Saltar ao contido

Circuíto de Yas Marina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Circuíto de Yas Marina
Plano do Circuíto
Datos
Carreiras F1, GP2 Asia Series, V8 Supercars, Drag Racing
Localización Emiratos Árabes Unidos
Circuíto de Gran Premio (2021–)
Lonxitude 5,281 km
Curvas 16
Volta rápida (2021) 1:26.103
Piloto récord Países Baixos Max Verstappen
Escudería récord Red Bull Racing
circuíto orixinal (2009-2020)
Lonxitude 5´554 km
Curvas 21 (9 dereita, 12 esquerda)
Volta rápida (2019) 1:39.283
Piloto récord Lewis Hamilton
Escudería récord Mercedes
Coordenadas
Vista do Circuíto


O circuíto de Yas Marina (tamén coñecido como Illa Yas) é un circuíto de carreiras que se construíu na illa do mesmo nome en Abu Zabi, Emiratos Árabes Unidos para celebrar o Gran Premio de Abu Zabi de Fórmula Un desde o ano 2009.

As vinte e un curvas serpentean a través da illa Yas fronte á costa de Abu Zabi,[1] pasa polo porto deportivo e a través do Hotel Yas Viceroy Abu Zabi deseñado e concibido polos arquitectos de Nova York Hani Rashid e Lise Anne Couture de Asymptote Architecture, e serpentean a través das dunas de area, con varias rectas longas e curvas pechadas.

A mariña, ademais do circuíto, inclúe un parque temático, unha parque acuático, así como zonas residenciais, hoteis e praias.

O circuíto conta con cinco áreas de tribuna (tribuna principal, Tribuna Oeste, Tribuna Norte, Tribuna Sur e Tribuna da Mariña, parte da saída do Pit Lane pasa por baixo da pista. Tamén alberga un edificio para os equipos detrás do edificio de boxes, Media Center, unha pista de Dragster, Torre VIP e un parque temático de Ferrari.[2] Ademais, unha das trampas de grava atópase debaixo da Tribuna Oeste.

  • Capacidade de asentos - 41.093
  • superficie - 161,9 hectáreas
  • Lonxitude - 5´5

O circuíto de Yas Marina foi construído pola empresa Aldar, que tamén construíu o parque temático, o porto deportivo, zonas residenciais, o parque acuático, zonas de deporte e lecer, así como hoteis e resorts de praia na zona circundante.

O circuíto caracterízase por contar con novidades tecnolóxicas que serviran de referencia para outros trazados. Sen dúbida as maiores novidades son que o pit-lane, na parte da saída de boxes a pista, cruza a pista por baixo, para conseguir máis seguridade na incorporación dos monoprazas á pista e para aproveitar o espazo. Tamén se aproveitou espazo colocando as bancadas sobre as escapatorias do circuíto, achegando deste xeito a vista do circuíto aos afeccionados e aforrando espazo. Con este sistema, cando algún vehículo sáese de pista, se introduce debaixo do público. Sobre os boxes hai unha tribuna, algo pouco frecuente nos circuítos de Fórmula 1. Un complexo hostaleiro con vistas ao circuíto desde as habitacións e terrazas atópase sobre as últimas curvas do circuíto, creando así unha especie de tunel. Tamén hai unha torre de forma cilindrica, desde a cal as vístas son fantásticas.

A pista en xeral é bastante rápida, con varios puntos de freada forte e longas rectas (algunhas curvadas). Conta cunha zona parecida á mítica curva 'Eau Rouge' do circuíto de Spa Francorchamps, cun porto para amarre de iates e cruceiros imitando a Monaco, a curva máis pechada de todas está xunto ao parque temático de Ferrari, xira no sentido contrario ás agullas do reloxo -cousa común nos circuítos novos- e o seu terceiro sector, o máis lento, rodea a zona da mariña.

Características

[editar | editar a fonte]
  • Capacidade espectadores: 50.000
  • Lonxitude do circuíto: 5´281 quilómetros.
  • Distancia da carreira de Fórmula 1:58 voltas = 306´183 quilómetros.
  • Curvas: 16 ( a dereita, a esquerda)
  • Curva máis rápida: curva 2 (260 km/h)
  • Curva máis lenta: curva 7 (72 km/h)
  • Distancia ata a 1ª curva: 300 m
  • Recta máis longa: 1.200 m
  • Configuración aerodinámica: media/alta. Velocidade máxima estimada 320 km/h con DRS, 307 km/h sen DRS
  • Aceleración a fondo: 60% do tempo de volta.
  • Tempo de freado: 17% do tempo da volta.
  • Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
  • Consumo de combustible: 1´81 kg por volta.
  • Cambio de marchas por volta: 68
  • Número de zonas de freado: 11 (4 fortes)
  • Zonas DRS: 2, na aproximación a curvas 8 e 11.
  • Desgaste dos freos: alto
  • Desgaste dos pneumáticos: medio
  • Lonxitude do pit lane: 360 m.
  • Tempo en percorrer o pit lane (80 km/h): 16´2 segundos
  • Perda de tempo nunha parada en boxes:
  • Tempo total necesario para a parada en boxes: 23 segundos
  • Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): 0´40 segundos.
  • Marca volta: Max Verstappen Red Bull, 1'26.103 en 2021

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Abu Zabi

[editar | editar a fonte]
Ano Piloto Construtor Motor Pneu. Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1 2009 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull Renault B 1:34:03,414 h 5,554 km 55 194,863 km/h 1. novembro Emiratos Árabes Unidos Abu Zabi
2 2010 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull Renault B 1:39:36,837 h 5,554 km 55 183,923 km/h 14. novembro
3 2011 Lewis Hamilton McLaren Mercedes P 1:37:11,886 h 5,554 km 55 188,494 km/h 13. novembro
4 2012 Finlandia Kimi Räikkönen Lotus Renault P 1:45:58,667 h 5,554 km 55 172,878 km/h 4. novembro
5 2013 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull Renault P 1:38:06,106 h 5,554 km 55 186,758 km/h 3. novembro
6 2014 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:39:02,619 h 5,554 km 55 184,982 km/h 23. novembro
7 2015 Alemaña Alemaña Nico Rosberg Mercedes Mercedes P 1:38:30,175 h 5,554 km 55 185,998 km/h 29. novembro
8 2016 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:38:04,013 h 5,554 km 55 186,895 km/h 27. novembro
9 2017 Finlandia Valtteri Bottas Mercedes Mercedes P 1:34:14,062 h 5,554 km 55 194,496 km/h 26. novembro
10 2018 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:39:40,382 h 5,554 km 55 182,585 km/h 25. novembro
11 2019 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:34:05,715 h 5,554 km 55 194,700 km/h 1. decembro
12 2020 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Honda P 1:36:28,645 h 5,554 km 55 189,902 km/h 13. decembro
13 2021 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Honda P 1:30:17,345 h 5,554 km 55 203,728 km/h 12. decembro
14 2022 Países Baixos Max Verstappen Red Bull RBPT P 1:27:45.914 h 5,554 km 55 209´320 km/h 20. novembro
15 2023 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Honda RBPT P 1:27:02.624 h 5,554 km 55 211,055 km/h 26. novembro
16 2024 P h 5,554 km 55 km/h 8. decembro

Récords
Piloto: Lewis Hamilton (5) • País: Reino Unido (5) • Construtor: Red Bull (7) • Motor: Mercedes (7) • Pneus: Pirelli (11)

  1. http://www.formulaf1.es/circuito/yas-marina-abu-dhabi/
  2. "Abu Dhabi breaks cover". Autosport 194 (4): 10. outubro 2008. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]