Micaela Navarro
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Micaela Navarro Garzón 2 de setembro de 1956 (68 anos) Andújar, España |
Deputada de España | |
7 de xullo de 2016 – 21 de maio de 2019 Lexislatura: XII lexislatura de España Circunscrición electoral: Xaén Electa en: Eleccións xerais de España de 2016 | |
Deputada de España | |
4 de xaneiro de 2016 – 19 de xullo de 2016 Lexislatura: XI lexislatura de España Circunscrición electoral: Xaén Electa en: Eleccións xerais de España de 2015 | |
15ª Presidenta do Partido Socialista Obreiro Español | |
27 de xullo de 2014 – 28 de setembro de 2016 ← José Antonio Griñán – Cristina Narbona → | |
Deputada de España | |
29 de marzo de 2004 – 26 de abril de 2004 – Antonia Martínez Higueras → Lexislatura: VIII lexislatura de España Circunscrición electoral: Xaén Electa en: Eleccións Xerais 2004 en España | |
Deputada de España | |
23 de marzo de 2000 – 2 de abril de 2004 Lexislatura: VII lexislatura de España Circunscrición electoral: Xaén Electa en: Eleccións Xerais 2000 en España | |
Senadora de España | |
3 de marzo de 1996 – 12 de marzo de 2000 Circunscrición electoral: Xaén | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | política |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Micaela Navarro Garzón, nada en Andújar (provincia de Xaén) o 29 de agosto de 1956, é unha política socialista andaluza, presidenta do PSOE desde xullo de 2014 e vicepresidenta segunda do Congreso de Deputados desde o 13 de xaneiro de 2016.[1]
Foi Conselleira de Igualdade e Benestar Social da Xunta de Andalucía (2004-2012), concelleira no Concello de Andújar (1991-1996), senadora pola Provincia de Xaén (1996-2000) e deputada Congreso dos Deputados por Xaén (2000-2004).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A finais da década de 1980, Micaela Navarro comezou a súa actividade política dentro dos movementos veciñais do seu barrio, Porta de Madrid. Pasado un tempo comezou a participar en política dentro das siglas do PSOE de Andújar. En 1991 entrou como concelleira no seu municipio, onde ocupou a Concellaría da Muller e Servizos Sociais. En 1994 foi elixida membro da executiva provincial do PSOE de Xaén, repetindo en 1997.
Na lexislatura 1996-2000 converteuse en senadora electa por Xaén, período no que exerceu a portavocía da Comisión Mixta dos Dereitos da Muller.[2] Así mesmo, formou parte como vogal de distintas comisións do Senado, como a Comisión de Xustiza, a Comisión de Sanidade e Asuntos Sociais e a Comisión de Traballo e Seguridade Social.
Dentro da Comisión Executiva Federal do PSOE, Micaela Navarro estivo á fronte da Secretaría de Participación da Muller (1997-2000) e da Secretaría de Igualdade (2000-2004).[3]
No 2000 foi elixida deputada por Xaén, ocupándose da portavocía da Comisión Mixta dos Dereitos da Muller. Esta comisión encargouse nesa lexislatura da Lei Orgánica de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero.
Nas Eleccións xerais de España de 2004 encabezou a lista do PSOE pola circunscrición de Xaén. Ao pouco de ser electa ten que deixar o Congreso dos Deputados ao ser nomeada polo presidente da Xunta de Andalucía, Manuel Chaves, conselleira para a Igualdade e Benestar Social.
En 2008, foi elixida parlamentaria autonómica por Xaén, e nomeada para desempeñar a mesma Consellería durante a VII Lexislatura.[4]
No Congreso Extraordinario Federal do PSOE, que se celebrou entre o 26 e 27 de xullo de 2014, foi designada Presidenta do PSOE.[5]
En 2015 encabezou a lista do PSOE por Xaén ás eleccións xerais, foi elixida deputada e vicepresidenta do Congreso.[1][6]
Obra (participación en obras colectivas)
[editar | editar a fonte]- "Las políticas de igualdad", en Mujeres: igualdad y libertad: un homenaje a Enriqueta Chicano / coord. por Cruz Sánchez de Lara Sorzano, 2007. ISBN 978-84-470-2835-1, paxs. 35-44.
- "Por un mundo compartido", en Globalización y mujer / coord. por María Dolors Renau i Manén; 2002. ISBN 978-84-95886-04-9, paxs. 1-6
- "El nuevo papel de las mujeres como eje de las políticas de bienestar", en Estado de bienestar y socialdemocracia: ideas para el debate, Tomás Fernández García (dir.), Manuel Marín Sánchez (dir.), 2002. ISBN 978-84-206-4466-8, paxs. 279-290.
- "Bilbao: Mujer y sindicato" Micaela Navarro Garzón, Inés Alberdi Alonso e Txaro Arteaga Ansa, en El futuro, la sociedad, el sindicato: jornadas de debate, 1998, ISBN 978-84-95071-02-9, paxs. 9-56.
- "Globalización y mujer". Coord. por María Dolors Renau i Manén, Fundación Pablo Iglesias, 2002. ISBN 978-84-95886-04-9
- "Las mujeres en la construcción del mundo contemporáneo". Editado pola Deputación Provincial de Cuenca. Ano 2002. ISBN 978-84-96025-07-1
Vida persoal
[editar | editar a fonte]É nai de dúas fillas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Listado de los diputados electos en los comicios de hoy - Lunes, 21 de diciembre de 2015 (01:59)". El Confidencial. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2016. Consultado o 21 de decembro de 2015.
- ↑ Ficha de Micaela Navarro, en la web del Senado
- ↑ "Publicación del congreso del PSOE" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de novembro de 2011. Consultado o 26 de xullo de 2016.
- ↑ VII Legislatura Composición del Gobierno Andaluz, 2008- 2012 ver doc
- ↑ [1] Arquivado 22 de decembro de 2015 en Wayback Machine.
- ↑ "Micaela Navarro, elegida vicepresidenta segunda del Congreso de los Diputados". Ideal. 13 de xaneiro de 2016. Consultado o 13 de xaneiro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Micaela Navarro |