Freebase
Freebase | |
---|---|
Tipo | base de datos en liña, wiki semántica, grafo de coñecemento, repositório de dados, disciplina académica, especialidade e campo de estudo |
Data de fundación | marzo de 2007 |
Na rede | |
http://www.freebase.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Freebase foi unha base de coñecemento colaborativa composta por metadatos creados principalmente polos membros da súa comunidade. Tratábase dunha base de datos en liña recompilados dende diferentes fontes, incluíndo contribucións wiki individuais.[1] O obxectivo de Freebase era crear un recurso global que permitise á xente e ás máquinas acceder á información dun xeito máis efectivo. Desenvolveuna a compañía de software estadounidense Metaweb e botou a funcionar en marzo de 2007. Porén, o 16 de xullo de 2010 foi adquirida por Google.[2] O proxecto Knowledge Graph de Google comezou a funcionar en parte grazas a Freebase.[3]
Os datos de Freebase estaban dispoñíbeis para uso comercial e non comercial baixo a licenza Creative Commons, abríndose tamén un API e un RDF para programadores.
O 16 de decembro de 2014, Knowledge Graph anunciou que pecharía Freebase nos vindeiros seis meses e que axudaría a trasladar os datos a Wikidata.[4] Dende marzo de 2015, os datos de Freebase son só de lectura e non admiten a incorporación de nova información. O 16 de decembro de 2015, Google anunciou oficialmente que Knowledge Graph API substituiría a Freebase API e finalmente freebase.com desapareceu oficialmente o 2 de maio de 2016.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Markoff, John. "Freebase&action=edit". The New York Times. Consultado o 15 de xaneiro de 2016.
- ↑ Menzel, Jack. Blog oficial de Google, ed. "Deeper Understanding with Metaweb". Consultado o 15 de xaneiro de 2016.
- ↑ Singhal, Amit. Blog oficial de Google, ed. "Introducing the Knowledge Graph: Things, Not Strings". Consultado o 15 de xaneiro de 2016.
- ↑ Google Plus (ed.). "Freebase". Consultado o 15 de xaneiro de 2016.
- ↑ "So long and thanks for all the data!". 2 de maio de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Freebase |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)