Diane Keaton
Diane Hall, nada nos Ánxeles (California) o 5 de xaneiro de 1946, é unha actriz estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a estudar interpretación tras graduarse en Nova York tras rematar o instituto. Pasou tempo actuando e cantando en clubs nocturnos ata que en 1968 participou na primeira produción do musical Hair en Broadway. Tras nove meses nesta obra logrou o papel en Play It Again, Sam, de Woody Allen.
Ao pouco tempo debutou no cinema con Lovers and Other Strangers e tamén participou en series de televisión. En 1972 interpretou a Kay Adams en The Godfather, papel que repetiría nos outros filmes da saga. Durante a década de 1970 continuou a súa colaboración con Woody Allen, grazas ao que logrou en 1977 o oscar á mellor actriz por Annie Hall. A súa carreira no cinema continuou con éxito nos anos oitenta e nos noventa.
Ademais de actriz, Keaton é tamén produtora, fotógrafa e axente inmobiliaria. Dirixiu tamén a película Unstrung Heroes en 1995.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Filme |
---|---|
1970 | Lovers and Other Strangers |
1972 | The Godfather |
1972 | Play It Again, Sam |
1973 | O durmiñón |
1974 | O padriño (II parte) |
1975 | A derradeira noite de Boris Grushenko |
1976 | I Will... I Will... For Now |
1976 | Harry and Walter Go to New York |
1977 | Annie Hall |
1977 | Looking for Mr. Goodbar |
1978 | Interiors |
1979 | Manhattan |
1981 | The Wizard of Malta |
1981 | Reds |
1982 | Shoot the Moon |
1984 | The Little Drummer Girl |
1984 | Mrs. Soffel |
1986 | Crimes of the Heart |
1987 | Radio Days |
1987 | Baby Boom |
1988 | The Good Mother |
1989 | The Lemon Sisters |
1990 | The Godfather Part III |
1991 | O pai da noiva |
1993 | Manhattan Murder Mystery |
1995 | O pai da noiva II |
1996 | The First Wives Club |
1996 | O cuarto de Marvin |
1997 | The Only Thrill |
1999 | The Other Sister |
2000 | Hanging Up |
2001 | Town & Country |
2001 | Plan B |
2003 | Cando menos o esperas |
2005 | Terminal Impact |
2005 | The Family Stone |
2007 | Somther |
2007 | Because I Said So |
2007 | Mama’s Boy |
2008 | Tres mulleres e un plan |
2010 | Morning Glory |
2012 | Darling Companion |
2013 | The Big Wedding |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Diane Keaton |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Diane Keaton na IMDb (en inglés).