San Roque, Cádiz
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
Epónimo | Roque de Montpellier | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
Provincia | Provincia de Cádiz | ||||
Capital | San Roque (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 33.646 (2023) (229,07 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 146,88 km² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Altitude | 108 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 21 de maio de 1706 | ||||
Santo padrón | Roque de Montpellier | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Juan Carlos Ruiz Boix (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 11360 (San Roque Centro) | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 11033 | ||||
Páxina web | sanroque.es |
San Roque é un municipio andaluz, pertencente á provincia de Cádiz. Está situado na comarca do Campo de Xibraltar.
Historia
[editar | editar a fonte]No seu termo municipal sitúase o sitio arqueolóxico de Carteia, cidade púnica primeiro e romana despois. San Roque foi fundada por habitantes de Xibraltar, a maior parte dos cales fuxira da localidade tras a invasión, en nome do pretendente ao trono español, o arquiduque Carlos, dunha escuadra anglo-holandesa o 4 de agosto de 1704, durante a Guerra de Sucesión Española.
A localización tivo lugar ao redor da ermida de San Roque, situada no cume dun outeiro de 108 metros de altitude. Aquí refuxiáronse a maior parte dos fuxidos (outros se asentarían no que hoxe son Los Barrios ou Alxeciras) pero foi San Roque a cidade que recibiu as honras, títulos e timbres da perdida cidade de Xibraltar por iso é polo que se denomine "Moi Nobre e Máis Leal cidade de San Roque, onde reside a de Xibraltar".
Hoxe día posúe un municipio amplo cun tecido industrial importante onde destacan unha refinaría, un complexo petroquímico e varias plantas de ciclo combinado. A Ermida de San Roque trasladouse da súa situación orixinal ao complexo Diego Salinas (antigo cuartel militar, agora edificio municipal). No cume do outeiro, a ermida orixinal foi remodelada converténdose na Igrexa de Santa María a Coroada.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: San Roque, Cádiz |