Twotino
Aparencia
Os twotinos son obxectos do cinto de Kuiper que están en resonancia orbital 1:2 con Neptuno, é dicir, que efectúan unha órbita arredor do Sol mentres Neptuno realiza dúas. O seu nome é un acrónimo derivado das palabras inglesas "two" e "plutino". Ata a data descubréronse preto dunha ducia destes obxectos.
Algúns twotinos destacables son:
- 1996 TR66 (o primeiro twotino descuberto).
- 2002 WC19 (o de maior tamaño, cun diámetro duns 400 km).
- 2000 AF255
- 2001 UP18 (con 300 km de diámetro).
- 2000 QL251
- 1998 SM65
- 2004 TV357 (con 200 km de diámetro).
- 1997 SZ10
- 1999 RB216
- 2000 JG81