Saltar ao contido

Las chicas del cable

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Las chicas del cable
País de orixeEspaña
Lingua(s)castelá
Emisión orixinal
Canle de orixeNetflix
Na rede
https://www.netflix.com/title/80100929
IMDB: tt5674718 Filmaffinity: 589817 Allocine: 20490 Rottentomatoes: tv/cable_girls
Facebook: laschicasdelcable Twitter: cablegirlsnet Instagram: chicasdelcable Netlix: 80100929 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Las chicas del cable é a primeira serie de Netflix producida en España.[1] As personaxes protagonistas están representadas por Blanca Suárez, Nadia de Santiago, Ana Fernández García e Maggie Civantos. A historia ambiéntase en Madrid entre os anos 1920 e 1930. A súa estrea foi o 28 de abril de 2017.[2] O 31 de maio dese ano confirmouse unha segunda temporada que saíu o 25 de decembro de 2017 e unha terceira, estreada o 7 de setembro de 2018.

A trama xira en torno ás relacións persoais e profesionais de catro rapazas. Lidia, que é unha estafadora, oculta a súa identidade para escapar do seu pasado, o que a leva a traballar na compañía telefónica nacional co obxectivo de roubar os planos do edificio. Será na compañía onde coñeza as súas compañeiras; Carlota, filla dun coronel, quere acabar coas normas impostas polos seus pais. Marga, enviada pola súa avoa, múdase a Madrid para deixar de vivir na aldea. Ángeles, a máis veterana da empresa, quere conseguir un ascenso, pero o seu marido dificultaralle tomar certas decisións.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Primeira temporada

[editar | editar a fonte]

A trama xira arredor das relacións amorosas e profesionais. Lidia sincérase coas súas amigas e explica a súa situación persoal, elas deciden axudala para acabar coa extorsión. Ao final, a falsa identidade de Lidia acaba sendo descuberta por todos, mentres que os planos que roubaron están con Carlota.

A nivel amoroso, Lidia acepta a petición de matrimonio de Carlos. Carlota, Sara e Miguel teñen problemas na súa relación poliamorosa. Por último, Ángeles dubida se dar unha nova oportunidade ao seu marido.

Os premios que gañou a serie foron os seguintes: un Premio Ondas á mellor webserie de ficción ou programa de emisión online en 2017, un Premio Platino entregado a Blanca Suárez á Mellor interpretación feminina en miniserie de televisión en 2018 e un Premio da Unión de Actores entregado a Ana Polvorosa á Mellor actriz secundaria de televisión en 2018.

A serie tamén estivo nomeada aos Premios Feroz e aos Premios Platino, pero non conseguiu gañalos.

  1. Pérez, Laura (2017-04-21). "Hemos visto 'Las chicas del cable': Así es la primera serie española de Netflix". Vertele (en castelán). Consultado o 2024-04-10. 
  2. "El 28 de abril se estrena 'Las chicas del cable', la primera serie española de Netflix". ELMUNDO (en castelán). 2017-02-17. Consultado o 2024-04-10. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]