Arroba
@ |
---|
Arroba |
Signos ortográficos |
punto ( . ) coma ( , ) |
Outros signos auxiliares |
antilambda ( < > ) antígrafo ( ¶ ) |
@ (lido arroba) é o símbolo empregado para representar a unidade de masa chamado arroba. Unha arroba equivale a un cuarto de quintal e vén do mozárabe, que foi prestado do árabe الربع (ar-rubʿ, cuarta parte, (á súa vez da mesma orixe que o hebreo arba, 4), un cuarto de quintal, é dicir 25 libras, masa equivalente a 11 os 15 kg segundo as zonas[1]. Tamén se emprega en informática para indicar "en" (at en inglés) nos enderezos de correo electrónico e outros servizos en liña que usan o formato usuario@servidor .
En lingua inglesa úsase como substituto da preposición «at», como na frase: «100 psi @ 2000 rpm» (100 libras por polgada cadrada a 2000 revolucións por minuto).
En construción úsase na interpretación de planos, o que significa "a cada" para expresar cantidades (por exemplo, 5 varas @ 0.20 m. ou a cada 20 centímetros).
Historia
[editar | editar a fonte]A súa orixe está nunha ligadura, primeiro caligráfica e despois tipográfica, representando na tradición paleográfica anglosaxoa a preposición latina ad ou, segundo outras fontes, a conxunción at. Dentro do código ASCII, é representado polo número 64.
O xornal británico The Guardian informou de que algúns investigadores italianos encontraran a primeira representación escrita deste símbolo. Apareceu nunha carta enviada por un comerciante italiano en 1536, desde Sevilla a Roma, describindo a chegada de tres barcos cargados de tesouros procedentes de América: Así, unha @ de viño, que é 1 / 13 dun barril, é 70 ou 80 ducados.... Non obstante, investigacións do historiador aragonés Jorge Romance encontraron o símbolo @ na taula de Ariza de 1448, nunha entrada de millo miúdo no Reino de Aragón.[2] En galego e portugués dise «arroba», pero outras linguas empregan expresións máis descritivas que se refiren á espiral final ou a súa suposta semellanza coa cola dun animal:
- en afrikaans, «cola de mono» (aapstert).
- en alemán utilízase at-Zeichen [3] aínda que existen formas populares como Klammeraffe (cola de mono).
- en aragonés, arredol (arredor) e tamén «arroba».
- en belaruso, «caracol» (ślimak).
- en búlgaro, «moniño» (majmunsko).
- en catalán, arrova ou rova [4] Tamén se utilizan ou utilizaron popularmente formas como ensaïmada [5] ou caragol (caracol) [6]
- en coreano, «caracol acuático» (gol-baeng-i ou dalpaengi).
- en checo e eslovaco, «arenque» (zavináč).
- en chinés (putonghua), «ratiño» (xiao lao shu) ou «marca de rato» (lao shu hao).
- en danés, «a - con - trompa» (snabel-a).
- en esperanto, «mono araña» (atelo), «caracol» (heliko), «signo de cantidade exacta» (po-signo) ou «a envolta» (volvita a)
- en estoniano, «marca comercial» (kommerstsmärk).
- en éuscaro, «a envolta» (a bildua).
- en finés, ás veces «cola de gato» (kissanhäntä) ou «marca miau» (miukumauku), pero usualmente ät-merkki ou at-merkki
- en francés, «a comercial» (a commerciale, pouco común. Usualmente arobase).
- en frisio, «cola de mono» (apesturtsje).
- en grego, «patiño» (papi ou to papáki).
- en hebreo, «torta alemá con remuíño» (s (h) trudel).
- en holandés, «cola - de - mono» (apenstaartje).
- en húngaro, «larva» (kukac).
- en italiano, «caracol» (chiocciola).
- en lituano, «comercial et» (at comercial).
- en noruegués, «alfa enroscado» (alfa-krøll).
- en polaco, «mono», (małpa).
- en portugués, arroba.
- en romanés, «cola de mono» (coada de maimuta).
- en ruso, «can» (sobachka).
- en serbio, «mono» (majmun) ou «a louco» (ludo a).
- en sueco dise «a con trompa (de elefante)» (snabel a).
- en turco, «a con cola» (kuyruklu a).
- en yiddish, «strudel».
- en xaponés, «marca de at (referíndose á at inglesa)» (atto maaku).
Uso informático
[editar | editar a fonte]En 1971 Ray Tomlinson procurou un símbolo para separar o nome da persoa do lugar onde estaba. Algunhas máquinas de escribir, desenvolvidas a partir de 1884, incluían este sinal (como Lambert fabricada en 1902) debido ao seu uso comercial, e o teclado dunha Model-33 Teletype (un modelo teletipo) contiña unha arroba, que era o sinal usado por Tomlinson, que enviou a súa primeira nota desde seu ordenador PDP -10 para outro ordenador. Esta foi a primeira dirección de correo electrónico da historia como a coñecemos hoxe día: tomlinson@bbn-tenexa
Uso en libros antigos
[editar | editar a fonte]Durante boa parte do inicio e mediados do século XX, foi un símbolo usado en libros de texto como unha representación da superficie, especialmente en libros de matemáticas e enxeñería.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Entrada arroba no Dicionario da Real Academia Galega
- ↑ La arroba no es de Sevilla (ni de Italia) Arquivado 09 de agosto de 2011 en Wayback Machine., Jorge Romance.
- ↑ "ITWissen". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2013. Consultado o 04 de setembro de 2013.
- ↑ "Termicat". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2015. Consultado o 04 de setembro de 2013.
- ↑ http://blog.bitassa.cat/arxiu/2004/11/02/52/
- ↑ "Un lleidatà engega una campanya perquè l'arrova s'anomeni «caragol» en català" El Punt Avui, 12-VIII-2009
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arroba |