Saltar ao contido

Niceto Alcalá-Zamora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Alcalá Zamora»)
Modelo:BiografíaNiceto Alcalá-Zamora

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Niceto Alcalá Zamora y Torres Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xullo de 1877 Editar o valor en Wikidata
Priego de Córdoba, España Editar o valor en Wikidata
Morte18 de febreiro de 1949 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de La Almudena Editar o valor en Wikidata
Presidente da Segunda República Española
10 de decembro de 1931 – 7 de abril de 1936 – Manuel Azaña →
Deputado nas Cortes republicanas
20 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: Xaén
Deputado nas Cortes republicanas
9 de xullo de 1931 – 21 de agosto de 1931 – Basilio Paraiso Labad (en) Traducir →

Circunscrición electoral: Zaragoza (province) (en) Traducir
Presidente do Consello de Ministros
14 de abril de 1931 – 14 de outubro de 1931
← Juan Bautista Aznar-CabañasManuel Azaña →
Q55912154 Traducir
abril de 1931 – outubro de 1931
← Juan Bautista Aznar-CabañasManuel Azaña →
Ministro da Guerra
7 de decembro de 1922 – 26 de maio de 1923
← José Sánchez GuerraLuis Aizpuru y Mondéjar →
Ministro da Guerra
decembro de 1922 – maio de 1923
← José Sánchez GuerraLuis Aizpuru y Mondéjar →
Ministro de Fomento de España
3 de novembro de 1917 – 22 de marzo de 1918
← Luis Marichalar y Monreal (pt) TraducirFrancesc Cambó →
Concelleiro de Madrid
Undersecretary of the Ministry of the Interior (en) Traducir
Deputado das Cortes
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Granada Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, diplomático, xurista, avogado Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Liberal Fusionista
Derecha Liberal Republicana Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
FillosNiceto Alcalá-Zamora y Castillo Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Алькала Самора-и-Торрес Нисето)
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1720002 Dialnet: 281727 Find a Grave: 7288733 Editar o valor en Wikidata

Niceto Alcalá Zamora y Torres, nado en Priego de Córdoba o 6 de xullo de 1877 e finado en Buenos Aires o 18 de febreiro de 1949, foi un político e avogado español, que foi o primeiro presidente da Segunda República Española.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Avogado de gran prestixio e sona, iniciou a súa carreira política dende moi cedo militando no Partido Liberal, dirixido daquela polo conde de Romanones.[1] Foi deputado en 1905 e 1907 e subsecretario de gobernación. Máis tarde pasou ao sector demócrata impulsado por Manuel García Prieto,[1] e no goberno deste, foi nomeado Ministro de Fomento e Ministro da Guerra (1922).

Foi tamén representante de España na Sociedade de Nacións. Opositor da ditadura de Miguel Primo de Rivera, o 13 de abril de 1930, pronunciou un discurso moi violento contra a monarquía, á cal lle retirou o seu apoio e confianza, e dende alí propuxo unha república conservadora, burguesa, e que se apoiara nas clases medias e nos intelectuais.

O goberno provisional

[editar | editar a fonte]

Conxuntamente con Miguel Maura e o seu partido Derecha Liberal Republicana, representou ao republicanismo conservador no Pacto de San Sebastián co fin de impulsar un movemento popular que derrotara á monarquía e instaurara a república. Do Pacto de San Sebastián xurdiu o comité encargado de dirixir a acción republicana en España. Alcalá-Zamora foi elixido o seu presidente.

O día 12 de decembro de 1930 tiveron lugar os sucesos de Jaca, cando os capitáns Galán e García Hernández proclamaron a República nesa poboación, e emprenderon unha marcha cara Huesca, pero vencidos polas forzas gobernamentais, foron xulgados e executados. Tamén se sublevaron no aeródromo de Cuatro Vientos o comandante Ramón Franco e o xeneral Queipo de Llano, pero como non os apoiaron fuxiron a Portugal en avión. Os líderes das forzas antimonárquicas, parte do comité, entre eles Alcalá-Zamora, foron detidos polo Goberno. O xuízo público, celebrado en marzo de 1931, condenounos a seis meses e un día de cárcere, que foron substituídos por liberdade condicional.

A difícil situación na que entraba España, tras a dimisión do presidente Berenguer en febreiro de 1931, o rei encargoulle ao almirante Aznar a formación do goberno. O día 18 presentou o novo executivo formado na súa totalidade por ministros monárquicos. O día 12 de abril, celebráronse eleccións municipais e o resultado foi de 22150 concelleiros monárquicos e 5775 republicanos; porén en 41 das 50 capitais de provincia gañaron os republicanos, que no cómputo total conseguiran máis votos pois era maior o número de votos necesarios para ser concelleiro na cidade que no rural. Afonso XIII, partidario fronte a algún dos seus ministros de que non houbera enfrontamentos, exiliouse ante o ultimato do Comité Revolucionario presidido por Alcalá-Zamora. Este, que tiña dende o primeiro momento o apoio popular e tamén o da Garda Civil, comandada polo xeneral Sanjurjo, converteuse no presidente do goberno provisional. Este novo goberno proclamou a Segunda República o 14 de abril de 1931.

Nacemento da II República

[editar | editar a fonte]

O 15 de abril o goberno publicou un programa de actuación baseado nos acordos de San Sebastián. Foi anunciada a reforma agraria, liberdade de cultos e crenzas, respecto á propiedade privada, responsabilidades aos colaboradores da ditadura, aumento das liberdades individuais e sindicais etc.

Cando apenas accedeu ao poder, o goberno tivo que enfrontarse á proclamación da república catalá e aos sucesos anticlericais do mes de maio, tamén tivo moitos problemas coas organizacións anarquistas que lle negaron o apoio á república.

Por estes sucesos, o seu goberno foise decantando a un republicanismo máis de esquerdas liderado por Manuel Azaña, postura que claramente se reflectiu na nova Constitución. A cuestión clerical enfrontou de novo a republicanos conservadores con republicanos esquerdistas, socialistas e radicais, e finalmente Alcalá-Zamora e Maura abandonan o goberno.

Temendo que Zamora emprendera unha campaña revisionista e de desprestixio contra a república, socialistas e azañistas ofrecéronlle a presidencia do Goberno, cargo para o que foi elixido o 2 de decembro. Xurou o cargo o 11 de decembro de 1931.

Primeiro presidente da República

[editar | editar a fonte]

Alcalá-Zamora era un home autoritario e convencido da súa misión, dende o primeiro momento tratou de intervir nos asuntos do goberno. Por esta razón quedou apartado do papel que lle correspondía, compensar o xacobismo do seu primeiro ministro Manuel Azaña.

A idea do presidente era incorporar á dirección de España as novas forzas xurdidas despois da Restauración e contidas polos últimos borbóns. Esta apertura debía de facerse pola vía pacífica e parlamentaria. O 14 de abril de 1931 pareceu darlle a razón, pero a partir dese momento os sucesos indicáronlle que a realidade non correspondía cos seus soños.

Problemas con Azaña

[editar | editar a fonte]

Non é de estrañar que o presidente tivera malas relacións co seu goberno. Esta situación quedou ao descuberto cando Azaña presentou para a súa ratificación a Lei de Congregacións - lei de secularización da ensinanza - e a Lei do Tribunal de Garantías Constitucionais, que completaban a Constitución de 1931. Alcalá-Zamora resistiu ao máximo para firmar as leis, pero non se atreveu a vetalas.

Pouco despois, con ocasión dun reaxuste de goberno, as diferenzas volveron a xurdir e Azaña dimitiu con todo o seu executivo. Tras varias consultas que non chegaron a bo porto, Alcalá-Zamora volveu nomear como presidente do seu gabinete a Azaña, feito que desilusionou aos conservadores.

Este novo goberno de Azaña (o terceiro), non tivo o apoio das Cortes, polo que en setembro dimitiu. Alcalá-Zamora disolveu as Cortes e, despois dun curtísimo mandato radical Alejandro Lerroux, encargoulle ao radical Diego Martínez Barrio a concorrencia a novas eleccións (8 de outubro de 1933).

A súa caída

[editar | editar a fonte]

Por maioría absoluta gañaron as esquerdas agrupadas no Frente Popular. Se isto era unha derrota para as dereitas, máis o era para Alcalá-Zamora. Azaña foi encargado para formar goberno.

Moi cedo comezaron os socialistas unha campaña contra Alcalá-Zamora, ao que non perdoaban a súa actitude. Abriuse un debate nas cortes sobre a inconstitucionalidade sobre a última disolución das mesmas, se a maioría consideraba que se cometeu unha irregularidade, o presidente podería ser destituído.

A controversia produciuse cando a nova maioría das Cortes, considerando que esta era a segunda disolución axuízan a actuación do Presidente e ditaminan que a disolución producírase con moito atraso, polo cal o presidente tería que ser destituído.

Non obstante, había quen opinaba que esta era a primeira disolución, xa que a anterior (a de 1933) non debía de contarse ao tratarse das Cortes Constituíntes, as que elaboraran a Constitución, e polo tanto eran anteriores a ela. Finalmente por 238 votos a favor e 5 en contra, o presidente foi destituído.

Despois de dúas semanas nas que se fixo cargo da Xefatura do Estado Diego Martínez Barrio, na súa calidade de presidente das Cortes, foi substituído por Manuel Azaña o 11 de maio de 1936.

Últimos anos

[editar | editar a fonte]
Alcalá-Zamora en Buenos Aires en 1942.

O inicio da guerra civil sorprendeuno nunha viaxe a Escandinavia. Decidiu non regresar a España cando soubo, segundo conta nas súas memorias, reescritas durante o seu exilio, de que milicianos do Frente Popular entraran ilegalmente no seu domicilio, roubándolle as súas pertenzas, e roubando a súa caixa de seguridade situada no banco Crédit Lyonnais en Madrid. Fixou a súa residencia en Francia onde tamén o sorprendeu a segunda guerra mundial.

Tras pasar por múltiples penalidades, saíu de Francia e tras unha penosa viaxe de 441 días chegou a Arxentina en xaneiro de 1942.

Non volveu a España durante o réxime franquista, aínda que se lle fixo algún ofrecemento, xa que un fillo seu estaba casado cunha filla do xeneral Queipo de Llano. O seu cadáver foi repatriado a España en 1979 e foi enterrado no cemiterio da Almudena en Madrid.

  1. 1,0 1,1 Raguer Suñer (1994), p. 68

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Casas Sánchez, José Luis (2006). Niceto Alcalá-Zamora y Torres (1877–1949). Carcabuey (Córdoba): Mancomunidad de la Subbética. ISBN 84-611-2331-X
  • Lozano González, Carlos (2018). Crónica de una caída: La destitución de Alcalá Zamora. Berlín: Editorial Académica Española. ISBN 978-613-9-11311-8
  • Robles Muñoz, Cristóbal (2012). «Alcalá Zamora: un republicano demócrata y un cristiano». Hispania Sacra (Madrid: Consejo Superior de Investigaciones Científicas) 64 (Extra I): 69-148. ISSN 1988-4265.
  • Raguer, Hilari (1995). El general Batet (en catalán) (4ª ed.). Barcelona: Publicación de l'Abadía de Montserrat. ISBN 84-7826-527-9. 
  • Villarroya, Joaquín Tomás (1987). La destitución de Alcalá-Zamora. Madrid: Fundación Universitaria San Pablo-CEU. ISBN 84-600-5280-X
  • Zaragoza, Cristóbal (1987). El Presidente. Barcelona: Plaza & Janés. ISBN 84-01-38112-6

Outros artigos

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Ninguén
(Reinado de Afonso XIII)
 
Segunda República Española
Presidente da República Española
 
1931 - 1936
Sucesor:
Manuel Azaña