Saltar ao contido

Anatolii Karpov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Anatoli Karpov»)
Modelo:BiografíaAnatolii Kárpov

Anatoli Evguenevich Karpov
Biografía
Nacemento23 de maio de 1951 (73 anos)
Unión Soviética Zlatoust
Deputado da Duma Estatal
12 de outubro de 2021 –

Deputado da Duma Estatal
5 de outubro de 2016 – 12 de outubro de 2021

Deputado da Duma Estatal
21 de decembro de 2011 – 5 de outubro de 2016

Datos persoais
País de nacionalidade Rusa
EducaciónEconomics Faculty of Saint Petersburg State University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Moscova Editar o valor en Wikidata
OcupaciónXogador de xadrez
EmpregadorUniversidade Estatal de San Petersburgo Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista da Unión Soviética Editar o valor en Wikidata
Membro de
Nacionalidade deportivaRusia
Unión Soviética Editar o valor en Wikidata
Deportexadrez Editar o valor en Wikidata
Título de xadrecistaMaster of Sport of USSR in Chess (en) Traducir (1966)
Mestre Internacional (1969)
Grande Mestre de Xadrez (pt) Traducir (1970)
FIDE Senior Trainer (en) Traducir (2009) Editar o valor en Wikidata
Puntos ELO (màx.)2.780 (1994)<
Identificador FIDE4100026 Editar o valor en Wikidata
Participou en
1988Olimpíada de xadrez de 1988 (pt) Traducir
1986Olimpíada de xadrez de 1986 (pt) Traducir
1982Olimpíada de xadrez de 1982 (pt) Traducir
1980Olimpíada de xadrez de 1980 (pt) Traducir
1974Olimpíada de xadrez de 1974 (pt) Traducir
1972Olimpíada de xadrez de 1972 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteLentapedia (full versions) (en) Traducir
Lentapedia
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Карпов Анатолий Евгеньевич) Editar o valor en Wikidata
Páxina webaekarpov.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0440024 Allocine: 35537 Allmovie: p119946
Facebook: officialKarpov Twitter: karpovanatolye Instagram: karpov.chess.official BNE: XX995700 Editar o valor en Wikidata


Anatolii Evguenevich Karpov, nado o 23 de maio de 1951 en Zlatoust, é un xadrecista profesional ruso. Foi Campión do mundo de xadrez no período 1975-1985 e, para a FIDE, no 1993-1999. En abril de 2007, na lista da FIDE, ocupaba o posto 39º do mundo cun Elo de 2668 e número 11 de Rusia. O seu mellor Elo é de 2780, logrado en xullo de 1994.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Karpov gañou o Campionato da URSS de xadrez, en 3 ocasións, nos anos 1976 e 1983 en solitario, e en 1988 compartindo o primeiro posto con Garry Kasparov. A súa carreira foi exitosa desde moi cedo. Converteuse no mestre nacional máis novo da Unión Soviética en 1966 aos 15 anos de idade, e en 1969 gañou o campionato mundial xuvenil.

Foi nomeado Mestre do Deporte da URSS en 1966, Mestre Internacional en 1969 e, ao ano seguinte, obtivo a norma de Gran Mestre Internacional.

Os seguintes anos viron unha rápida consolidación, e en 1973 obtivo o segundo lugar no campionato soviético e o primeiro no torneo internacional de Leningrado, o que lle deu dereito a participar nos matches de candidatos. Tras vencer en cuartos de final a Lev Polugaevski, debeu enfrontarse ao ex-campión mundial Boris Spassky, a quen derrotou, convincentemente e contra todo prognóstico, por 4-1 (as táboas non contaban). Na final derrotou a Viktor Korchnoi por un estreitísimo 12.5-11.5.

O anterior deulle o dereito a enfrontarse a Robert Fischer pola coroa mundial, pero a renuncia do estadounidense a defender o seu título converteuno en 1975 no 12º campión mundial sen necesidade de xogar un match. Esta situación levouno a probar que era efectivamente o xogador máis forte do mundo, e non un campión de papel, obxectivo que cumpriu con pleno éxito defendendo o seu título en 1978 (en Baguio) e 1981 (en Merano) ante Viktor Korchnoi con resultados de 6-5 e 6-3 respectivamente (as táboas non contaban). Ademais gañou innumerables torneos e foi o líder indiscutido ata a aparición de Garri Kasparov, con quen se enfrontaría durante máis dunha década nunha rivalidade tan forte e apaixonante como poucas na historia do deporte. En 1984 debeu defender o seu título contra el, e tras unha polémica cancelación (tras liderar 5-0 o aspirante achegouse a 5-3 pero o match prolongouse máis de tres meses) mantívose como campión ata 1985, ano en que foi batido por Kasparov. Tras este perdeu tres apretadísimos encontros: En Leningrado 1986 por 12.5-11.5, en Sevilla 1987 12-12 (o campión Kasparov mantiña o título en caso de empate) e en Nova York-Lión 1990 12.5-11.5. Recuperou o título en 1993 nun match contra Jan Timman en Yakarta tralo cisma no cumio do xadrez mundial que creou dous campionatos do mundo, ao separarse Kasparov da Federación Internacional para crear a Asociación Profesional de Xadrez. Este novo título, no entanto, non se equiparaba ao que ostentou ata 1985, precisamente polo ambiente dividido en que se xera, e a que Kasparov continuaba ostentando o número un da clasificación. De calquera xeito, defendeu o seu título novamente en 1998 contra Viswanathan Anand, nun disputado e axitado match.

Nesta época considérase o seu maior éxito a súa actuación no Torneo de Linares 1994, o torneo máis forte da historia ata ese momento, e onde se impuxo cunha marxe de 2.5 puntos sobre os segundos (Kasparov e Xírov). O seu resultado de 11/13 nun torneo de media ELO 2685 é o máis forte rexistrado na historia (se se exceptúa o 11/11 de Fischer no campionato dos Estados Unidos 1963-1964 que cualifica como "infinito", pero contra unha oposición de nivel moitísimo menor).

Logo das actuacións referidas de 1994 e 1998, que se consideran dignas da súa calibre aínda, o ex-campión mundial segue xogando activamente, pero non no altísimo nivel que antes mantiña. Finalmente ata se negou a defender o seu título da FIDE por incompatibilidade de opinións, e pouco a pouco afastouse dos primeiros postos da clasificación oficial. Pero mantén un alto nivel, e segue participando especialmente en torneos de xadrez rápido, nos cales non amosa declive.

Para finalizar, Karpov tamén realizou outro tipo de actividades importantes, como poden ser: Deputado do Congreso de Rusia, Presidente do Fondo Internacional para a Paz e Presidente da Comisión para os damnificados de Chernóbil.

Anterior:
Bobby Fischer
Campión do mundo de xadrez
1975–1985
Seguinte:
Garry Kasparov
Anterior:
Garry Kasparov
Campión do mundo de xadrez da FIDE
1993–1999
Seguinte:
Alexander Khalifman