Saltar ao contido

Globulina fixadora de tiroxina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
SERPINA7
Estruturas dispoñibles
PDBBuscar ortólogos: PDBe, RCSB
Identificadores
Nomenclatura
Identificadores
externos
LocusCr. X q22.3
Ortólogos
Especies
Humano Rato
Entrez
6906 331535
Ensembl
Véxase HS Véxase MM
UniProt
P05543 P61939
RefSeq
(ARNm)
NM_000354 NM_177920
RefSeq
(proteína) NCBI
NP_000345 NP_808588
Localización (UCSC)
Cr. X:
106.03 – 106.04 Mb
Cr. X:
137.98 – 137.99 Mb
PubMed (Busca)
6906


331535

A globulina fixadora de tiroxina (TBG, do inglés thyroxine-binding globulin) ou globulina ligadora de tiroxina é unha proteína globulina que nos humanos está codificada no xene SERPINA7 do cromosoma X.[1] A TBG únese ás hormonas tiroides en circulación. É unha das tres proteínas de transporte (xunto coa transtiretina e a albumina sérica) responsable de transportar as hormonas tiroides tiroxina (T4) e triiodotironina (T3) no torrente sanguíneo. Destas tres proteínas, A TBG ten a maior afinidade pola T4 e a T3 pero está presente na menor concentración en coomparación coa transtiretina e a albumina, que tamén se une á T3 e T4 en circulación. Malia a súa baixa concentración, a TBG acarrexa a maioría da T4 do plasma sanguíneo. Debido á súa concentación tan baixa da T4 e a T3 no sangue, A TBG raramente está saturada en máis do 25% co seu ligando. A diferenza da transtiretina e a albumina, a TBG ten un só sitio de unión para a T4/T3. A TBG é sintetizada principalmente no fígado como unha proteína de 54 kDa. En canto á xenómica, a TBG é unha serpina; porén, non ten función inhibitoria como moitos outros membros desta clase de proteínas.

Papel en diagnósticos

[editar | editar a fonte]

Os test para a globulina fixadora de tiroxina utilizanse por veces para atopar a causa da elevación ou diminución dos niveis de hormonas tiroides.[2][3] Isto faise medindo a union ás resinas de hormona tiroide etiquetada, a cal ocorre só cando a hormona tiroide etiquetada está libre.

O soro do paciente mestúrase coa hormona tiroide etiquetada; despois engádese a resina á mestura completa para medir a cantidade de hormona tiroide etiquetada. Así, por exemplo, se o paciente é verdadeiramente hipotiroide e os niveis de TBG son normais, entón hai moitos sitios abertos para a unión sobre a TBG, xa que o nivel de hormona tiroide total é baixo. Por tanto, cando se engade a hormona etiquetada, unirase principalmente á TBG, quedando pouca para unirse á resina. Ao contrario, porén, se o paciente é verdadeiramente hipertiroide, e os niveis de TBG lson normais, a hormona endóxena do paciente saturará máis os sitios de unión da TBG, deixando menos espazo para a hormona etiquetada, o cal permite unha maior unión á resina.

En pacientes que son realmente hipo- ou hipertiroides, os tests de TBG non son moi útiles. Porén, se os niveis de hormona tiroide total indican hipotiroidismo ou hipertiroidismo en ausencia de síntomas acompañentes, a utilidade dos test de TBG faise máis evidente, xa que a proución de TBG pode ser modificada por outros factores como os niveis de estróxenos ou corticoides ou a insuficiencia hepática. Se, por exemplo, o nivel de TBG é alto, o cal pode acontecer cando os niveis de estróxenos son altos, a TBG unirase a máis hormonas tiroides, diminuíndo a hormona libre dispoñible no sangue, o cal orixina a estimulación da TSH, e a produción de máis hormona tiroide. Neste caso, o nivel de hormona tiroide total será alto. E así sucesivamente, cando se engade a hormona etiquetada, como a TBG está tan alta, unha vez que se acada o equilibrio entre a unión de hormona tiroide endóxena e a hormona etiquetada, estará dispoñible menos hormona etiquetada libre para a súa captación na resina. Á inversa, en presenza de corticosteroides, os cales fan diminuír os niveis de TBG, a hormona tiroide total (unida e libre) no sangue será baixa. Así, cando se engade a hormona etiquetada, como hai tan pouca TBG dispoñible no sangue, despois de que se acada o equilibrio, soamente unha pequena porción dela se unirá, deixando moita dispoñible para a súa caprtación pola resina.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Relación de toda a información estrutural dispoñible en PDB para UniProt: P05543 (Thyroxine-binding globulin) en PDBe-KB.