Saltar ao contido

NBA All-Star Weekend

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «All-Star Weekend da NBA»)
All Star Weekend no Air Canada Centre, Toronto 2016

O All Star Weekend da NBA (en inglés, Fin de Semana das Estrelas), é un acontecemento deportivo celebrado nos Estados Unidos, no que se reúnen os mellores xogadores de baloncesto da NBA.

All-Star Game

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: NBA All-Star Game.

O All-Star Game da NBA (partido das estrelas) é un partido de baloncesto de enfronta aos mellores xogadores da NBA da Conferencia Leste contra os da Conferencia Oeste. O All-Star Game comezou no ano 1951 en Boston, onde se celebraron os tres primeiros partidos. Os derradeiros partidos e os seguintes sitúanse en:

Eventos do All-Star Weekend

[editar | editar a fonte]
  • NBA All-Star Weekend Celebrity Game: Faise dende 2004, e xogan xogadores da NBA retirados, xogadoras da WNBA, actores, músicos e atletas doutros deportes.
  • Rookie Challenge: De 1995 a 1999, o evento foi chamado "Rookie Game", e se compoñía soamente de xogadores de primeiro ano. Dende o ano 2000, o partido enfronta aos xogadores de primeiro ano ('Rookies') contra os de segundo ano ('Sophomores').
  • D-League Dream Factory Friday Night: Dende 2008, os eventos inclúen un concurso de mates, concurso de triplas, e competición de H-O-R-S-E.
  • D-League All-Star Game: Dende 2007, este partido reúne aos mellores xogadores da NBA Development League. O primeiro gañador foi o Leste cun marcador de 114-100. O D-League All-Star Game non se xoga no mesmo pavillón que o resto de eventos do sábado.
  • Slam Dunk Contest: Esta competición amosa a creatividade e as habilidades atléticas dalgúns dos máis novos e mellores 'mateadores'. As regras específicas de cada concurso se deciden cada ano, pero a competición é sempre xulgada subxectivamente. Despois de cada mate, ou intento de mate, os xuíces danlle a cada competidor unha nota, como máximo 10, dando unha posibilidade dunha máxima puntuación de 50, ao ser cinco xuíces. As regras usuais de pasos ou dobres non se aplican.
  • Three-Point Shootout: Os mellores triplistas de toda a liga lanzan cinco balóns dende cinco posicións diferentes ao redor da liña de tres puntos. Cada lanzamento anotado outorga un punto, excepto a última bola, que da dous puntos. A máxima puntuación posible nunha rolda son 30 puntos.
  • Skills Challenge: Dende 2003, os xogadores seleccionados fan un circuíto de driblaxe, lanzamento e pase. A axilidade, a rapidez e a precisión son o factor máis importante para completar o circuíto no mínimo tempo posible.
  • Shooting Stars Competition: Un ex xogador da NBA, un xogador actual e unha xogadora da WNBA, representan aos seus equipos nunha competición de tiro.