Saltar ao contido

Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «CEMMA»)

Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños
Tipoorganización
Data de fundación1992
SedeNigrán
PaísGalicia
Na rede
http://www.cemma.org/
Facebook: cemmacetaceos Instagram: cemmacetaceos Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Exemplar adulto e cría de golfiño común.
Esta especie é unha das que son obxecto de estudo e protección por parte da CEMMA.

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), é unha ONG galega adicada ao estudo e divulgación dos mamíferos mariños e tartarugas mariñas de Galiza. É membro fundador da Sociedad Española de Cetáceos e membro da European Cetacean Society.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fundada en 1992, participa en diferentes proxectos de investigación sobre cetáceos con institucións estatais e internacionais, ademais de levar a cabo exposicións, conferencias e cursos. Grazas a un convenio asinado coa Xunta de Galicia en 1999, é a única institución responsable da asistencia aos animais varados na costa galega, a xestión do banco de mostras oficial, a recuperación de exemplares feridos, o estudo da poboación das especies que son obxecto da súa atención e a redacción dos plans de xestión daquelas especies cuxo estado de conservación é máis preocupante. En 2010 foi declarada Asociación de Utilidade Pública[1].

Está constituída por socios colectivos e outros socios a título individual. As organizacións ecoloxistas que forman parte da CEMMA son ERVA de Vigo, Asociación Naturalista do Baixo Miño (ANABAM) da Guarda, Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), Asociación Galega para a Defensa Ambiental de Galicia (ADEGA), HÁBITAT da Coruña e o Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES). En canto á afiliación individual ascende a máis de 180 socios. Ademais, dispón dun local propio no concello de Nigrán.

  1. "DOG do 4 de novembro de 2010" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2013. Consultado o 04 de novembro de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]