Esteban Chaves
(2015) | ||||||||||||||||||||||||||
Biografía | ||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Jhoan Esteban Chaves Rubio 17 de xaneiro de 1990 (34 anos) Bogotá, Colombia | |||||||||||||||||||||||||
Altura | 164 cm | |||||||||||||||||||||||||
Peso | 54 kg | |||||||||||||||||||||||||
Actividade | ||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | ciclista | |||||||||||||||||||||||||
Deporte | ciclismo en ruta | |||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Escalador | |||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||||
Participou en | ||||||||||||||||||||||||||
1 de xullo de 2023 | Tour de France de 2023 (pt) ../... 25+ | |||||||||||||||||||||||||
Jhoan Esteban Chaves Rubio, nado en Bogotá o 17 de xaneiro de 1990, é un ciclista profesional colombiano, máis coñecido como El Chavito. Corre para o equipo ProTeam Orica GreenEDGE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Iniciouse moi cedo no ciclocross e practicaba no parque El Salitre, en Bogotá. Como afeccionado correu para o equipo Trek Bike House, destacando especialmente na montaña. No 2011, defendendo a Selección de Colombia, gañou o Tour do Porvir, ademais de rematar segundo na clasificación da montaña, cuarto na clasificación por puntos e segundo na clasificación por equipos.[1] Posteriormente creou o seu propio club ciclista, Esteban Chaves Formación Ciclista.
En 2012 fichou polo Colombia, de categoría profesional continental, e venceu no Gran Premio Cidade de Camaiore e na última etapa da Volta a Burgos, carreira na que rematou terceiro. O 16 de febreiro de 2013 no Trofeo Laigueglia fracturou a clavícula, impedíndolle competir o resto da tempada.[2][3]
En outubro de 2013 confirmouse o seu traspaso ao equipo australiano Orica GreenEDGE.[4] Na tempada 2014 logrou dúas vitorias de etapa, unha no Tour de California e a outra na Volta a Suíza; debutou na Volta a España, a súa primeira participación nunha gran volta, e acadou o seu mellor resultado na sexta etapa, onde rematou en sétimo lugar. Ademais, destacou ao final da tempada no Tour de Pequín, chegando a ser o mellor corredor mozo da carreira e quedar terceiro na clasificación xeral por detrás de Philippe Gilbert e Daniel Martin.
Na Volta a España 2015 comeza con bo pé, logrando unha gran vitoria na segunda etapa, tras un espectacular ataque no último quilómetro de ascenso, obtendo ademais o maillot vermello de líder da competición.[5] Conseguiu defender o liderado dúas etapas máis, mais na quinta foi superado polo holandés Tom Dumoulin. Con todo, na sexta etapa conseguiu unha nova vitoria e novamente o liderado da xeral. Tras estar outros tres días co maillot vermello, perdeuno definitivamente na novena etapa, camiño a Cima del Sol, aínda que continuou nun gran posto na clasificación. Finalmente, rematou 5.º, o que supuxo un fito para Colombia, xa que Nairo Quintana, estrela colombiana con maior recoñecemento que Chaves, tamén acabou no Top 5 tras ser 4.º
Palmarés
[editar | editar a fonte]2011
- Tour do Porvir
2012
- 1 etapa da Volta a Burgos
- Gran Premio Cidade de Camaiore
2014
- 1 etapa do Tour de California
- 1 etapa da Volta a Suíza
2015
- 2 etapas da Vuelta a España
- Tour de Abu Dhabi, máis 1 etapa
2016
- 2.° no Giro de Italia, máis 1 etapa
Resultados nas Grandes Voltas e nos Campionatos do Mundo
[editar | editar a fonte]Durante a súa traxectoria deportiva logrou os seguintes postos nas Grandes Voltas e nos Campionatos do Mundo:
Carreira | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 |
---|---|---|---|---|---|
Giro de Italia | - | - | - | 55º | 2º |
Tour de Francia | - | - | - | - | - |
Vuelta a España | - | - | 41º | 5º | 3º |
Mundial en Ruta | - | - | 70° | - | - |
Equipos
[editar | editar a fonte]Equipo | País | Ano |
---|---|---|
Colombia es Pasión | Colombia | 2009 - 2011 |
Colombia Coldeportes | Colombia | 2012 - 2013 |
Orica GreenEDGE | Australia | 2014 - |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Tour de France 2016" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2016. Consultado o 31 de maio de 2016.
- ↑ Cháves (Colombia) se fractura la clavícula en un dura caída en Laigueglia (Ampliación)
- ↑ Esteban Chaves no correrá más esta temporada tras ser operado
- ↑ Orica ficha al colombiano Chaves marca.com
- ↑ http://www.esciclismo.com/ampliada.asp?