Prefire clima quente e húmido.

O cultivo en Galiza é moi común na xardinaxe e nos cemiterios, sendo consideradas flores da morte e moi empregadas no día de defuntos coma enfeite dos nichos.

As variedades silvestres reciben os nomes comúns de pampillos ou pampullos.

Clasificación do xénero

[editar | editar a fonte]
Sistema Clasificación Referencia
Linné Clase Syngenesia, orde Polygamia superflua Species plantarum (1753)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]