Bette Midler
Bette Midler, nada en Honolulu (Hawai) o 1 de decembro de 1945, é unha cantante de música pop e unha actriz estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ata os 13 anos non tivo ocasión de ve-la televisión. O seu irmán máis novo padecía dunha discapacidade mental, de forma que os seus pais debían prestarlle atención continua. É probábel que iso influíse para que Midler comezase a actuar, cantar e representar situacións cómicas na casa, co fin de facerse notar perante os seus pais, sentando así as bases da súa futura carreira.
En 1966 Midler interveu na película Hawaii, que se rodou case na súa integridade nas illas. Ó trasladarse o equipo de rodaxe para as escenas finais aos Ánxeles, tivo a idea de ir a Nova York unha vez finalizada a película. Alí respondeu unha invitación ó público para acompañar a produción teatral O violinista no tellado nunha xira nacional, e rematou sendo contratada para a versión da obra que se representaba en Broadway. Actuou durante tres anos nesa obra. A continuación fixo interpretacións musicais e gravou o seu primeiro álbum, que apareceu en 1972 e se converteu nun disco de ouro. Por el Midler conseguiu un Grammy coma mellor cantante novel. O seu segundo álbum tamén tivo unha boa acollida. Naquel ano Midler apareceu na portada da revista Newsweek.
Deseguido Midler participou en varias películas de televisión e de cinema, que pasaron case desapercibidas. Con todo, en 1979 foi a protagonista en The Rose, película na que interpretou o papel dunha cantante rock inspirada en Janis Joplin. A súa actuación foi tan convincente que foi nomeada ó Oscar coma Mellor Actriz Principal. Neses anos recibiu tamén dous premios Emmy da televisión, un por un programa de variedades e outro polo programa Tonight Show, moi popular nos Estados Unidos. Dende entón Midler non deixou de facer películas, aparecer en shows e concertos, e gravar discos. Ata 1999 tiña gañado catro Grammy, tres Emmy e un Tony, ademais de dúas candidaturas ao Oscar.
Como a superestrela que é, sobre todo no ámbito da música, Midler é diferente á maioría das estrelas. É baixa e máis ben grosa, pero ten unha personalidade chea de enerxía, é inqueda e apaixonada, ten moito sentido do humor e é capaz de rir de si mesma, sen darlle importancia á súa condición de persoa famosa. Como cantante realizou concertos que se teñen convertido en auténticos clásicos da música moderna de entretemento, e cuxas gravacións orixinais son gardadas con celo.
Dende os anos 90 Midler involucrouse profundamente en actividades benéficas e de axuda, dende a loita contra a SIDA ata programas para combate-lo analfabetismo de adultos en países pobres. Tamén ten participado en iniciativas para preservar as selvas forestais, polo que en 1997 foi distinguida polo Programa do Medio Ambiente das Nacións Unidas.
Midler casou en 1984 e ten un fillo.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- As mulleres perfectas(2004)
- What Women Want(2000)
- Isn't She Great (2000)
- Drowning Mona (2000)
- Fantasia 2000 (1999)
- That Old Feeling (1997)
- The First Wives Club (1996)
- Hocus Pocus (1993)
- Scenes from a Mall (1991)
- For the Boys (1991)
- Stella (1990)
- Beaches (1988)
- Big Business (1988)
- The Lottery (1987)
- Outrageous Fortune (1987)
- Ruthless People (1986)
- Down and Out in Beverly Hills (1986)
- Blackjack (1982)
- Divine Madness! (1980)
- The Rose (1979)
- The Thorn (1974)
Discografía
[editar | editar a fonte]- Bette Midler Sings The Rosemary Clooney Songbook (2003)
- Experience the Divine Bette Midler (2002)
- Songs for the New Depression (reedición)
- Bette (2000)
- Live at Last (1999)
- Bathhouse Betty (1998)
- That Old Feeling (1997) (Banda sonora)
- Thighs and Whispers (reedición)
- Broken Blossom (1995)
- For the Boys (1991) (Banda sonora)
- Beaches (1990)
- The Rose (1979) (Banda sonora)
- Bette Midler (1973)
- The Divine Miss M (1972)
Premios
[editar | editar a fonte]Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
1991 | Oscar á mellor actriz | For the Boys | Candidata |
1979 | Oscar á mellor actriz | The Rose | Candidata |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2000 | Globo de Ouro á mellor actriz de serie de TV - Comedia ou musical | Bette | Candidata |
1993 | Globo de Ouro á mellor actriz - Miniserie ou telefilme | Gypsy | Gañadora |
1991 | Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musical | For the Boys | Gañadora |
1987 | Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musical | Outrageous Fortune | Candidata |
1986 | Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musical | Down and Out in Beverly Hills | Candidata |
1980 | Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musical | Divine Madness | Candidata |
1979 | Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musical | The Rose | Gañadora |
1979 | Globo de Ouro á nova estrela do ano - Actriz | The Rose | Gañadora |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bette Midler |