Saltar ao contido

Alan Ladd

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlan Ladd

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(mul) Alan Walbridge Ladd Editar o valor en Wikidata
3 de setembro de 1913 Editar o valor en Wikidata
Hot Springs, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte29 de xaneiro de 1964 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Palm Springs, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental
suicidio, edema
sobredose Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park Editar o valor en Wikidata
ResidenciaPasadena (1920–)
Oklahoma City (1918–1920)
Hot Springs (pt) Traducir (1913–1918)
Hollywood
Palm Springs (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola Preparatoria de North Hollywood
Escola Preparatoria de Hollywood Editar o valor en Wikidata
Altura168 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de cinema, actor de dobraxe, actor de televisión, produtor de cinema, produtor de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1932 Editar o valor en Wikidata - 1964 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoWéstern Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarForzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos Editar o valor en Wikidata
Conflitosegunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo de pista e campo (pt) Traducir
natación
Salto ornamental Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeSue Carol (1942, 1942–1964)
Midge Harrold (1936–) Editar o valor en Wikidata
FillosAlan Ladd Jr.
 () Midge Harrold
Alana Ladd
 () Sue Carol
David Ladd
 () Sue Carol Editar o valor en Wikidata
PaisAlan Ladd Editar o valor en Wikidata  e Ina Raleigh Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webcmgww.com… Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000042 Allocine: 3785 Allmovie: p39951 8828
BNE: XX1564436 Discogs: 2589291 WikiTree: Ladd-834 Find a Grave: 595 Editar o valor en Wikidata

Alan Walbridge Ladd, nado o 3 de setembro de 1913 e finado o 29 de xaneiro de 1964, foi un actor estadounidense de cine negro, cine bélico e western. Fíxose célebre polo seu talante pouco expresivo en escena e por ser máis ben de pouca estatura (arredor de 1,65 m). Na maioría das películas que protagonizou representou ou ben o típico heroe americano ou algún malvado non exento de principios. Ás veces aparecía como "Allan Ladd" nos créditos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ladd naceu en Hot Springs, Arcansas, fillo de inmigrantes ingleses. Nos inicios da súa carreira facía pequenos papeis no cine, como o de periodista en Cidadán Kane, de Orson Welles (1941). No ano seguinte adquiriu grande notoriedade polo seu personaxe de asasino sensible en This gun for hire, xunto a Veronica Lake. Ao ser dita actriz tamén miúda, os estudos reuniron á parella noutras producións populares, como The Glass Key, The Blue Dahlia e Saigon.

A Ladd chegoulle o estrelato polo seu papel de pistoleiro entrañable no western clásico Raíces profundas (1953), con Jean Arthur e Van Heflin. Ladd foi escolleito 3 veces na lista Quigley 10 de estrelas do ano (anos 1947, 1953 e 1954). En 1954 protagonizou canda Peter Cushing, Patrick Troughton e outros veteranos actores británicos, a película de dita nacionalidade O cabaleiro negro, facendo, cousa rara nel, de cabaleiro medieval farfallán.

Ladd traballou tamén na radio, ma serie Box 13. Esta serie funcionou de 1948 a 1949 e foi producida pola propia compañía do actor, Mayfair Productions.

Alan Ladd estivo casado coa ex actriz de cine mudo Sue Carol, que era tamén a súa representante. A actriz Jordania Ladd é neta súa. Ladd tivera un fillo, Alan Ladd, Jr., coa súa primeira esposa, Midge Harrold; Alan Ladd Jr. fíxose executivo e produtor cinematográfico, fundando a Ladd Company. Outro fillo do actor, David Ladd, casou coa actriz protagonista da serie Charlie's Angels, Cheryl Ladd.

Alan Ladd morreu en Palm Springs (California), dunha sobredose de alcol e barbitúricos, en 1964, no que se considerou un probable suicidio. Foi inhumado no Forest Lawn Memorial Park Cemetery, de Glendale, no condado dos Ánxeles.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Alan Ladd en The Man in the Net
  • The Carpetbaggers, como Nevada Smith – 1964 (último filme)
  • 13 West Street, como Walt Sherill – 1962
  • Orazi e curiazi, Horatius – 1961
  • One Foot in Hell, Mitch – 1960
  • All the Young Men, Kincaid – 1960
  • Guns of the Timberland, Jim Hadley – 1960
  • The Man in the Net, John Hamilton -1959
  • Arizona, prisión federal, Peter Van Hoek – 1958
  • O rebelde orgulloso, John Chandler – 1958
  • The Deep Six, Alec Austen – 1958
  • A serea e o delfín, Dr. James Calder – 1957
  • The Big Land, Chad Morgan – 1957
  • A Cry in the Night- 1956
  • Santiago, Cash Adams – 1956
  • The McConnell Story, Capt. Joseph C. McConnell, Jr. – 1955
  • Hell on Frisco Bay, Steve Rollins – 1955
  • Drum Beat, Johnny MacKay – 1954
  • O cabaleiro negro, John – 1954
  • Saskatchewan, O’Rourke – 1954
  • Hell Below Zero, Duncan Craig – 1954
  • The Red Beret – 1953
  • Raíces profundas – 1953
  • Desert Legion, Paul Lartal – 1953
  • Botany Bay, Hugh Tallant – 1953
  • Thunder in the East, Steve Gibbs – 1952
  • The Iron Mistress, Jim Bowie – 1952
  • Red Mountain, Capt. Brett Sherwood – 1951
  • Appointment with Danger, Al Goddard – 1951
  • Branded, Choya – 1950
  • Captain Carey, U.S.A., Webster Carey – 1950
  • Chicago Deadline, Ed Adams – 1949
  • The Great Gatsby, Jay Gatsby – 1949
  • Eyes of Hollywood – 1949
  • Smith o silandeiro, Luke Smith – 1948
  • Beyond Glory, Capt. Rockwell Gilman – 1948
  • Saigon, Maj. Larry Briggs – 1948
  • Wild Harvest, Joe Madigan – 1947
  • Calcutta, Neale Gordon – 1947
  • Morena e perigosa, Sam McCloud – 1947
  • O.S.S., Philip Masson/John Martin – 1946
  • The Blue Dahlia, Johnny Morrison – 1946
  • Two Years Before the Mast, Charles Stewart – 1946
  • Salty O'Rourke, Salty O’Rourke – 1945
  • And Now Tomorrow, Doctor Merek Vance – 1944
  • China, Mr. Jones – 1943
  • Letter from a Friend – 1943
  • Lucky Jordan, Lucky Jordan – 1942
  • The Glass Key, Ed Beaumont – 1942
  • This Gun for Hire, Philip Raven – 1942
  • Joan of Paris, Baby – 1942
  • Military Training – 1941
  • Cadet Girl – 1941
  • Great Guns – 1941
  • They Met in Bombay – 1941
  • The Reluctant Dragon – 1941
  • Paper Bullets – 1941
  • The Black Cat, Richard Hartley – 1941
  • Cidadán Kane – 1941
  • Petticoat Politics, – 1941
  • I Look at You – 1941
  • Her First Romance, John Gilman – 1940
  • Victory, Heyst aos 18 amos – 1940
  • Meet the Missus, novio da novia de Higgins - 1940
  • Captain Caution, Newton – 1940
  • The Howards of Virginia, veciño – 1940
  • Wildcat Bus – 1940
  • Those Were the Days!, Keg Rearick – 1940
  • Cross-Country Romance, Mr. Williams – 1940
  • Gangs of Chicago – 1940
  • In Old Missouri, fillo do propietario – 1940
  • The Light of Western Stars, Danny – 1940
  • Brother Rat and a Baby, cadete – 1940
  • The Green Hornet, Gilpin – 1940
  • American Portrait, novo/vello – 1940
  • Blame It on Love – 1940
  • Meat and Romance, Bill – 1940
  • Unfinished Rainbows, Charles Martin hall – 1940
  • Rulers of the Sea, Colin Farrell – 1939
  • Hitler - Beast of Berlin, el mesmo – 1939
  • The Mysterious Miss X, Henchman – 1939
  • Freshman Year, estudante – 1938
  • Come On, Leathernecks!, camareiro – 1938
  • The Goldwyn Follies, cantante – 1938
  • Hold 'Em Navy, oficial de mariña – 1937
  • All Over Town, mozo – 1937
  • Souls at Sea, mariñeiro – 1937
  • The Last Train from Madrid, soldado – 1937
  • Pigskin Parade, Student – 1936
  • Saturday's Millions, estudante – 1933
  • Island of Lost Souls – 1933
  • Once in a Lifetime, – 1932
  • Tom Brown of Culver – 1932

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]