Herbert Graham Cannon
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de abril de 1897 Wimbledon, Reino Unido |
Morte | 1 de xuño de 1963 (66 anos) Londres, Reino Unido |
Educación | Universidade de Cambridge - mestría en artes, Doutor en Ciencias (–1918) |
Actividade | |
Campo de traballo | Zooloxía |
Ocupación | zoólogo, ictiólogo |
Empregador | Universidade Vitoria de Manchester, catedrático (1931–1963) Universidade de Sheffield, catedrático (1926–1931) Imperial College London, university demonstrator (1920–1926) |
Membro de | |
Premios | |
|
Herbert Graham Cannon, nado en Wimbledon (Londres) o 14 de abril de 1897 e finado en Londres o 1 de xuño de 1963, foi un destacado zoólogo británico, membro da Royal Society e da Linnean Society e un entusiasta defensor do lamarckismo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]fillo de David William Cannon, tipógrafo da firma Eyre & Spottiswoode, e foi o terceiro de catro irmáns. A familia mudouse a Brixton cando el era novo. Gañou unha bolsa de estudos e asistiu á Wilson’s Grammar School de Camberwell. Estudou zooloxía na Universidade de Cambridge, na que se graduou en 1918.[1]
De 1920 a 1926 exerceu a docencia no University College, Londres. En 1926 converteuse en profesor da Universidade de Sheffield. Porén, a maior parte da súa carreira académica pasouna como Profesor Beyer de Zooloxía da Universidade de Manchester, de 1931 a 1963.
En 1927 foi elixido membro da Royal Society of Edinburgh e entre os seus propoñentes estaba James Hartley Ashworth. En 1935 converteuse en membro da Royal Society de Londres.[2]
En canto ás súas investigacións, o historiador da ciencia Peter J. Bowler escribiu o seguinte:
Cannon fixo un amplo traballo sobre a morfoloxía funcional dos mecanismos de alimentación dos artrópodos na década de 1920, aínda que o seu traballo era o típico dese período no que as consideracións filoxenéticas caeran ao fondo incluso onde se continuou a tradición morfolóxica. Puxo énfase no papel do hábito na determinación das estruturas alimenticias, aínda que o seu apoio explícito ao lamarckismo apareceu moito máis tarde na súa careira.
Un estudante seu foi o entomólogo Sidnie Manton.[3]
As ideas lamarckistas de Cannon foron fortemente criticadas polo biólogo Theodosius Dobzhansky.[4]
Morreu nun hospital en Londres o 6 de xaneiro de 1963.[5]
Obra de arte
[editar | editar a fonte]Na National Gallery de Londres consérvanse varias impresións con bromuro de retratos de Cannon, feitas por Walter Stoneman.[6]
Familia
[editar | editar a fonte]Casou con Annie Helen Fyfe.
Publicacións
[editar | editar a fonte]Artigos
[editar | editar a fonte]- "What Lamarck Really Said" (1957). Proceedings of the Linnean Society of London 168: 70-87.
- "The Myth of the Inheritance of Acquired Characters"[Ligazón morta] (1960). New Scientist. pp. 798–800.
Libros
[editar | editar a fonte]- Nebaliacea (1931)
- On the Rock-Boring Barnacle (1935)
- A Method of Illustration for Scientific Papers (1936)
- The John Murray expedition to the Indian Ocean (1940)[7]
- Ostracoda (1940)
- The Evolution of Living Things (1958)[8]
- Lamarck and Modern Genetics (1959)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Smith, J. E. (1 de novembro de 1963). "Herbert Graham Cannon. 1897-1963". Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society 9: 54–68. doi:10.1098/rsbm.1963.0003.
- ↑ "Microsoft Word - oldfells_list_jun06.doc" (PDF). Royalsoced.org.uk. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de xaneiro de 2013. Consultado o 2017-02-22.
- ↑ 3,0 3,1 Bowler, Peter J. (1996). Life's Splendid Drama: Evolutionary Biology and the Reconstruction of Life's Ancestry, 1860-1940. University of Chicago Press. pp. 138-139. ISBN 0-226-06922-2
- ↑ Dobzhansky, Theodosius. (1959). The Evolution of Living Things by H. Graham Cannon. Science. New Series, Vol. 130, No. 3378. p. 785.
- ↑ Smith, J. E. (1963). Herbert Graham Cannon. 1897-1963. Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society, 55-68.
- ↑ "Herbert Graham Cannon - Person - National Portrait Gallery". Npg.org.uk. 2016-12-26. Consultado o 2017-02-22.
- ↑ "Herbert Graham Cannon - Wikispecies". Species.wikimedia.org. 2017-02-17. Consultado o 2017-02-22.
- ↑ Hawkins, T. H. (1958). Book Review. Nature 181: 1364-1365.