Saltar ao contido

Kamov Ka-27

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kamov Ka-27
Ka-27 da Armada de Rusia
Tipohelicóptero de guerra antisubmarina
FabricanteKamov
Primeiro voo24 de decembro de 1973
Introducido1982
Produción1981-presente
Unidades construídas267
VariantesKamov Ka-31

O Kamov Ka-27 (designación OTAN: 'Helix') é un helicóptero militar desenvolvido para a Armada Soviética. No presente está en servizo en varios países como Rusia, Ucraína, Vietnam, a China, Corea do Sur e a India. Entre as súas variantes están o transporte de asalto Ka-29, a versión de exportación Ka-28, e o Ka-32 para uso civil.

Deseño e desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

O helicóptero foi desenvolvido para tarefas de transporte e guerra antisubmarina. Os traballos de deseño comezaron no ano 1969 e o seu primeiro prototipo voou o 24 de decembro de 1973. Estaba destinado a substituír o vello Kamov Ka-25, e é semellante ao seu predecesor debido aos requirimentos para que entrase no mesmo espazo de hangar. Ao igual que outros helicópteros militares de Kamov ten rotores coaxiais, eliminando a necesidade dun rotor de cola. Entre as súas variantes, o Ka-32A11BC con motor Klimov conseguiu a certificación para operacións comerciais en distintas partes do mundo, destacando Canadá e Europa.